PASOS:
. Lectura mental previa
. Subliñado de ideas
. Esquema
. Resume
. Titulación
. Comentario
EXEMPLO H:
A literatura presenta unha función
bipolar. Por un lado, topamos a un creador no cal no sole producirse
unha disociación persoa-autor, senón que como home actúa inmerso nunhas
circunstancias condicionantes e definidoras.
O creador proxecta, saca de si, a
súa criatura de ficción e ofrécea ao lector ou ao oínte no caso do teatro;
estes amosarán unha receptividade, creando así unha simpatía entre autor
e público.
A función bipolar completouse. O e´xito do
fracaso da receptividade non afecta en absoluto á presencia dos dous seres
implicados no proceso.
Toda concepción da literatura debe,
en principio, contar co autor, sen o cal -por suposto- non existiría e
co público a quen a obra vai necesariamente destinada.
Algúns estudiosos fan intervir a un
terceiro elemento que non xulgo nvecesario, ao crítico (erudito,
técnico literario, especialista teórico...), o cal enfróntase cunha obra
e abórdaa dende distintos ángulos para crear opinión ou expor a súa
bondade ou ínfima categoría.
A misión do crítico é só de axuda; serve ao
público como mero indicador e guía; impoñerá unha moda pero non
conceptúa ou define a ciencia.
ESQUEMA:
1.- Función bipolar da LITERATURA
representada por
EL CREADOR = como home
actúa nun marco social
= como autor
crea obra de ficción por
un público
simpatía entre autor e
público
FUNCIÓN BIPOLAR CUMPRIDA
2.- A obra de LITERATURA necesita:
. O AUTOR o seu CREADOR
. O LECTOR OU OÍNTE o seu DESTINATARIO
. O crítico NON NECESARIO crea opinión:
misión = guiar ao público.
RESUMO:
A función bipolar da literatura está
representada polo feito de que o autor da obra literaria crea unha ficción para
o público e entre este e aquel brota unha simpatía mutua.
Por iso, a obra literaria necesita para o
seu logro non só ao seu creador senón ao destinatario da mesma. O crítico non é
necesario porque a súa misión redúcese a guiar simplemente ao público.
.
TITULACIÓN:
A obra literaria non existe se non é
pensando nun presunto destinatario.
.
IDEAS DO TEXTO PROPIAS DO COMENTARIO:
.- O creador dunha obra literaria reflicte
a realidade que o rodea. É fillo dela e non pode fuxir da súa influencia. Os
románticos non vían con bos ollos a sociedade á que pertencían e por iso
refuxiábanse noutros ambientes históricos e sociais.
.- O lector simpatiza co autor da obra que
le se as experiencias reflectidas nela coinciden coas súas propias ou lle
gustaría realizalas.
.- Moitas veces o crítico inflúe
negativamente na comprensión da obra literaria.
.- Existe hoxe outro factor importante no
coñecemento da literatura: a editorial poderosa.
Etc...
COMENTARIO:
Conclusión previa: Depende de se o
autor acepte ou non o marco histórico-social en que vive o feito de que a súa
obra sexa realista ou imaxinaria. Sempre haberá, a pesares disto, receptores
dunha ou doutra.
Afírmase a miúdo que o autor dunha obra
literaria é fillo da época en que vive e, como tal, reflicte a realidade en que
está inmerso. Por moito que se esforce non pode fuxir da súa influencia e algún
elemento dela queda reflectido na súa obra de ficción.
Sucedes, sen embargo, que ás veces esa
realidade non lle satisface e trata por todos os medios de inventarse mundo
exóticos, afastados no tempo ou no espacio, onde o seu modo de sentir atópase a
gusto. Foi o caso dos románticos, no século XIX, ou o dos escritores surrealistas,
no noso século.
Outros, en cambio, eríxense a si mesmos
como notarios dunha época determinada e actúan nas súas obras como se estiveran
levantando acta da sociedade e os seus problemas ou costumes. Atopamos exemplos
en todas as épocas literarias, pero tal vez os modelos máis palpables sexan os
realistas da segunda metade do século pasado ou dos novelistas do neorrealismo
italiano dos anos 50.
E isto é así porque no espírito do home
soplan dúas brisas de signo contrario: a brisa da realidade e a brisa da
imaxinación ou da fantasía.
Sexa como sexa, a cuestión é que depende de
que o autor da obra literaria acepte ou non a realidade social e a época
histórica de que é fillo para que a súa creación se inscriba no máis tanxible
realismo ou na máis etérea fantasía. Pero sempre haberá lectores dun e outra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario