Amosando publicacións coa etiqueta Traballo do alumnado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Traballo do alumnado. Amosar todas as publicacións

venres, 2 de febreiro de 2018

Dramatización dun poema

Cunetas. Luís Pimentel

¡Outra vez, outra vez o terror!
Un día e outro día,
sen campás, sen protesta.
Galicia ametrallada nas cunetas
dos seus camiños.
Chéganos outro berro.
Señor, ¿qué fixemos?
-Non fales en voz alta-
¿Hasta cándo durará iste gran enterro?
-Non chores que poden escoitarte.
Hoxe non choran máis que os que aman a Galicia-
¡Os milleiros de horas, de séculos,
que fixeron falla
para faguer un home!
Teñen que se encher aínda
as cunetas
con sangue de mestres o de obreiros.
Lama, sangue e bágoas nos sulcos
son semente.

...........................................

Docemente chove.
Enviso, arrodéame unha eterna noite.
Xa non teréi palabras pra os meus versos.
Desvelado, pola mañán cedo
baixo por un camiño.
Nos pazos onde se trama o crimen
ondean bandeiras pingando anilina.
Hai un aire de pombas mortas.
Tremo outra vez de medo.
Señor, isto é o home.
Todas as portas están pechadas.
Con ninguen podes trocar teu sorriso.
Nos arrabás,
bandeiras batidas i esfarrapadas.
Deixa atrás a vila.
Ti sabes que todos os días
hai un home morto na cuneta,
que ninguén coñece aínda.
Unha muller sobre o cadáver do seu home
chora.
Chove.
¡Negra sombra, negra sombra!
Eu ben sei que hai un misterio na nosa terra,
máis alá da néboa,
máis alá do mar,
máis alá da chuvia,
máis alá do bosque.

------------------------ Lugo, marzo, 1937

sábado, 2 de abril de 2016

Eu son de aquí - "EUSONDAKÍ"

A vosa primeira tarefa deste trimestre será escoller aquela rúa, aquela praza, aquel lugar, aquel recuncho do lugar onde vivides ou por onde paseades co que máis vos identifiquedes. Trátase de termos entre todas e todas unha panorámica do noso concello, para sabermos máis del e coñecelo, pero ao mesmo tempo tamén procuraremos que o lugar escollido teña unha razón íntima para estar aí, porque permite proxectar parte dos vosos sentimentos nel. Teredes que escoller as palabras axeitadas para que poidamos sentir esa mesma paixón que sentides vós. De aí, que a súa escolla sexa tan importante. Podedes acompañalo dunha fotografía, ou ben realizar vós un debuxo ou un vídeo para logo expoñelo na aula.



martes, 8 de marzo de 2016

Poemas para traballar na aula (coas respostas)

Os que así nos tein
Só tein noso os nosos nomes no censo,
Que hasta o noso suor sin alento pérdese na terra.

GALICIA, será a miña xeración quen te salve?
¿Irei un día do Courel a Compostela por terras libradas?
Non, a forza do noso amor non pode ser inutle!

Uxío Novoneyra 

.- A que temática pertence o poema? Cal é o seu tema?
.- Que elementos tipográficos utiliza? Con que finalidade?
.- Cres que é transmite esperanza ou desesperanza? Como o consegue?


RESPOSTAS:
.- É un poema social. Fala dun mundo que trata de asoballarnos mais que non consegue posuír máis que os nosos nomes no censo e manifesta a súa esperanza no futuro. O tema sería, pois, a esperanza dunha Galiza liberada.
O texto aparece claramente dividido en dúas partes, marcadas graficamente pola separación estrófica. A primeira presenta unha situación actual de opresión, pero non total, pois somos de tal maneira conscientes desa opresión que non lles damos nin a suor do noso traballo. A segunda parte é a esperanza futura de liberación presentada de forma subxectiva mediante interrogacións e exclamacións.
.-  Emprega signos de interrogación e de exclamación.
O primeiro que chama a atención é a repetición, na primeira estrofa de n, t e s. A unión dos n e dos t provoca un ritmo repetitivo, monótono e agoniante que nos fala do asoballamento de séculos, tamén constante; pero ao mesmo tempo, sobresae o s, un rumor xordo que parece indicar murmurios, algo que se levanta en medio da opresión, algo que vai pasar, tendo en conta que non somos inconscientes da nosa situación.
Esta situación intermedia, "a cabalo", vémola tamén nas vogais desta estrofa: practicamente todas son e e o. Non estamos ao borde do abismo (non hai u), mais tampouco vemos o presente moi feliz e claro (non hai a).
A 2ª estrofa é máis clara: hai esperanza, mais non vai máis alá. Queda nesa simple esperanza, nas dúbidas, no desexo final. Semella ver todo un chisco máis claro neses primeiros versos (o emprego de e, a), parece mesmo que continúa o balbordo de fondo (s, x)... Crea no ambiente a esperanza de conseguir aquilo que busca nesas auto-preguntas, mais o mesmo autor rompe todos os seus pensamentos de repente; o autor berra para autoconvencerse, despois de ver por un momento que non habería solucións. Ese berro de autoconvencemento está marcado polo emprego de vogais velares (o, u), nesa frase exclamativa: ¡Non, a forza do noso amor non pode ser inútil!

.-O texto aparece claramente dividido en dúas partes, marcadas graficamente pola separación estrófica. A primeira presenta unha situación actual de opresión, pero non total, pois somos de tal maneira conscientes desa opresión que non lles damos nin a suor do noso traballo. A segunda parte é a esperanza futura de liberación presentada de forma subxectiva mediante interrogacións e exclamacións.
Berra con esperanza, o presente aínda é negativo, pero segue a agardar un futuro mellor.



 POEMA II: 

O medo
Cando o corvo da noite se pousaba
nas derradeitas luces do solpor,
os meus ollos de neno
enchíanse de bágoas e de lóstregos.
O vento que fungaba nas vereas
era un home langrán envolto en brétema
cun fol ó lombo pra levar meniños.
Os albres semellaban
pantasmas de cabalos desbocados
agallopando os eidos.
Un medo que me viña das
raíces do mundo
tremíame no sangue.
Pasaba o xornaleiro asubiando
con dous luceiros prendidos na eixada,
i eu tiña medo.
Pasaba o cazador
con bafexantes cans
arrecendendo a toxos e carqueixas
i eu tiña medo.
Pasaban de ruada os fortes mozos
que voltaran da guerra tan contentes,
i eu tiña medo.
Ao pasar ó meu lado e verme os ollos,
alporizados, pasmos, decíanme:
“Non teñas medo”,
 i eu tiña medo
Soio cando chegaba ós meus ouvidos
a doce voz de mel da miña vella,
xa non tiña medo.
Agora non comprendo
como aquil ser cativo,
aquela vella nena tan endébel,
(nos eus ollos azures
había luces de amenceres novos)
podía escorrentar tan grande medo.

O soño sulagado, Celso Emilio Ferreiro

.- Que significa "O vento que fungaba nas vereas"?
.- Cal é o tema do poema?
.- É un poema positivo ou negativo?
.- Cal é a medida do verso que máis se repite no poema? Con que intención?


RESPOSTAS:

.- O vento que zoaba polos camiños.
.- o tema central, o eixo ao redor do que xira obsesivamente o poema, é o medo, referido ao propio poeta cando era neno, polo que a 1ª pers. sing. aparece repetidas veces (v. 3, 11, 13, 16, 20, 23, 24, 25, 27, 28, 29, 31).
Estamos, pois, ante un poema lírico no que se evoca a infancia, se ben neste caso non se nos dá a imaxe de paraíso, de topos ideal, tan frecuente na poesía do autor, xa que predominan os sentimentos negativos, pero serve de pórtico para o libro, ao plasmar esa atmosfera pesimista presente en boa parte dos seus poemas. O que si podemos notar é a conotación positiva da figura da nai, única capaz de escorrentar o seu medo -efecto máis sorprendente aínda se contrapomos a súa fraxilidade ás figuras masculinas antes nomeadas, que deberian conotar seguridade)-.
Atendendo ao contido, pódense diferenciar claramente 3 partes no poema:
-1ª (estrofas I-IV). Aparece emarcada pola localización temporal e a constatación do medo, e no medio as transformacións visionarias da paisaxe que ese sentimento provoca na súa mente.
-2ª (V-VIII.) Baixo unha forma anafórico-paralelística vaise acentuando esa perceición do medo para acabar nunha estrofa-resumo que o intensifica aínda máis.
-3ª (IX-X.: Nela distinguense dúas sub-partes, coincidentes coas divisións estróficas:
* Na primeira preséntanos a contraposición con todo o anterior.
* A segunda, como soe ser característico dos poemas do autor, serve de conclusión a todo o poema, neste caso oferecendo unha nova perspectiva temporal ("Agora...").

.-O neno -suxeito- esperimenta de remate unha disxunción positiva -deixa o estado medoso- , e faino mercede á axuda garimosa da nai -adxuvante-. Claro que, ademais, aquí tamén aparce unha actoralización plural -xornaleiro, cazador, mozos- que coutaba o cambio de estado dese suxeito (i eu tiña medo) ou ata –dada a dramática reiteración- parecía intensificar o medo. Trataríase, entón, dunhas figuras actoriais coa función de opositor (impiden ou dificultan a transformación)

 .-O poema está aparentemente dividido en estrofas, mais estas non se correspo­den con ningún esquema estrófico coñecido, senón que serven para marcar a estrutura temática.
Polo que se refere á metrica, estamos ante unha composición baseada na combinación de versos hendecasílabos e heptasílabos, con algúns outros de diferente medida.
Os máis abundantes son os de 11, polo que domina o ritmo lento, grave, que contrasta vivamente co pentasílabo que se repite machaconamente como refrán de toda a 2ª parte, acentuando así a sensación de temor do neno.
Sabiamente colocado está o único verso que non ten correspondencia, de 6 sílabas (o último da penúltima estrofa "xa non tiña medo"), que serve para romper o ritmo das 4 estrofas precedentes, en consonancia coa antítese de significado.


 POEMA III:

Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.
Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.
Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.
Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.
Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.

Onde o mundo se chama Celanova (1975) Celso Emilio Ferreiro 


 .- Que simboliza Moraima? Por que se repite tantas veces?
.- Cantas partes ten o poema?
.- Destaca a utilización dalgunha vogal?
.- Cal é o recurso literario máis utilizado?



RESPOSTAS:
.- O nome de Moraima tráelle sempre a esperanza e a paz, morrendo cando non o pronuncia. A muller é o símbolo da esperanza.
.-  Ten dúas partes. Unha primeira positiva con Moraima, unha segunda negativa con Moraima. Primeira parte: catro estrofas paralelísticas e sinónimas: VIVIR. Segunda parte; unha estrofa que rompe con todas as anteriores: MORRER.
.- Son maioría as palabras coa vogal tónica A: claridade, sonoridade, abertura, sentimentos positivos. Abondan as palabras coa vogal I: forte, berro, son agudo, para marcar o substantivo propio, agás nos dous últimos versos que son negativos.
.- Repetición de consoantes nasais: M, N, Ñ.
Hai un continuo encabalgamento
A palabra-tema, MORAIMA, enche o poema, repetíndose ata 13 veces.
A anáfora é constante. A conxunción temporal CANDO repítese decote para dar a impresión de "sempre".
Toda a poesía está baseada na repetición.


Tirado de : http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/indice.htm

martes, 5 de xaneiro de 2016

Máis sobre a Guerra Civil

Outro artigo que deberiades ler para entender o que ocorreu na nosa terra:




 


 
 
En Galicia no hubo Guerra Civil entre 1936 y 1939. Pero sí un exterminio sistemático de la población fiel a la República. En tan sólo tres años fueron asesinados 4.699 ciudadanos gallegos. Siete de cada diez (3.233) fueron ejecutados en los llamados paseos franquistas. El resto, 1.466, fueron asesinados mediante la ejecución de una sentencia a muerte, según los datos del proyecto Nomes e Voces. Un auténtico exterminio en una zona donde la Guerra no duró más de unos días.
"Lo que pasó en Galicia es una prueba de que el golpe tenía una intención exterminadora, pues no era para nada necesario. (...) En Galicia no hubo matanzas de curas y hacendados. Lo que sí hubo fue muchas muertes controladas, instigadas o toleradas por las autoridades militares", explica Federico Cocho, autor de Guerra civil. Que pasou en Galicia e en España (Xerais) en una entrevista a El Mundo.
Con Galicia bajo el control del bando franquista desde los primeros momentos del golpe militar, "los perpetradores y sus seguidores a nivel local comienzan a demostrar que éste lleva aparejada una inusitada violencia", según recoge el informe de Nomes e Voces. Así, en los primeros meses de la Guerra Civil fueron asesinados en Galicia los cuatro gobernadores civiles, los alcaldes de cinco de las siete ciudades gallegas y los 26 de las poblaciones más importantes. Fueron ejecutadas también las máximas autoridades militares gallegas que se opusieron al golpe, los civiles más activos en la defensa de la legalidad y aquellos con cierta relevancia social en determinadas comunidades como maestros, médicos, farmacéuticos y abogados. En total, 4.699 ciudadanos asesinados.
Ejemplos de casi todos ellos se encuentran entre las denuncias que esta semana han presentado una decena de familiares de hombres y mujeres de desaparecidos durante la dictadura, vinculados a la Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica (ARMH), ante el cónsul de la República Argentina en Vigo, Roberto Gudiño dentro de la llamada Querella argentina.
El abuelo y el tío abuelo de Esther García, una de las denunciantes, formaban parte de aquellos gallegos que no esperaban la "inusitada violencia" desplegada por los seguidores del golpe contra ellos. Manuel Díaz González, médico de O Incio (Lugo) y primer alcalde de la República en dicha localidad, y su hermano José Díaz, elegido en las últimas elecciones nuevo alcalde del municipio, creyeron que a pesar del golpe militar no debían huir de la localidad porque de nada se les podía imputar. Estaban equivocados. "Los falangistas de O Incio empezaron con las amenazas a la familia. Nadie daba crédito de lo que estaba pasando. Un día apareció muerto el perro de mi tío y ya decidieron los hermanos que tenían que escapar", cuenta a Público Esther García, que explica que finalmente los dos hermanos fueron capturados y trasladados a la prisión de Monforte de Lemos, donde ofrecieron a Manuel partir al frente como médico de los nacionales: "Yo no soy veterinario, no curo animales", contestó Manuel, según relata Esther.
A partir de ese momento comenzó el particular infierno de Manuel. Fue sacado de la cárcel en un paseo nocturno aunque consiguió escapar herido refugiándose en casa de un "amigo suyo de derechas", el famacéutico de Sarria Antonio Peña. "Allí fue apresado por la conocida cuadrilla de falangistas de Layosa. Le fueron atadas las manos a una soga prendida de la cola de un caballo y fue arrastrado durante varios kilómetros hasta llegar a la entrada de O Incio. Al llegar allí, aún con vida y consciente, fue asesinado. Luego le amputaron un dedo para robarle la alianza", prosigue Esther.
Era el 11 de septiembre de 1936. En los primeros cinco meses de 1936 fueron asesinados en Galicia un promedio de 14,25 personas por día, mientras que a finales de 1939 la cifra de ejecuciones había descendido a 0,7 al día. Un día después, el 12 de septiembre, aparecieron en la cuneta de la carretera N-634, en un lugar conocido como voltas de Prado, cinco cadáveres. Uno de ellos tenía seis dedos en una mano. Así identificaron los vecinos a Bruno Martínez, tío abuelo de Miguel Freire, investigador de la ARMH que ha denunciado este caso ante la Justicia argentina.
"Estaban acusados de haber hecho frente a las tropas sublevadas, es decir, de oponerse al alzamiento nacional. (...) No eran ni sindicalistas exaltados, ni agitadores políticos, sólo habían tenido la mala suerte de haber participado en asociaciones sindicales y políticas", cuenta Miguel a Público, que añade que "la represión y el terror continuó cebándose en las familias de estas personas, que tuvieron que padecer acoso y humillaciones, el incendio y saqueo de sus casas y las burlas e insultos cuando los primeros de noviembre llevaban flores a las sepulturas donde se habían enterrado a sus familiares asesinados".
En octubre de este 1936 fue también asesinado Julio Sanz Martín, enfermero-practicante en la Marina. Su nieta, Elvira Sanz, lo denuncia ante la Justicia argentina. "Mi abuelo tenía 34 años. El 22 de octubre de 1936 fueron unos hombres a su casa, donde vivía con su mujer y sus dos hijos, y dijeron que se lo llevaban a un juicio. Al día siguiente, el 23 octubre, apareció el cadáver en una cuneta de San Juan de Ouces. Su muerte quedó anotada en el Registro Civil causada por una "hemorragia intensa".
El único motivo por el cual Julio Sanz pudo ser asesinado es "publicar algunos artículos sobre reivindicaciones laborales" en diversas revistas y "estar afiliado a Izquierda Republicana". Como Julio, la represión en el estamento militar en Galicia afectó a 140 marinos ejecutados, así como al almirante Antonio Azarola Gresillón; el general de división Enrique Salcedo y el gobernador militar de Galicia Rogelio Caridad Pita.
El asesinato selectivo o indiscriminado no fue la única vía de represión. Con el objetivo de destruir una sociedad civil, plural y organizada fueron condenados a cadena perpetua 1.597 ciudadanos y 1.981 fueron sentenciados a diferentes penas de prisión inferiores. En total, 28.234 víctimas gallegos sufrieron algún tipo de persecución judicial por las nuevas autoridades militares. "Es imposible la cuantificación o estimación sobre otras formas de coerción o violencia: desde los encarcelamientos y torturas hasta las rapas y purgas de mujeres que se perpetran con idéntica escenificación en todo el territorio gallego y, a diferencia de las otras tipologías represivas, estaban diseñadas para su exhibición pública", señala la investigación de Nomes e Voces.
Así, en la Galicia de la Guerra Civil pueden ser perseguidos y exterminados desde un líder comunista local a un simpatizante de un sindicato que busca mejorar sus condiciones económicas pasando por la "burguesía progresista que a través del socialismo, el republicanismo o el galeguismo aspiran a consolidar el liberalismo democrático". "No se trata, pues, de un ataque a una posible revolución de tipo soviético —sin ninguna base documental—, sino de acabar con un sistema en el que cobra el protagonismo principal la participación ciudadana en un escenario tendente a la modernidad y el progreso", concluye la investigación de Nomes e Voces.

sábado, 2 de xaneiro de 2016

Máis sobre o voso traballo da Guerra Civil

Atopei este artigo que coido é interesante para situarvos no comezo do voso traballo:





1.- El 18 de julio de 1936 no comenzó una guerra civil. Lo que ocurrió fue que un grupo de militares dio un golpe de estado contra un gobierno elegido democráticamente.

2.- El golpe de estado fue apoyado de forma militar, ideológica y económica por la Alemania de Hitler. Cuando la rebelión no triunfó en todo el territorio, la Alemania nazi empezó a probar su armamento contra civiles indefensos, en un ensayo de lo que haría posteriormente en Europa.
 
3.- Cientos de miles de personas murieron como resultado de la contienda. Todavía siguen enterradas en fosas comunes más de 100.000 personas, que fueron asesinadas por quienes se levantaron contra el orden constitucional.

4.- La mayoría de las personas que siguen sin identificar en las fosas no había ido a ninguna guerra. Fueron exterminadas dentro de la estrategia del golpe militar de eliminar cualquier posible disidencia y atemorizar al conjunto de la población.

5.- Pinochet confesó su admiración por esta forma de alzamiento militar y la aplicó en Chile. Fue uno de los pocos jefes de Estado que acudió al funeral de Franco.

6.- La represión no terminó en 1939. Los crímenes, torturas y graves violaciones de derechos humanos se prolongaron durante décadas, hasta el final del franquismo. El prestigioso historiador Paul Preston ha señalado que no existe equivalente en Europa respecto a la intensidad y duración de estas atrocidades de Estado.
 
7.- España es el segundo lugar del mundo con más desaparecidos, por detrás de Camboya. La ONU ha exigido a nuestros poderes estatales que protejan los derechos de los familiares de las víctimas del franquismo.

8.- El Tribunal Supremo consideró que ya no podían ser investigados penalmente los crímenes del franquismo. Remitió a los familiares de las víctimas a la Ley de la Memoria Histórica, para que por parte de la administración pública se procediera a las exhumaciones de los restos mortales. El Gobierno actual paralizó al comenzar su mandato el plan de exhumaciones que se inició en su momento.

9.- Resulta vergonzoso que un Estado democrático mantenga sin identificar y sin una sepultura digna a las víctimas mortales de un régimen totalitario.

10.- Ante esta situación todos podemos hacer mucho. Es perfectamente posible que los muertos por sus convicciones democráticas salgan por fin de las fosas. Generemos un amplio estado de opinión a favor de las exhumaciones. Reclama al Gobierno que respete el derecho de los familiares a recuperar los restos de sus seres queridos. No olvidemos a quienes dieron su vida por una sociedad más justa.
 

JOAQUIM BOSCH
Magistrado y portavoz de Jueces para la Democracia

luns, 21 de decembro de 2015

Traballo sobre a Guerra Civil

Como vos dixen na aula, este segundo trimestre ides realizar un traballo para saber máis sobre a Guerra Civil e o que supuxo, un traballo que ten ademais como característica que vai ser para dúas materias, a de Ciencias Sociais e a de Lingua e Literatura Galega. Pensade que é un traballo sobre o que debedes investigar, pescudar, visionar, ler... Non podedes nin pretendades buscar na Wikipedia e pegar o que alí pon: esixímosvos algo máis ca iso.


De todos os temas propostos, podedes elixir un. Tedes que me mandar un correo indicándome que tema elixides e con que compañeiros e compañeiras o ides facer. Do que se trata é que se toquen todos os temas, por iso teño que sabelos porque se se repiten hai que cambialo. Os grupos poden ser de 2 ou 3 persoas, pero se alguén quere facelo de xeito individual tamén pode escoller esa opción.

Tedes a sorte, asemade, de ter preto a Manuel Igrexas, que é quen máis sabe deste tema no Deza.

TEMAS A ESCOLLER:

.- O voto femininio na Segunda República (debates, intervencións...). Sempre tendo en conta e referenciando a Victoria Kent e a Clara Campoamor.

.- O movemento político no Deza.

.- O campo de concentración da Illa de San Simón

.- O papel da Igrexa na República e na Represión.

.- As Brigadas Internacionais.

.- As comunas anarquistas (Aragón). O papel das mulleres na comunas anarquistas.

.- A represión franquista durante a Guerra Civil.

.- As guerrillas no Deza.

.- O papel das mulleres nas guerrillas galegas.

.- A visión da muller no "bando nacional" ou sublevado.

.- A represión dos mestres e das mestras da República.

.-  O exilio.

Podedes consultar estes blogues:

http://dezahistorias.blogaliza.org/    (blogue de Manuel Igrexas)

http://nondesaesquecemento.blogspot.com.es/

http://anosdomedo.blogspot.com.es/

http://www.tabeirosmontes.com/memoria.html

http://www.nomesevoces.net/

Eco Republicano

Podedes entrevistar a
- Manuel Igrexas, o voso profe de Filosofía
- Luís Bará Torres (polo Facebook)
- Montse fajardo Perez (polo Facebook)

Podedes ver as seguintes películas:
- "Tierra y libertad"
- "A lingua das bolboretas"
- "13 rosas"
- "Los girasoles ciegos"

Podedes ver os seguintes documentais:
- "Aillados"
- "Querídismos verdugos" (de Basilio M. Patino)
-  "Caudillo" (de Basilio M. Patino)

Podedes ler os seguintes libros (e xa sabedes que valen como libros optativos):

- Ramón de Valenzuela: Era tempo de apandar. A Nosa Terra
- Carlos Giménez: Malos tempos. El Patito Editorial.
- Inma López Silva: Neve en abril. Galaxia 
- Manuel Rivas: A lingua das bolboretas. Galaxia
-
Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro. Xerais  
- Heliane Bernard: Guernica. Kalandraka
-
Roque Cameselle: O Pausiñas. Galaxia  
- Jaume Cela: Silencio no corazón. Galaxia  
- Margot Chamorro: Tempo rachado. Xerais  
- Agustín Fernández Paz: Noite de voraces sombras. Xerais
-
Agustín Fernández Paz: Corredores de sombra. Xerais 
- Agustín Fernández Paz: Non hai noite tan longa. Xerais 
- Luce Fillol: Mañá fará bo día. Galaxia
- Antonio García Teijeiro: A teima de Xan. Sotelo Blanco 
- X.R. Gónzalez Álvarez: A encrucillada na torre. Galaxia 
- Xabier Lorenzo: A serra máxica. Memorias de Nadal…. Ed. do Castro  
- Xosé Neira Vilas: Memorias dun neno labrego. Ed. do Castro
-
Xosé Neira Vilas: Cartas a Lelo. Ed. do Castro
-
Xosé Neira Vilas: Aqueles anos de Moncho. Xerais
-
X.M. Oca Martínez: Todo o peso do ceo. Edelvives  
X. A. Perozo: Caderno de Riparia . Xerais  
- X.A. Ventoso Marió: A pesca está no vento: historia de Nico. Ir Indo
- Xabier Quiroga: O Cabo do Mundo. Xerais.
- Antón Riveiro Coello: As rulas de Bakunin. Galaxia  
- VVAA: Ninguén está só. TrisTram 
- Rosa Aneiros: Sol de Inverno. Xerais 
- Montse Fajardo: Un cesto de mazás.
- Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36. Xerais
- Xosé Fernández Ferreiro: Os últimos fuxidos. Xerais 
- Xosé Manuel Sarille: Polos fillos dos fillos. Candeia Editora
- José Antonio Gurriarán: As mulleres do monte. Galaxia
- Antón Alonso Ríos:  O sr Afranio. A Nosa Terra

"Aínda que na guerra e postguerra houbo moitos actos de heroísmo, moitas historias insólitas de persoas que fuxiron da morte e do fascismo, a aventura de Afranio de Amaral chama a atención pola importancia do personaxe (Alonso Ríos era naquela altura deputado nas Cortes) e por estar documentada a través dun libro e dunha testemuña gráfica, a fotografía que Afranio fixo para obter o seu pasaporte portugués e poder fuxir a América. A noite do 18 de xullo Antón Alonso Ríos comezou a organizar a resistencia popular en Tui ao golpe de estado. Despois dalgúns combates, foxe da vila e tras vagar varios días por distintos lugares, danlle acollida, xunto a Guillermo Vicente (alcalde de Tui), nunha casa en Tarroña, onde permanece agochado dende o até o 11 de agosto. Ofrecían 50.000 pesetas a quen o capturase, así que Alonso Ríos decide facerse por esmoleiro. Para non ter problemas por non ter documentación fíxose pasar por portugués, autobautizándose como Afranio de Amaral, nome dun naturalista brasileiro, e inventándose toda unha biografía. Traballa durante dous anos en varias casas, na Guarda e en Forcarei, até que despois de varios intentos logra fuxir a Portugal, de onde pasa a Casablanca e de aí a Bos Aires, onde é recibido como un heroe." (Marcos S. Pérez, Vieiros, Xuño 2008)

mércores, 9 de decembro de 2015

Vangardas 2











O HILOZOÍSMO   foi un movemento poético propio da vangarda galega, cuxo pai foi Luís Amado Carballo. Nos poemas hilozoístas préstaselle unha grande atención á natureza, a cal aparecece en constante movemento, grazas moitas veces ao uso de imaxes autónomas.
Emprego abondoso e atrevido de imaxes.
- Ampla utilización das cores. A presenza do elemento plástico e cromático é abondosa e evidente. Predomina o uso do AMARELO, o cal simboliza o desacougo enmascarado pola euforia.
- Uso do verso octosílabo, co que se diferencia dos movementos de vangarda europea, onde se prescribía o versolibrismo.
- Ambientación rural, aparecendo con frecuencia elementos folclóricos, relixiosidade popular e bucolismo.
- Presenza de estranxeirismos, sobre todo empréstimos do francés e inglés. Isto conecta o hilozoísmo co multilingüísmo das vangardas europeas, o cal lle outorga un certo cosmopolitismo.



 O NEOTROBADORISMO é unha vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galaico-portuguesa, a través da edición comentada de J. Joaquin Nunes (1928), o que fixo posíbel a aparición dun novo discurso poético. Nesta nova vangarda recréanse temas amorosos similares ás cantigas de amigo e de amor, con recursos formais (paralelismorefránleixaprén...), e ambientes (paisaxes primaverais, fontes, mar, ríos...). Sobre todo inflúe a cantiga de amigo.No contexto renovador das vangardas históricas  algúns autores  como  é o caso de Álvaro Cunqueiro, incorporaron elementos do lirismo medieval co afán de construír textos vangardistas