mércores, 5 de decembro de 2012

A exposición





         Expoñer é presentar unha cuestión calquera co propósito de facela coñecer e comprender a outras persoas. A exposición normalmente asóciase coa argumentación, é dicir, cun proceso máis persoal e creador, no cal o expositor introduce ideas ou puntos de vista seus, defendéndoos con razóns e, ás veces, combatendo outros que considera erróneos.

     Na exposición predomina, pois, unha actitude obxectiva, brindando a quen a le unha información que poida resultar útil ou necesaria. Como todo escrito, consta dos tres compoñentes retóricos:
     - a invención ou acopio de feitos
     - a disposición ou orde no que se expoñen estes feitos
     - a elocución ou expresión lingüística definitiva.



1.- A INVENCIÓN NO ESCRITO EXPOSITIVO

     Recibe o nome de documentación. Quen se dispón a expór algo debe empezar por documentarse. Esta documentación debe aspirar a ser:
- o máis completa posible
- o máis moderna posible
- estritamente referente ao tema que interesa


2.- DISPOSICIÓN DO ESCRITO EXPLICATIVO

     Debe partirse sempre do enunciado claro e inequívoco do problema. A parte de figurar este abreviadamente no título, poden dedicarse as primeiras liñas do escrito ao seu plantexamento, sobre todo se é moi extenso ou ten moitas implicacións que non podemos desenrolar. Nese caso deben anuciarse os límites que nos impuxemos na exposición, sinalando se é posible as cuestión que deixamos fóra.

     Se imos expor o tema historicamente, deberemos seguir unha orde cronolóxica, amosando as sucesivas solucións que se aportaron, deixando para o final a nosa adhesión a unha delas ou a nos propia resposta.

     Cando o tratamento do tema non é histórico temos que establecer o noso propio plan: convén parcelar a cuestión en aspectos homoxéneos, pero diversos entre si

     O escrito expositivo pode terminar cun brevísimo resume das opinións expostas e, sobre todo, coa formaulación razoada da que sostén o expositor.


3.- A ELOCUCIÓN

     Dado o fundamental carácter obxectivo anexo á exposición, as calidades de orde e claridade deben resaltar especialmente. A linguaxe debe ser sinxela, clara e apropiada, o que resulta compatible coa posibilidade de que o expositor deixe entrever ou manifeste explicitamente a actitude que adopta ante certos aspectos do que expón: respecto, admiración, adhesión, repulsa, ironía, humor... en doses prudentemente graduadas.


Exemplo de texto expositivo:
    
     ¿Cal será a fin da terra? Ata os anos trinta, parecía evidente que o Sol, como calquera outro corpo quente, tiña que acabar arrefriándose. Verquía e verquía enerxía ao espazo, polo cal esta inmensa fervenza tería que diminuír e reducirse pouco e pouco a un simple chorriño. O sol faríase laranxa, logo vermello, iría apagándose cada vez máis e finalmente se apagaría.
     Nestas condicións, tamén a terra se iría arrefriando lentamente. A auga conxelaríase e as rexións polares serían cada vez máis extensas. Por último, nin sequera as rexións ecuatoriais terían suficiente calor para manter a vida. O océano enteiro conxelaríase nun bloque macizo de xeo, e incluso o aire licuaríase primeiro e logo conxelaríase. Durante billóns de anos, esta terra xélida (e os demais planetas) seguiría xirando ao redor do defunto Sol. Pero aínda nesas condicións, a Terra, como planeta, seguiría existindo.
     Sen embargo, durante a década dos trinta, os científicos nucleares comezaron a calcular por primeira vez as reaccións nucleares que teñen lugar no interior do Sol e outras estrelas. E acharon que aínda que o Sol ten que acabar por arrefriarse, haberá períodos de forte quentamento antes desa fin. Unha vez consumida a maior parte do combustible básico, que é o hidróxeno, comezarán a desenvolverse outras reaccións nucleares, que quecerán o Sol e farán que se expanda enormemente. Aínda que emitirá unha cantidade maior de calor, cada porción da súa agora vastísima superficie tocará a unha fracción moito máis pequena desa calor e será, por tanto, máis fría. O Sol converteráse nunha masa xigante vermella.
     En tales condicións, é probable que a Terra se converta nunha ascua e logo se vaporice. Nese momento, a Terra, como corpo planetario sólido, acabará os seus días. Pero non vos preocupedes demasiado: botádelle oito mil millóns de anos

Ningún comentario:

Publicar un comentario