Amosando publicacións coa etiqueta Tarefas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tarefas. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de outubro de 2021

Exercicio

 

Unha vez dados os primeiros temas, responde as seguintes cuestións:

 

1.    Indica que vai supoñer para a lingua galega o inicio do s. XX. Cita os dous movementos nacionalistas que seguen vixentes neste século. 

 

2.    Onde e cando nacen as Irmandades da Fala? Con que obxectivo xorden? Cal é o seu órgano de expresión? Que figuras importantes se vinculan a elas? 

 

3.    Explica que dúas tendencias ou sectores xorden no seu interior. 

 

4.    Quen eran os compoñentes da Xeración Nós? Con que revista se relacionan? En que ano comeza a súa publicación?

5.    Cal é o programa fundamental da Xeración Nós e da súa revista?

6.    Que logros alcanzan os escritores desta xeración?

 

7.    Que é o Seminario de Estudos Galegos? En que ano se funda?

 

8.    Con que finalidade se funda o SEG?

 

9.    Que sucede en 1931 cando chega a República? Con que obxectivo?

 

10. Por que o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936 non se leva a cabo?

 

11. Cal é a principal preocupación dos intelectuais galeguistas do primeiro terzo do século? Que labor realizan a prol da lingua?

12. A nivel lingüístico que intentan superar os escritores deste período? En que centran a súa tarefa principal? En que erros incorren?

13. Por que certos autores retoman formas lingüísticas arcaicas?

14. Como consecuencia do anterior, que tipo de galego se vai configurando nesta época?

15. Os escritores do momento tentan escribir nun galego supradialectal nun intento de crear unha lingua estándar. Que quere dicir isto?

16. Que significan os termos dialectalismos e interdialectalismos?

17. Cal é a situación ortográfica deste período?

 

18. Cando e con que obxectivo xorde a RAG (Real Academia Galega)

 

19. En que data temos constancia da participación de mulleres no seo das Irmandades? Con que motivo?

20. En que ano están constituídas como grupo con entidade propia no seo das Irmandades?

21. Cales eran as actividades que desenvolvían estas mulleres?22. Como describirías as mulleres das Irmandades tendo en conta a información que liches sobre elas?

23. De que xeito se explica a ausencia de referencias sobre estas mulleres nos libros de texto, de historia… 

24. Ante a ausencia da lingua galega estaba ausente das escolas, que solución adoptan as Irmandades da Fala? Por que consideran a presenza da lingua tan importante nesta institución? Que ocorre coas nenas? Por que?

25. Cal era o obxectivo fundamental da escola da II República? Como cres que se relaciona isto co emprego do galego na escola?

martes, 28 de setembro de 2021

A crítica literaria

 Unha crítica literaria é unha opinión razoada sobre unha obra literaria: unha novela, un álbum ilustrado, un poema…

            O seu propósito é deixar constancia de se merece a pena ler, ou non, o libro, álbum ilustrado, obra teatral… que vas comentar.


 

Aspectos que hai que destacar:

  1.  Le a obra coidadosamente. Empezas unha crítica non cando te sentas a escribila, senón cando te sentas a ler a obra. Pregúntate, por exemplo, por que os personaxes fan o que fan.
  2. Pódese comezar coa presentación do libro: novela, álbum ilustrado, cómic, teatro, poesía… e  sinalar que tipo de temática se trata (social, misterio, terror, amor, humor...)
  3. A continuación búscase expór de xeito preciso o conxunto de aspectos que se desexan destacar, o tema principal, personaxes destacados, estrutura ou calquera que sexa. Non deas demasiados detalles e nunca digas o final.
  4. Por último, emítese un breve xuízo persoal destacando os aspectos positivos ou negativos do mesmo. É neste momento cando podes incluír as reflexións persoais que creas oportunas, debido que ata este momento, a función do texto debe ser fundamentalmente informativa.

Aquí podes contar que che transmitiu o libro, que significou para ti, que sentiches ao lelo ou a que lectorado llelo recomendas e por que…

Que a crítica non che saia nin demasiado longa, nin demasiado curta. Se ocupa máis de media páxina, talvez esteas dando moitos detalles; e se son só un par de parágrafos, probablemente esteas contando demasiado pouco.

Revísaa!  É importante que  estea ben construída e redactada, que nos informe do libro sen destripar o argumento e que, ao lela, nos dea a todxs moitas ganas de lelo tamén, ou non.

  Ten moito coidado de facer resumo da obra nin contar o argumento. O teu traballo consiste en avaliar o significado da obra e o que supuxo para ti, non resumila.

sábado, 25 de setembro de 2021

Eu son... Eu non son

Imos comezar a escribir:
A nosa tarefa será realizar un poema emulando ao noso poeta preferido, Carlos Negro, quen inicia o seu poemario Masculino singular con este poema:




Carlos Negro, tal como el explica, non inventou a estrutura deste poema, senón que lla viu ao poeta Peter Handke no seu libro Vivir sin poesía publicado por Bartleby:


Agora tócavos a vós!!!

xoves, 31 de xaneiro de 2019

Próxima tarefa sobre a ditadura

Debedes de elaborar un texto partindo dunha tese falsa. Para elaborar esa tese baseádevos na información sobre a Ditadura e/ou a fotocopia do xornal que trata o tema da escola na República.
Defenderedes esa tese cun mínimo de tres argumentos (falsos tamén) dos cales un debe de ser de datos. Os outros dous quedan á vosa elección. 
Revisade as características do texto argumentativo onde figura a estrutura, os tipos de argumentos e os conectores.



martes, 15 de xaneiro de 2019

Traballando as propiedades textuais

1.- Reescribe o seguinte texto atendendo á cohesión: 

San Leonardo quería fundar un mosteiro. San Leonardo foille pedir un anaco de terra ao rei. O rei ofreceu a San Leonardo todo un reino. San Leonardo rexeitou o reino. San Leonardo dixo que só quería a terra que puidese percorrer o asno de San Leonardo nunha noite. Tense a San Leonardo como patrón dos burros e dos asnos. Todo o mundo invoca a San Leonardo para que San Leonardo vele pola saúde dos burros e dos asnos.


2.- Mira que propiedade textual falla nos seguintes textos e reescríbeos: 


  .- As casas estaban xa bastante mal. As casas ameazaban con derrubarse desde había anos. As casas seguían alí. Ás veces parecía que as casas resistirían cen anos máis. Ninguén se imaxinaba a aldea sen esas casas.



.- NOTA ESCRITA
  Estimado señor camareiro:
Desculpe o meu atrevemento se lle solicito que nos sirva canto antes unha ración de chipiróns. Que sexan quentiños, se é vostede tan amable.
          Seu afectísimo, o cliente dos venres.


      .- O segundo motivo é a túa falta absoluta de interese. E por último, descubrín que me raiaras ti o coche novo. Voute suspender por tres motivos. En primeiro lugar, sacaches un dous no exame.

 .- Teño moito frío. Nunca tuvieron o valor necesario para denuncialo, pero a parede, pintada de amarelo claro, alegrounos moito o dormitorio. De maneira que ti es a máis cativa de todos. Todos virán á cea.

.- Oe, cirurxián, que a min me operes con coidado, porque eu teño moi mala hostia e non me mola nada saber que vas  abrirme mentres estou sobando. Está todo ben clariño?


.- Cando veño aquí , sempre veño. Pero se veño, voume.  Sempre e nunca veño.


.- Sempre chegaba tarde e pedía un café e  pagábao ao momento e tomábao  moi rápido e despois íase e dicía adeus coa man e así todos os días e só unha unha vez faltou a esta cita e non lembro por que. 






     3.- Estes textos son incoherentes. Sinala  por que e aporta unha posible solución.

   1• Prolóngase dous minutos o tempo regulamentario. 

   2• A plataforma que defende ao candidato B declárase neutral.



4.- Un texto con ambigüidades tamén pode resultar incoherente. Sinala as ambigüidades que encontres nas siguientes frases. Reescribe cada   unha delas ou modifica a súa estrutura, de modo que a ambigüidade desapareza.

   • Vin á miña moza correndo cara ao autobús.

• Cando Xabier e Xaime se saudaron, a súa moza esbozou un sorriso . 
  

5.- Procura elementos de cohesión no texto:
Un señor de idade avanzada decidiu, por fin, consultar ao seu médico. Ao relatar os seus males díxolle que sentía unha intensa dor  no pé dereito. O facultativo respondeu tranquilamente:

- Non se preocupe, é a idade.
- O paciente, algo contrariado, preguntou:
-  Pero doutor, se os meus dous pés teñen a mesma idade, por que só me doe un?