Amosando publicacións coa etiqueta O texto b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O texto b>. Amosar todas as publicacións
venres, 18 de xaneiro de 2019
martes, 15 de xaneiro de 2019
A cohesión
Que é a
cohesión textual?:
É unha propiedade que teñen os textos. Refírese á necesaria relación entre os elementos (palabras, frases, oracións e parágrafos).
É a propiedade máis importante dun texto
Un texto ten varias propiedades, todas importantes: adecuación (rexistro
axeitado), coherencia (cantidade, claridade e orde das ideas), corrección
(axuste ás regras gramaticais e presentación, ademais da cohesión. Mais, se
falta esta, o escrito non pasa de ser unha lista inconexa de elementos e a
interpretación faise moi difícil.
A ver... eh?
San Leonardo quería fundar un mosteiro. San Leonardo foille pedir un anaco
de terra ao rei. O rei ofreceu a San Leonardo todo un reino. San Leonardo
rexeitou o reino. San Leonardo dixo que só quería a terra que puidese percorrer
o asno de San Leonardo nunha noite. Tense a San Leonardo como patrón dos burros
e dos asnos. Todo o mundo invoca a San Leonardo para que San Leonardo vele pola
saúde dos burros e dos asnos.
A ver... uf!
Contan que San Leonardo quería
fundar un mosteiro. e, para iso, San Leonardo foille pedir un anaco de terra ao
rei. O rei O monarca ofreceulle a San Leonardo todo un reino., pero San
Leonardo o santo rexeitouno o reino. San Leonardo e dixo que só quería a terra
que puidese percorrer o seu asno de San Leonardo nunha noite. Por esa razón,
tense a San Leonardo como patrón dos burros e dos asnos. e todo o mundo o
invoca a San Leonardo para que San Leonardo vele pola saúde dos burros e dos
asnos destes animais.
A ver... ah!
Contan que San Leonardo quería
fundar un mosteiro e, para iso, foille pedir un anaco de terra ao rei. O
monarca ofreceulle todo un reino, pero o santo rexeitouno e dixo que só quería
a terra que puidese percorrer o seu asno nunha noite. Por esa razón, tense a San
Leonardo como patrón dos burros e dos asnos e todo o mundo o invoca para que
vele pola saúde destes animais.
De que falamos entón realmente?
Se nos fixamos no texto anterior, era necesario introducir:
-
Mecanismos de tipo gramatical: palabras que conectan as ideas. Por exemplo:
Pero.
-
Mecanismos de tipo léxico: sobre todo palabras que substitúen outras. Como:
o monarca, seu...
Principais
mecanismos gramaticais
Conectores e marcadores textuais:
- de orde (En primeiro lugar, A seguir, Para rematar,...)
- aditivos para engadir ideas (Ademais, Igualmente,...)
- opositivos para contrastar (Pero, Aínda así,...)
- etc.
Tamén é importante a puntuación para separar as distintas partes do texto.
Principais
mecanismos léxicos
De repetición do dito mediante a substitución: pronomes, adverbios de
lugar, sinónimos, hiperónimos, expresións equivalentes... ► rexeitouno o reino
► dos burros e dos asnos destes animais
De repetición das propias palabras. Certa repetición é precisa nun texto,
pero debe evitarse o abuso coa substitución. ► Contan que San Leonardo... (...)
Tense a San Leonardo...
De supresión: a elipse. ► ...para que San Leonardo vele...
EXERCICIO:
Como
mellorarías este texto?
Deixa a landra en auga morna durante unha noite. Coloca unha manda de
pedriñas no fondo da maceta. Enche uns dous terzos da maceta. Cubre a maceta
cunha pouca terra. Coloca unha bolsa de plástico sobre a maceta. Ata a bolsa á
maceta. A landra estará húmida. Pon a maceta nun lugar soleado. Retira a bolsa
da maceta cando a landra teña gromos. Trasplanta a planta no outono.
luns, 14 de xaneiro de 2019
PROPIEDADES TEXTUAIS
Os textos teñen propiedades básicas como:
1) ADECUACIÓN ao contexto e á intención comunicativa
FACTORES que determinan a adecuación:
3) COHESIÓN entre as diversas partes que compoñen o texto.
Esixe evitar léxico repetitivo, desorde sintáctica, oracións longas con anacolutos...
Procedementos de cohesión:
4) GRAMATICALIDADE : propiedade que se refire ao uso correcto da lingua.
5) PRESENTACIÓN : boa caligrafía, uso de marxes...
1) ADECUACIÓN ao contexto e á intención comunicativa
FACTORES que determinan a adecuación:
1) O RECEPTOR: marcará o grao de familiaridade, o tratamento e o rexistro a empregar. (Tipos de REXISTRO: Formal: utilización coidada da lingua, Coloquial: propio de situacións máis familiares)
2) INTENCIÓN COMUNICATIVA CLARA (convencer, informar, solicitar...): determinará o tipo de texto (divulgativo, especializado, xeral, específico).
3) O ENFOQUE DO TEMA: divulgativo, especializado, xeral, específico...
4) A CANLE OU SOPORTE PARA TRANSMITIR A INFORMACIÓN (escrita ou oral)
Para construír de modo correcto un texto tendo en conta a adecuación, debemos
fixarnos en todas as circunstancias que rodean ao acto de comunicación: que tipo
relación teño co receptor, que quero transmitirlle, para que, onde e como o
escribo, que nivel de linguaxe é o máis
apropiado, por que canle vou transmitir a mensaxe, etc. Por ex. Sería adecuado nunha conversa
telefónica dicir: “Levei un golpe aquí” ?
CARACTERÍSTICAS:
Extensión adecuada á situación
comunicativa : un anuncio ofrecéndome para
dar clases particulares debe ser breve.
·
Adaptación do emisor ao
receptor: creación de textos expositivos divulgativos para non iniciados nun tema.
· A idoneidade respecto á situación espazo-temporal na
que se produce: nun enterro, ton
grave na expresión do pésame.
· Acomodación á finalidade para a que elaboramos o texto: se pedimos un favor, facelo de forma amable.
· Aceptación das normas do grupo
social: respecto dos tabús ou elección das palabras segundo os valores
connotativos dun grupo
· Adaptación ao nivel de lingua no
que se desenvolve a comunicación: nivel formal, coloquial, ou vulgar á
hora de contar chistes.
· Respecto das normas de cortesía.
2) COHERENCIA entre as ideas que se desenvolven.
Fai referencia á selección e organización da información. Hai que ter en conta:
a) A CANTIDADE de información, nin escasa nin excesiva
b) A CALIDADE da información: claridade, vocabulario preciso, sen contradicións e congruente co mundo coñecido polos interlocutores
c) A ORGANIZACIÓN da información: ben estruturada, utilización de parágrafos, puntos e á parte...
Un texto é
coherente cando os elementos que o forman manteñen unha relación de conexión.
Para iso existen unhas regras:
Para iso existen unhas regras:
1.-Regra de repetición: o tema vaise retomando ao longo
do texto.
2. Regra de progresión temática: o texto debe
desenvolverse coa aportación de información nova.
3.-Regra de non contradición. Os enunciados non deben
contradicirse.
4.-Regra de relación: a realidade que se describe debe
ser congruente co mundo coñecido polos interlocutores.
3) COHESIÓN entre as diversas partes que compoñen o texto.
Esixe evitar léxico repetitivo, desorde sintáctica, oracións longas con anacolutos...
Procedementos de cohesión:
a) Léxicos: Repetición de palabras no texto. Recorrencia semática: sinónimos, hiperónimos, hipónimos, palabras comodín, metáforas, paráfrases.
b) Enlaces anafóricos e catafóricos (substitución): pronomes persoais, relativos, demostrativos, posesivos, adverbios de tempo e de lugar, palabras comodín.
c) Elipse: supresión de elementos que se sobreentenden.
d) Conectores:
- Indicar causa: por isto, por iso, polo tanto, por conseguinte...
- Ideas contrarias: non obstante, porén, pola contra...
- Engadir ideas novas: ademais, e tamén así mesmo...
- Aclarar ideas: é dicir, ou sexa, isto é...
- Ordenadores discursivos: son conectores extraoracionais que afectan a partes do text, por exemplo bloque, parágrafos... A finalidade dos ordenadores do discurso é explicitar o modo e a orde das informacións que se insertan no texto: para empezar, en primeiro lugar, por outra parte, finalmente, para concluír, por último, en fin...
e) Os signos de puntuación
f) Os tempos verbais: ten que haber unha correlación lóxica entre eles no texto.
4) GRAMATICALIDADE : propiedade que se refire ao uso correcto da lingua.
5) PRESENTACIÓN : boa caligrafía, uso de marxes...
domingo, 13 de xaneiro de 2019
venres, 11 de xaneiro de 2019
xoves, 10 de xaneiro de 2019
xoves, 6 de decembro de 2012
A argumentación
Argumentar consiste en
aportar razóns para substentar unha opinión; se esta posúe algunha consistencia
intelectual denomínase tese. Esta pode situarse ao principio do escrito
ou como conclusión.
Moitas veces, os escritos argumentativos refutan ou rexeitan
unha opinión contraria, por xulgala falsa. Pero non necesitan dese elemento:
basta con que o autor defenda unha opinión ou unha tese para que estea
realizando unha argumentación.
Argumentación e exposición soen producirse solidariamente.
Os textos argumentativos
poden ser expostos de diferentes maneiras pero sempre seguindo un determinado plan:
a tese pode aparecer como conclusión ou como punto de partida, pero o
importante é que ese plan existe sempre, sen el o escrito carecería de
consistencia e de forza e o lector non podería seguilo.
O plan debe adoptar a forma dun esquema, é dicir, dun
cadriño ordenado no que se anuncian brevemente as cuestións que imos tratar.
Isto obriga a reflexionar antes de escribir. A tese non se nos ocorre porque
si, senón que xurdiu grazas a uns argumentos previos; agora trátase de facelos
claramente explícitos, de topar quizais outros concomitantes e de documentalos
con exemplos que os apoien; despois hai que xerarquizar todos eses elementos
por orde de importancia, e de interrelacionalos. Ademais, deberemos renunciar
aos irrelevantes, aos que non se refiren directamente á tese, aos demasiado
sabidos, etc. Si, a contrución do esquema obríganos a pensar.
Exemplo de argumentación:
No seguinte texto Ortega e Gasset argumenta en favor dunha certa
función que atribúe ao marco dos
cadros.
[1] A parede onde colga a obra de Regoyos non ten máis de seis
metros. O cadro despraza unha mínima parte dela e, sen embargo, preséntame un
amplo anaco da rexión do Bidasoa: un río e unha ponte, un ferrocarril, unha
vila e o curvo lombo dunha alta montaña. ¿Como pode ser todo isto en tan exiguo
espazo? Evidentemente, está sen estar. A paisaxe pintada non me permite
comportarme ante el como ante unha realidade; a ponte non é, en verdade, unha
ponte, nin o fume o fume, nin o campo campiña. Todo nel é simple metáfora, todo
nel goza dunha existencia meramente virtual. O cadro, como a poesía ou como a
música, como toda obra de arte, é unha abertura de irrealidade que se abre
maxicamente no noso contorno real.
[2] Cando miro esta gris parede doméstica, a miña actitude é
forzosamente dun utilitarismo vital. Cando miro o cadro, ingreso nun recinto
imaxinario e adopto unha actitude de pura contemplación. Son, pois, parede e
cadro dous mundos antagónicos e sen comunicación. Do real ao irreal, o espírito
dá un salto como da vixilia ao sono.
[3] É a obra de arte unha illa imaxinaria que aboia rodeada de
realidade por todas partes. Para que se produza é, pois, necesario que o corpo
estético quede illado do contorno vital. Da terra que pisamos á terra non
podemos transitar paso a paso. É máis: a indecisión de lindes entre o artístico
e o vital perturba o noso goce estético. De aquí que o cadro sen marco, ao
confundir os seus límites cos obxectos útiles, extraartísticos que o rodean,
perda xeito e suxesíón. Fai falta que a parede real conclúa de súpeto,
radicalmente, e que subitamente, sen titubeo, nos atopemos no territorio irreal
do cadro. Fai falta un illador. Isto é o marco.
.- A TESE EN ORDE PROGRESIVA:
Para escribir o fragmento anterior, Ortega y Gasset debeu
realizar dúas operacións previas:
1.- "inventar" unha
idea.
2.- "dispor" o seu
desenrolo segundo unha certa orde ou plan.
Despois, deu forma lingüística definitiva ao texto.
O autor mantén aquí unha tese que inventou; éo porque a apoia
con sólidos e brillantes argumentos. Tal tese pode enunciarse aproximadamente
así: A función do marco consiste en separar netamente a realidade (que rodea
ao cadro) de irrealidade (en que el consiste).
Este tese sitúase ao final do fragmento. Non parágrafos [1] e
[2], o autor foi presentando feitos que serán necesarios para que a conclusión
gañe a adhesión do lector. Seguiu, pois, unha orde progresiva: o seu razoamento
partiu de fenómenos diversos facilmente observables, ata dar cun principio (a
tese) que os explica a todos (método indutivo).
Para alcanzar esta tese, o autor dispuxo os materiais da súa
exposición nunha orde determinada. Se en lugar de situala ao final, a
presentase ao principio, a orde sería diferente (método dedutivo). Ortega
dispón o escrito en tres parágrafos para facilitar a súa análise: é un plan
rigorosamente organizado, trazado con orde, facendo confluír observacións
diversas cara á tese que as explica.
COMO SE ORGANIZA A ARGUMENTACIÓN
As posibilidades de organizar interiormente un escrito son
moitas, pero o importante é que exista un PLAN, xa que sen el o escrito
carecería de consistencia e forza, non podería seguilo o lector, que iría e
viría dunha cuestión a outra, como deambulando polo texto; escritor e lector
malgastarían o seu esforzo.
Todo plan debe adoptar a forma dun esquema, é dicir, dun
cadriño ordenado no que se enuncien brevemente as cuestións que imos tratar.
Isto obriga a reflexionar antes de escribir.
.- ELABORACIÓN DO ESQUEMA
Escribamos primeiramente a tese: debemos tela sempre á vista,
para non apartarnos dela. Subliñaremos tamén a palabra ou palabras claves,
porque servirán de estímulo para a invención de argumentos e exemplos.
Debemos procurar, a continuación, fixar dous ou tres ideas
principais, de rango ou de importancia semellantes, que sirvan de cabezas para
outras tantas partes do escrito. Escribirémolas deixando entre elas espazo
suficiente para apuntar as ideas de apoio e os posibles exemplos que se aporten
como proba. Sinalaremos as ideas principais con números romanos e as de apoio
con letras maiúsculas; os exemplos, con cifras arábigas.
Así, teoricamente, o esquema ideal dunha disertación podería ser
o seguinte (dividido en dúas partes, pero podería subdividirse en tres ou
máis):
TESE
l. Idea principal
A. Idea de apoio
1. Exemplo
2. Exemplo
B. Idea de apoio
1. Exemplo
Breve conclusión parcial que confirma a idea principal
ll. Idea principal
A. Idea de apoio
B. Idea de apoio
1. Exemplo
C. Idea de apoio
Breve comentario final, baseado en todos os argumentos, que
confirma a tese.
Como é lóxico, os esquemas posibles son diversísimos, segundo o
número de ideas principais e de apio que acollan, e dos exemplos que prevean.
Pero teñen que estar ben xerarquizados, ben ordenados e ben equilibrados. Isto
último é tamén importante: unha excesiva cantidade de ideas de apoio e de
exemplos, ou o seu desproporcionado desenrolo, poden desviar a atención do
lector, en prexuízo das teses que defendemos.
Exemplo:
Partamos da afirmación: O home, ao asasinar a Natureza, suicídase.
Observemos as palabras clave: asasinar, suicida.
Inmediatamente suxiren a posibilidade de organizar a argumentación en dúas
partes, correspondentes a aquelas palabras. Procede entón inventar sendas ideas
principais, e tratemos de achar outras que a apoien. Poden ser estas:
I. O home, ao arrasar ríos, mares, terras e
bosques, convértese en asasino.
II. Pero como necesita as restantes formas
de vida, está suicidándose con isto.
Concentrémonos agora na primeira destas ideas principais, e
tratemos achar outras que a apoien. Comezaremos a apuntar as que percibimos
nitidamente:
A. O "progreso" obriga a producir
residuos contaminantes, que destrúan a vida vexetal e animal.
B. Ás veces, son accidentes os que producen
efectos exterminadores.
Estas ideas poden reforzarse con exemplos.
A. Idea de apoio (o "progreso"
obriga.....)
1. Peixes mortos en ríos que reciben augas residuais.
2. Animais mortos porque os seus alimentos contiñan insecticidas
opu outros tóxicos destinados a alimañas.
B. Idea de apoio (ás veces, son
accidentes.....)
1. Os naufraxios de grandes petroleiros producen mareas negras,
que ocasionan a morte de peixes e de aves acuáticas.
2. Escapes de material atómico ou de substancias velenosas; a
rexión italiana de Seveso tivo que ser evacuada en 1976, pola fuga de gas
tóxico que empregaban nunha fábrica; a fauna e flora da rexión quedou
destruída.
Convén agora formular unha brevísima conclusión referida á
primeira idea principal, que a confirme e sirva de transición para desenvolver
a seguinte. Podería ser esta:
Conclusión parcial: actuando voluntario ou involuntariamente así, o home mata. Compórtase
como asasino da Natureza.
As ideas de apoio para a segunda idea principal poderían ser:
A´: O home non ten dereitos especiais. E, se
os ten, posúe unha intelixencia que lle permite manter o equilibrio da
Natureza.
B´: Sen embargo, a emprega en
proveito propio, sen caer na conta de que está minando as bases da súa
subsistencia ao destruír a orde natural, porque todo el é solidario.
Tampouco nos faltarán exemplos que proben estas ideas.
A´: Idea de apoio (o home non
ten dereitos especiais...)
1. En china, hai poucos anos, perseguiuse aos pardais, porque
consumían gran cantidade de cereais nos campos. Pero os insectos proliferaron
de tal modo que foi preciso repoboar o país con pardais.
B´: Idea de apoio (sen embargo...)
1. O equilibrio natural, establecido ao longo de mopitos
séculos, pode compararse á dunha partida de xadrez: cada peza ha de estar no
seu sitio. Cando unha suprime ás das demais, xa non pode proseguir o xogo. Só
que o home non gaña, senón que perde, porque o seu destino é seguir xogando.
O esquema pode finalizarse cun breve comentario final que
confirme a tese:
A arrogancia humana non
ten límites. Cremos que o noso reinado sobre a Natureza nos autoriza a
aniquilala; pero, sendo nós seres naturais tamén, estámonos destruíndo ao
destruíla.
Este é o esquema obtido:
I. O home, ao arrasar ríos, mares, terras e
bosques, convértese en asasino.
A. O
progreso obriga a producir residuos contaminantes que destrúen a vida vexetal e
animal.
1. Ex.: Peixes mortos en ríos que reciben augas residuais.
B. Ás
veces son accidentes os que producen efectos exterminadores.
1. Ex.: Os naufraxios de grandes petroleiros producen a s
mareas negras que ocasionan a morte de peixes e aves acuáticas.
Conclusión parcial: actuando
voluntaria ou involutariamente así, o home mata. Compórtase como asasino da
natureza.
II. Pero como necesita as restantes formas
de vida, está suicidándose con isto.
A. O home
non ten dereitos especiais, E, se os ten, posúe unha intelixencia que lle permite manter o equilibrio da Natureza.
1. Ex.: Exterminio de pardais en China, e posterior repoboación.
B. Sen
embargo, emprégaa só en proveito propio, sen caer na conta de que está minando as bases da súa subsistencia ao destruír a orde natural , porque todo nel é
solidario.
1. Ex.: Comparación da orde natural cunha partida de xadrez.
BREVE COMENTARIO FINAL: (id)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)