sábado, 1 de decembro de 2012

Resumir




     . Se subliñas ben e acertas co esquema, o resume sairache só; o único que tes que facer é consignar as ideas máis cercanas á marxe esquerda unha detrás doutra, separadas por punto e seguido.

     . Resumir é apuntar o contido esencial dun texto coa cuarta parte da súa expresión.

     . Transcribe as ideas principais do texto coa túa propia linguaxe.

     . Non escribas frases longas nin uses oracións moi complexas.
    
     . Non uses ningún signo de realce. Limítate a escribir unha frase tras outra e coa claridade que permita entender, na primeira lectura, o contido do texto resumido.

     . Algo importante: que non se noten saltos entre as ideas do teu resume. Usa, para iso, os elementos de enlace que necesites.

     . Acostúmate a empregar oracións coa orde lóxica dos seus elementos: suxeito, verbo, atributo ou complemento. É un dato importante para lograr claridade e concisión.



EXEMPLO E:


         Xunto á poesía cortesá, o século XV presencia o desenrolo do Romancero vello, constituído na súa orixe por fragmentos dos vellos cantares de xesta sobre don Rodrigo, os Infantes de Lara, o Cid...; estes fragmentos -integrados por unha serie de versos octosílabos, con asonancia nos pares- foron imitados no mesmo século polos xograres nos "romances xograrescos", cun asunto que non se limita á tradición épica castelá: xorden así os de "historia antiga", os de "tema francés" -carolinxio ou bretón-, os "novelescos soltos", os "líricos", os "fronteirizos" -en torno ás últimas loitas da Reconquista-...
     Transmitidos oralmente, alcanzaron un extraordinario éxito, debido á súa encantadora simplicidade e á súa variedade, xa que neles pode atoparse dramatismo, cor, emoción lírica, ironía maliciosa... Aínda que os anónimos romances vellos seguiron cantándose en España e América durante séculos, dende finais do século XVI coexistiron cos "romances artísticos", escritos polos grandes poetas do momento -Cervantes, Lope, Góngora, Quevedo...-, sobre outros asuntos -pastoriles, mitolóxicos, relixiosos, etc- e cun estilo artificioso e brillante.
     Os romances vellos foron recollidos nos chamados "Romanceros" ou "Cancioneiros de romances"; o mesmo sucedeu coas "cancións líricas" -zéjeles, vilancicos...- que   viñan transmitíndose oralmente dende había séculos.                             



RESUMO:



     No século XV desenvólvense os romances vellos, fragmentos procedentes de vellos cantares de Xesta. Eran series de octosílabos con asonancia nos pares que os xograres imitaron. Ditos romances, transmitidos oralmente, triunfaron pola súa simplicidade e variedade. Dende o século XVI conviviron cos romances artísticos. Estes foron escritos polos grandes poetas do momento con outros asuntos e estilo máis artificioso. Os romances vellos foron recollidos nos chamados "Romanceros".




EXERCICIO 5:


     Resume o seguinte texto:



         Os billetes de Banco representan o ouro que cada nación ten almacenado nas caixas do seu banco nacional, ouro que non circula. É a reserva de riqueza de cada pobo, que se necesita para comprar e vender entre vacións distintas. A causa de haber escollido o ouro, precisamente como signo de riqueza, é que é un metal escaso. Sábese internacionalmente con moita aproximación a cantidade que del hai no mundo, en lingotes e moedas e se nun momento dado se descubrise unha mina cunha cantidade desusada del, baixaría tanto o seu valor que a humanidade non sabería como facerse para comprar e vender entre países afastados.
     O diñeiro ten por obxecto facilitar as compras e ventas, sustituíndo o trueque en especie. Se non existise o diñeiro, teriamos que cambiar os productos naturais ou fabricados uns por outros, o que representaría indecible molestia. Así, por exemplo, o cultivador que necesitase comprar telas, tería que cargar o carro de trigo e levalo á casa do tendeiro, para que este lle dese as telas a cambio de trigo. Este sistema representaría moita perda de tempo e moita discusión. Indudablemente, nos primeiros tempos este era o sistema que se seguía para comprar ou vender, pero ¡que enoxoso sería aquel sistema cando do diñeiro foi un dos primeiros sinais da civilización!.



Ningún comentario:

Publicar un comentario