Amosando publicacións coa etiqueta Lecturas obrigatorias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lecturas obrigatorias. Amosar todas as publicacións

sábado, 7 de maio de 2016

Lectura obrigatoria de teatro

A última lectura deste curso será dunha obra de teatro. Podedes escoller entre todas estas:


.- Álvaro Cunqueiro: Don Hamlet. Galaxia

.- Cándido Pazó: A piragua. Laiovento

.- William Shakespeare: Noite de reis. A tempestade  /  Otelo. Macbeth  / Romeo e Xulieta.  Galaxia

.- Santiago Cortegoso Calvar: Raclette . Xerais

.- Manuel Rivas: O heroe. Xerais 

.- Manuel Lourezo: Flores de Dunsinane. Xerais

.- Roberto Salgueiro: Historia da chuvia que cae todos os días. Xerais

.- Roberto Salgueiro: Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado. Xerais

.- Manuel Núñez Singala:  Comedia bífida. Galaxia

.- Teresa Moure: Unha primavera para Aldara. Xerais

.- Rubén Ruibal: Limpeza de sangue. Xerais

.- Teresa González Costa: Sempre quixen bailar un tango. Xerais


venres, 1 de abril de 2016

Lectura obrigatoria de poesía

Este trimestre leremos poesía e teatro.
De poesía, o libro que escollemos é Masculino singular de Carlos Negro, a quen todos e todas vós coñecedes xa dende o curso pasado. Está publicado pola editorial Xerais.




domingo, 24 de xaneiro de 2016

Trimestre negro III

O segundo libro obrigatorio desta avaliación, do que xa falamos na aula para vermos de realizar o percorrido literario co autor en Vigo é:
Autor: Pedro Feijoo
Título: Os fillos do mar
Editorial: Xerais


domingo, 20 de decembro de 2015

Trimestre negro I

Como sabedes, este segundo trimestre foi nomeado como "Trimestre negro" porque imos facer que todas as lecturas dos departamentos, as actividades da biblioteca e mesmo o entroido vaian encamiñadas cara á NOVELA NEGRA.
Así que vos propoño que o primeiro libro obrigatorio da segunda avalicación sexa un a escoller de DIEGO AMEIXEIRAS. Calquera del vale, posto que é un dos autores máis destacados deste xénero dentro da Literatura Galega.
Lembrade que, coma sempre, se non vos gusta este xénero non tedes máis que mo dicir e procuraremos un outro libro que sexa do voso agrado.










venres, 9 de outubro de 2015

Lectura obrigatoria II

Xa que no primeiro trimestre imos falar de Castelao, a segunda lectura versará sobre el. Temos a sorte de que en Lalín temos un escritor que é autor desta serie sobre Castelao. Podedes escoller calquera dos seus libros. E se vos gusta, mesmo podedes ler os outros como optativos.
Todos eles están publicados por Demo e contan cos debuxos de Iván Suárez.






martes, 15 de setembro de 2015

Lectura obrigatoria I

 Sempre tedes que pensar que non existe obrigatoriedade á hora de ler, senón que ler é un pracer.
Lembrade, se vedes que o libro proposto resulta un auténtico espanto para calquera de vós, debedes falar comigo para cambiar o libro proposto. NUNCA leades un libro que non vos gusta.


O primeiro libro que imos ler este curso vai ser dun dos mellores escritores que temos na nosa Literatura actual: Manolo Rivas. Agardo que vos guste. Do contrario, buscamos outro. Por supoto, podedes ler calquera libro deste autor, todos pagan a pena: 


Publica a editorial Xerais na súa colección Fóra de Xogo oito relatos de Manuel Rivas : Madonna e outros contos de inverno. O autor  é, para min, o mellor contista da Literatura galega actual; os relatos contan coa mestría da lingua do noso admirado escritor, esa mestura de poesía e tenrura capaces de espertar o gusto pola arquitectura literaria: a escollas das palabras, os xestos tan definidos, o alcance do noso propio maxín... Todos os temas están neste libro curto: amor, paixón, emigración, tristura, resistencia, rebelión, conmoción... E todos eles tratados con beleza exquisita.