venres, 30 de novembro de 2012

Esquematizar

Esquematizar consiste en ordenar graficamente as palabras, frases, ideas, clasificacións, consecuencias, clases, conceptos, características, datos…

Diciamos, ao falar do subliñado, que se o fas ben, favorecerá, entre outras cousas, a eficacia e o acerto nos esquemas que teñas que facer nos teus estudos.
            Polo tanto, unha condición importante para realizar ben os teus esquemas é o acerto que logres ao subliñar as ideas dun texto.

            . Pero, que é un esquema?. É un escrito onde se consignan as ideas dun texto debidamente xerarquizadas.

            . Características dun esquema ben feito:

                        - Ideas formuladas por oracións simples.
                        - Ideas principais xunto á marxe esquerda do papel.
                        - Ideas secundarias, debaixo moi á dereita.
                        - Ideas terciarias xunto á marxe dereita.
                        - A presentación ou disposición do escrito deberá gardar equilibrio con amplos espazos brancos.
                        - A formulación das ideas farase con linguaxe persoal e non con frases do texto que se está esquematizando.
                        - Utilizaranse signos de realce como:
                                   . Números romanos e arábigos.
                                   . Letras maiúsculas e minúsculas.
                                   . Cores.
                                   . Puntos grosos.
                                   . Frechas.
                                   . Chaves.
                                   . Recadros.
                                   . Guións longos...

            . É importante que o esquema sexa claro e que dunha simple ollada se localicen as ideas principais.

            . Se o esquema está ben feito será moi fácil realizar o resumo do texto.
                        Unha diferenza notoria entre o esquema e o resumo consiste en que rapidamente se advirten no esquema, mirándoo de arriba cara a abaixo, as ideas esenciais dun texto; mentres que no resumo, para averiguar o contido, hai que lelo de esquerda a dereita e liña por liña.

TEXTO 1:

            O núcleo lingüístico de Cantabria que constitúe o novo romance esténdese inicialmente en tres direccións: ao Oeste avanza por territorio leonés e desarraiga as vellas formas lingüísticas, que quedan confinadas cara a Galicia, onde darán lugar ás do actual galego, quedando, ademais, como formas arcaizantes o bable, que se fala en Asturias; o saiagués, conservado na provincia de Zamora, e as formas dialectais do Bierzo, ao NO. da provincia de León (mirandés e maragato)
            Cara ao Este, o castelán ocupa lentamente, por un lado, considerables territorios de Álava, onde se falaba vasco; por outro, vai desaloxando as formas dialectais catalanoaragonesas que, non só ocupaban a totalidade do reino de Aragón, senón que chegaban ata Navarra e a Rioxa. Baste dicir que o xograr de Medinaceli que escribiu o "Poema de Mío Cid" en 1140 está frecuentemente influído por formas catalanoaragonesas. O dialecto aragonés conservouse durante toda a Idade Media e tiña características parecidas ao catalán.
            Finalmente, cara ao Sur, a cuña lingüística castelá realiza o seu máis rápido e decisivo avance, desarraigando, como di Menéndez Pidal, as antigas formas romances mozárabes e creando formas castelás que adquiren específicas características andaluzas.

ESQUEMA:

            AS TRES DIRECCIÓNS DA CUÑA CASTELÁ E OS SEUS EFECTOS.

. Cara ao Oeste AVANZA polo territorio Leonés
            - Desarraiga as vellas formas, que se chaman
                        . en Galicia=              GALEGO
                        . en Asturias=             BABLE
                        . en Saiago=               SAIAGUÉS
                        . no Bierzo=               MIRANDÉS
                                                                                    MARAGATO

. Cara ao Este
            - OCUPA territorios de Álava
            - DESALOXA dialectos catalanoaragoneses
                                   (Aragón, Navarra, A rioxa)

                  Exemplo: formas catalanoaragonesas no "Poema do Mío Cid"

. Cara ao Sur
            - DESARRAIGA o mozárabe
            - Crea formas castelás con caracteres andaluces.

TEXTO 2:

            Esquematiza o texto seguinte:

                        A agricultura é a explotación metódica do chan para obter vexetais, xeralmente combinada coa gandería. Son elementos necesarios o traballo e o inventario. A elección de cultivos (prado, campo, alternante, etc.) depende do clima, a índole do terreo e a situación do mercado. A maior parte dos produtos do campo proveñen directamente do cultivo de cereais e leguminosas, e no resto, de prados, devesas, hortas, árbores froitais e vides.
            A cría do gando, en primeiro lugar vacún como produtor de leite e para engorde e tiro, abarata notablemente a explotación agrícola polos abonos que proporciona e polo aproveitamento dos seus residuos, e transforma unha fracción dos froitos do campo en touciño, graxas, carne, etc.
            Distínguese o cultivo de parcelas, de prados pequenos, medianos e grandes, e os latifundios, pola explotación directa ou en arrendamento. Aumentaron o rendemento e diminuíron os custos, diversos progresos en materia de labranza, abonos, selección, sementeira e coidado das sementes, e na cría, nutrición e entretemento dos animais de granxa, e en perfeccionamentos técnicos das máquinas agrícolas.

(NOTA: Non esquezas de subliñar as ideas e lembra que as definicións ou afirmación son, xeralmente, máis importantes que as causas, comparacións, condicións ou consecuencias.
            Lembra tamén a importancia do uso de signos de realce e de equilibrio entre espazos brancos e escritos: a claridade depende deles).

Ningún comentario:

Publicar un comentario