1) ADECUACIÓN ao contexto e á intención comunicativa
FACTORES que determinan a adecuación:
1) O RECEPTOR: marcará o grao de familiaridade, o tratamento e o rexistro a empregar. (Tipos de REXISTRO: Formal: utilización coidada da lingua, Coloquial: propio de situacións máis familiares)
2) INTENCIÓN COMUNICATIVA CLARA (convencer, informar, solicitar...): determinará o tipo de texto (divulgativo, especializado, xeral, específico).
3) O ENFOQUE DO TEMA: divulgativo, especializado, xeral, específico...
4) A CANLE OU SOPORTE PARA TRANSMITIR A INFORMACIÓN (escrita ou oral)
Para construír de modo correcto un texto tendo en conta a adecuación, debemos
fixarnos en todas as circunstancias que rodean ao acto de comunicación: que tipo
relación teño co receptor, que quero transmitirlle, para que, onde e como o
escribo, que nivel de linguaxe é o máis
apropiado, por que canle vou transmitir a mensaxe, etc. Por ex. Sería adecuado nunha conversa
telefónica dicir: “Levei un golpe aquí” ?
CARACTERÍSTICAS:
Extensión adecuada á situación
comunicativa : un anuncio ofrecéndome para
dar clases particulares debe ser breve.
·
Adaptación do emisor ao
receptor: creación de textos expositivos divulgativos para non iniciados nun tema.
· A idoneidade respecto á situación espazo-temporal na
que se produce: nun enterro, ton
grave na expresión do pésame.
· Acomodación á finalidade para a que elaboramos o texto: se pedimos un favor, facelo de forma amable.
· Aceptación das normas do grupo
social: respecto dos tabús ou elección das palabras segundo os valores
connotativos dun grupo
· Adaptación ao nivel de lingua no
que se desenvolve a comunicación: nivel formal, coloquial, ou vulgar á
hora de contar chistes.
· Respecto das normas de cortesía.
2) COHERENCIA entre as ideas que se desenvolven.
Fai referencia á selección e organización da información. Hai que ter en conta:
a) A CANTIDADE de información, nin escasa nin excesiva
b) A CALIDADE da información: claridade, vocabulario preciso, sen contradicións e congruente co mundo coñecido polos interlocutores
c) A ORGANIZACIÓN da información: ben estruturada, utilización de parágrafos, puntos e á parte...
Un texto é
coherente cando os elementos que o forman manteñen unha relación de conexión.
Para iso existen unhas regras:
Para iso existen unhas regras:
1.-Regra de repetición: o tema vaise retomando ao longo
do texto.
2. Regra de progresión temática: o texto debe
desenvolverse coa aportación de información nova.
3.-Regra de non contradición. Os enunciados non deben
contradicirse.
4.-Regra de relación: a realidade que se describe debe
ser congruente co mundo coñecido polos interlocutores.
3) COHESIÓN entre as diversas partes que compoñen o texto.
Esixe evitar léxico repetitivo, desorde sintáctica, oracións longas con anacolutos...
Procedementos de cohesión:
a) Léxicos: Repetición de palabras no texto. Recorrencia semática: sinónimos, hiperónimos, hipónimos, palabras comodín, metáforas, paráfrases.
b) Enlaces anafóricos e catafóricos (substitución): pronomes persoais, relativos, demostrativos, posesivos, adverbios de tempo e de lugar, palabras comodín.
c) Elipse: supresión de elementos que se sobreentenden.
d) Conectores:
- Indicar causa: por isto, por iso, polo tanto, por conseguinte...
- Ideas contrarias: non obstante, porén, pola contra...
- Engadir ideas novas: ademais, e tamén así mesmo...
- Aclarar ideas: é dicir, ou sexa, isto é...
- Ordenadores discursivos: son conectores extraoracionais que afectan a partes do text, por exemplo bloque, parágrafos... A finalidade dos ordenadores do discurso é explicitar o modo e a orde das informacións que se insertan no texto: para empezar, en primeiro lugar, por outra parte, finalmente, para concluír, por último, en fin...
e) Os signos de puntuación
f) Os tempos verbais: ten que haber unha correlación lóxica entre eles no texto.
4) GRAMATICALIDADE : propiedade que se refire ao uso correcto da lingua.
5) PRESENTACIÓN : boa caligrafía, uso de marxes...
Ningún comentario:
Publicar un comentario