domingo, 2 de decembro de 2012

Titular



Para titular adecuadamente textos, debemos repasar os pasos que vimos de sinalar para efectuar as anteriores actividades, útiles todas elas para realizar a que agora nos ocupa:
         - Lectura previa do texto
         - Subliñado das ideas importantes
         - Esquematizar e resumir en borrador
         - Localizar a idea básica do texto que englobe o maior      exponente do contido do texto:
         EXEMPLO A: Causas que explican os arcaísmos e ambientes           idóneos para a súa conservación.
         EXEMPLO B: O teatro simbolista e expresionista,              primeiras novidades da dramaturxia do noso século.
         EXEMPLO C: Visión social da novelística de Agustí e a             fantasía na de Cunqueiro.
         EXEMPLO D: Triple dirección do castelán, desarraigando            varias formas e creando o seu propio romance.

     . Características dunha boa titulación:

         .. Non debe sobrepasar as quince palabras.

         .. A súa formulación pode facerse por medio dunha frase ou un nome en abstracto.
        
         .. No seu enunciado debe posuír referencias do todas as partes do texto ou a todos os seus parágrafos.

         .. Nunca ten que ser unha frase completa do texto.

         .. É bo empezar entrenándose con parágrafos illados.



EXEMPLOS:


a.- Ademais do ácido carbónico, o misto ou buxía transfórmase en auga, e para convencernos de que dunha chamiña prendida despréndese vapor, basta suspender encima da chama un vaso común, ben limpo, seco e frío. Verase que ao punto empáñase e que diminutas gotiñas humedecen o seu interior. Se puideramos conservar por moito rato o frío do vaso, poderiamos obter, mediante a combustión dunha vela común, un vaso cheo de auga cristalina e pura.


b.-  A Ciencia, que se serve constantemente do termómetro, aportou principalmente dúas clases de graduación: a "centígrada" (a máis usada en España), na que o punto do xelo márcase 0 (cero), e o da auga fervendo marca 100 (cen); e a "Fahrenheit", que conta a ebullición da auga aos 212 graos, correspondendo o do xelo en fusión á cifra 32 da súa graduación.


c.-  A Natureza suminístranos fontes de enerxía inmediatas. O vento, a auga dos ríos, mesmo as mareas e a calor do Sol, son fontes directas de enerxía. Hai outras fontes que, se ben prove_en da Natureza, non as rende esta dunha maneira tan directa, senón por mediación do home.



TÍTULOS:

a.-  A combustión dunha vela común produce auga.

b.- As dúas clases de graduación do termómetro: a centígrada e a Fahrenheit.

c.-  Fontes de enerxía da Natureza: directas e indirectas.



EXEMPLO F:


     A linguaxe é a facultade que o home posúe de poder comunicar os seus pensamentos. A súa misión esencial é a comunicación, facilitar a relación entre as persoas. O seu primiero valor é o social.
     Pero como facultade humana a linguaxe comeza sendo infantil balbuceo, insolidario e solidario, gozosa manifestación do abraiado "infante", que en perfecta inocencia vai nomeando as cousas, diferenciándoas coa palabra e diferenciándose el do mundo. Di Pedro Salinas que o neno, ao nomear ao can, á casa, á flor, convirte o nebuloso en claro, o indeciso en concreto... "o que significa que a linguaxe é o primeiro, e eu diría que o último modo que se lle dá ao home de tomar posesión da realidade, da facerse dono do mundo".
     A linguaxe, pois, en canto á facultade do ser humano é unha forma de trascendencia, de asegurar a personalidade, de proxectarse, de liberarse das caóticas sensacións do mundo para transformalas en datos de conciencia, en representacións mentais, en obxectos...


TÍTULO:
    
    
     A linguaxe, medio de comunicación cos demais e de proxección persoal.



EXERCICIO 6


     Titula os seguintes parágrafos e o texto:


1.- Despois dunha longa espera de séculos, a promesa de salvación, anunciada por Deus no Paraíso, lembrada polos profetas, está próxima a cumprirse. O Señor servirase para anunciar a venida do Mesías ao mundo dun home que se chamará Xan o Bautista.


2.- Para o disléxico ofrece relativamente menores dificultades a lectura de cifras e mesmo de números. Hai varios feitos que explican este estado de cousas: o estímulo visual é menos complexo (só existen dez signos diferentes que aprender e, no referente á lectura de números, a cantidade de elementos por analizar, xeramente non pasa de catro); por outra parte, na lectura dos números non se presentan os problemas fonéticos que plantexa a lectura de palabras.

3.- A escola, para o neno, non representa soamente a adquisición duns coñecementos necesarios. Constitúe, tamén, a súa inserción nun medio social que vai continuamente ampliándose dende as clases da escola de párvulos ata o último curso de bacharelato. Este segundo aspecto, o social, con frecuencia subestimado e ata descuidado cando se vive en condicións materiais difíciles, é tan importante como o primeiro.


.- O primeiro risco no ensino da ortografía é a falta de interese do neno. En favor da lectura intervén o desexo que sente este de posuír un coñecemento en que no seu ensino cooperan todos cantos o rodean, ademais da esperanza de entender a significación do escrito. A curiosidade pode interesarlle cando o pedagogo segue a marcha natural do pensamento infantil gracias á axuda do concreto. Pero na ortografía non hai dúbida que poida interesar ao neno. As razóns que xustifican o seu emprego pode comprendelas o adulto, pero para o neno non son accesibles, xa que, de feito, o único estímulo para o escolar que aprende ortografía é o de complacer ao seu mestre e o de ter éxito. Ambos son estímulos mediocres que non deixan pegada, nin no seu interese nin na súa curiosidade. Ningún outro aprendizaxe está tan influído polo signo da obrigación escolar como o da ortografía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario