Que é a
cohesión textual?:
É unha propiedade que teñen os textos. Refírese á necesaria relación entre os elementos (palabras, frases, oracións e parágrafos).
É a propiedade máis importante dun texto
Un texto ten varias propiedades, todas importantes: adecuación (rexistro
axeitado), coherencia (cantidade, claridade e orde das ideas), corrección
(axuste ás regras gramaticais e presentación, ademais da cohesión. Mais, se
falta esta, o escrito non pasa de ser unha lista inconexa de elementos e a
interpretación faise moi difícil.
A ver... eh?
San Leonardo quería fundar un mosteiro. San Leonardo foille pedir un anaco
de terra ao rei. O rei ofreceu a San Leonardo todo un reino. San Leonardo
rexeitou o reino. San Leonardo dixo que só quería a terra que puidese percorrer
o asno de San Leonardo nunha noite. Tense a San Leonardo como patrón dos burros
e dos asnos. Todo o mundo invoca a San Leonardo para que San Leonardo vele pola
saúde dos burros e dos asnos.
A ver... uf!
Contan que San Leonardo quería
fundar un mosteiro. e, para iso, San Leonardo foille pedir un anaco de terra ao
rei. O rei O monarca ofreceulle a San Leonardo todo un reino., pero San
Leonardo o santo rexeitouno o reino. San Leonardo e dixo que só quería a terra
que puidese percorrer o seu asno de San Leonardo nunha noite. Por esa razón,
tense a San Leonardo como patrón dos burros e dos asnos. e todo o mundo o
invoca a San Leonardo para que San Leonardo vele pola saúde dos burros e dos
asnos destes animais.
A ver... ah!
Contan que San Leonardo quería
fundar un mosteiro e, para iso, foille pedir un anaco de terra ao rei. O
monarca ofreceulle todo un reino, pero o santo rexeitouno e dixo que só quería
a terra que puidese percorrer o seu asno nunha noite. Por esa razón, tense a San
Leonardo como patrón dos burros e dos asnos e todo o mundo o invoca para que
vele pola saúde destes animais.
De que falamos entón realmente?
Se nos fixamos no texto anterior, era necesario introducir:
-
Mecanismos de tipo gramatical: palabras que conectan as ideas. Por exemplo:
Pero.
-
Mecanismos de tipo léxico: sobre todo palabras que substitúen outras. Como:
o monarca, seu...
Principais
mecanismos gramaticais
Conectores e marcadores textuais:
- de orde (En primeiro lugar, A seguir, Para rematar,...)
- aditivos para engadir ideas (Ademais, Igualmente,...)
- opositivos para contrastar (Pero, Aínda así,...)
- etc.
Tamén é importante a puntuación para separar as distintas partes do texto.
Principais
mecanismos léxicos
De repetición do dito mediante a substitución: pronomes, adverbios de
lugar, sinónimos, hiperónimos, expresións equivalentes... ► rexeitouno o reino
► dos burros e dos asnos destes animais
De repetición das propias palabras. Certa repetición é precisa nun texto,
pero debe evitarse o abuso coa substitución. ► Contan que San Leonardo... (...)
Tense a San Leonardo...
De supresión: a elipse. ► ...para que San Leonardo vele...
EXERCICIO:
Como
mellorarías este texto?
Deixa a landra en auga morna durante unha noite. Coloca unha manda de
pedriñas no fondo da maceta. Enche uns dous terzos da maceta. Cubre a maceta
cunha pouca terra. Coloca unha bolsa de plástico sobre a maceta. Ata a bolsa á
maceta. A landra estará húmida. Pon a maceta nun lugar soleado. Retira a bolsa
da maceta cando a landra teña gromos. Trasplanta a planta no outono.
Ningún comentario:
Publicar un comentario