Amosando publicacións coa etiqueta O comentario b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O comentario b>. Amosar todas as publicacións
venres, 9 de novembro de 2018
luns, 22 de outubro de 2018
Estrutura para un comentario de texto
INTRODUCIÓN
Neste apartado deberás incluír o tema e a intención coa que se escribiu o escrito que estás a
analizar.
Esta parte deberá ter un ou dous parágrafos que deben de estar marcados visualmente. Serán un
ou dous en función de se decides tratar o tema e a intención por separado ou non.
CORPO DO TEXTO
En primeiro lugar deberás comezar por resumir o contido do texto. Lembra que un resume ten
un carácter xeral, non te demores nos detalles: xa terás ocasión de facelo posteriormente. Deberá de
ter un parágrafo.
En segundo lugar pasarás a analizar o texto polo miúdo e para iso deberás de conxugar tres
aspectos. Por unha banda a comprensión do texto, que conseguirás unha vez que o leas varias veces,
por outra os teus coñecementos e, por último, (e non por iso menos importante) a túa habilidade
para relacionar os dous elementos anteriores e xustificalos con exemplos da composición.
Seguramente no texto que analices estarán presentes varias características importantes do/a autor/a
estudado, da época en que se insire... O teu obxectivo é identificalas, explicalas e exemplificalas. Só
debes de comentar aquilo que aparece, non aproveites para demostrar todo o que sabes porque iso
non se terá en conta.
Se te fixas, este proceso é o que estamos realizando na aula cos textos que comentamos.
Como podes imaxinar, este apartado estará formado por máis de un parágrafo, o número
dependerá das ideas que identifiques. Pensa que un parágrafo se corresponde sempre con unha idea.
Como no caso anterior, debes de marcar os parágrafos visualmente.
CONCLUSIÓN
Estás a punto de finalizar o teu comentario e, polo tanto, xa fuches expoñendo moitas ideas
interesantes. Agora indica quen pode ser o autor/a baseándote sempre na información que citaches.
Realiza o mesmo que no punto anterior pero coa época en que se localiza a composición analizada.
Por último, fai un comentario persoal en que expreses a túa opinión. Os comentarios persoais poden
ser positivos ou non, as persoas temos gustos diferentes. O que se vai valorar aquí é que sexades
capaces de expresalos de maneira axeitada tanto desde o punto de vista lingüístico como do
respecto cara á/ao autor/a.
Esta parte constará de tres parágrafos.
E en todo o texto lembra...
Cohesión (emprega conectores, sinónimos, pronomes...). As ideas debes de unilas así e non con
guións, números, puntos...
Coherencia. Que non haxa contradición entre as túas ideas.
Adecuación. Que ten que ver coa cantidade da información e o rexistro empregado.
E tamén...
Deixa sempre marxes á esquerda e á dereita.
luns, 3 de decembro de 2012
O comentario de texto
PASOS:
. Lectura mental previa
. Subliñado de ideas
. Esquema
. Resume
. Titulación
. Comentario
EXEMPLO H:
A literatura presenta unha función
bipolar. Por un lado, topamos a un creador no cal no sole producirse
unha disociación persoa-autor, senón que como home actúa inmerso nunhas
circunstancias condicionantes e definidoras.
O creador proxecta, saca de si, a
súa criatura de ficción e ofrécea ao lector ou ao oínte no caso do teatro;
estes amosarán unha receptividade, creando así unha simpatía entre autor
e público.
A función bipolar completouse. O e´xito do
fracaso da receptividade non afecta en absoluto á presencia dos dous seres
implicados no proceso.
Toda concepción da literatura debe,
en principio, contar co autor, sen o cal -por suposto- non existiría e
co público a quen a obra vai necesariamente destinada.
Algúns estudiosos fan intervir a un
terceiro elemento que non xulgo nvecesario, ao crítico (erudito,
técnico literario, especialista teórico...), o cal enfróntase cunha obra
e abórdaa dende distintos ángulos para crear opinión ou expor a súa
bondade ou ínfima categoría.
A misión do crítico é só de axuda; serve ao
público como mero indicador e guía; impoñerá unha moda pero non
conceptúa ou define a ciencia.
ESQUEMA:
1.- Función bipolar da LITERATURA
representada por
EL CREADOR = como home
actúa nun marco social
= como autor
crea obra de ficción por
un público
simpatía entre autor e
público
FUNCIÓN BIPOLAR CUMPRIDA
2.- A obra de LITERATURA necesita:
. O AUTOR o seu CREADOR
. O LECTOR OU OÍNTE o seu DESTINATARIO
. O crítico NON NECESARIO crea opinión:
misión = guiar ao público.
RESUMO:
A función bipolar da literatura está
representada polo feito de que o autor da obra literaria crea unha ficción para
o público e entre este e aquel brota unha simpatía mutua.
Por iso, a obra literaria necesita para o
seu logro non só ao seu creador senón ao destinatario da mesma. O crítico non é
necesario porque a súa misión redúcese a guiar simplemente ao público.
.
TITULACIÓN:
A obra literaria non existe se non é
pensando nun presunto destinatario.
.
IDEAS DO TEXTO PROPIAS DO COMENTARIO:
.- O creador dunha obra literaria reflicte
a realidade que o rodea. É fillo dela e non pode fuxir da súa influencia. Os
románticos non vían con bos ollos a sociedade á que pertencían e por iso
refuxiábanse noutros ambientes históricos e sociais.
.- O lector simpatiza co autor da obra que
le se as experiencias reflectidas nela coinciden coas súas propias ou lle
gustaría realizalas.
.- Moitas veces o crítico inflúe
negativamente na comprensión da obra literaria.
.- Existe hoxe outro factor importante no
coñecemento da literatura: a editorial poderosa.
Etc...
COMENTARIO:
Conclusión previa: Depende de se o
autor acepte ou non o marco histórico-social en que vive o feito de que a súa
obra sexa realista ou imaxinaria. Sempre haberá, a pesares disto, receptores
dunha ou doutra.
Afírmase a miúdo que o autor dunha obra
literaria é fillo da época en que vive e, como tal, reflicte a realidade en que
está inmerso. Por moito que se esforce non pode fuxir da súa influencia e algún
elemento dela queda reflectido na súa obra de ficción.
Sucedes, sen embargo, que ás veces esa
realidade non lle satisface e trata por todos os medios de inventarse mundo
exóticos, afastados no tempo ou no espacio, onde o seu modo de sentir atópase a
gusto. Foi o caso dos románticos, no século XIX, ou o dos escritores surrealistas,
no noso século.
Outros, en cambio, eríxense a si mesmos
como notarios dunha época determinada e actúan nas súas obras como se estiveran
levantando acta da sociedade e os seus problemas ou costumes. Atopamos exemplos
en todas as épocas literarias, pero tal vez os modelos máis palpables sexan os
realistas da segunda metade do século pasado ou dos novelistas do neorrealismo
italiano dos anos 50.
E isto é así porque no espírito do home
soplan dúas brisas de signo contrario: a brisa da realidade e a brisa da
imaxinación ou da fantasía.
Sexa como sexa, a cuestión é que depende de
que o autor da obra literaria acepte ou non a realidade social e a época
histórica de que é fillo para que a súa creación se inscriba no máis tanxible
realismo ou na máis etérea fantasía. Pero sempre haberá lectores dun e outra.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

