Subliñar consiste en colocar unha raia debaixo das
palabras, frases ou ideas importantes, o que facilita a análise dun texto.
.- Que se debe subliñar:
. As partes a estudar dos
libros de texto.
. Algún tema de enciclopedias
para ampliar explicacións da clase.
. Os resumos e esquemas para
destacar algunha ideas.
.- O subliñado ben feito serve para:
- Fomentar a atención na lectura.
- Diferenciar o importante do que non o é.
- Favorecer a eficacia dos esquemas.
- Lograr a exactitude nos resumos.
.- Pasos para realizar un bo subliñado:
- Lectura do texto parágrafo por parágrafo.
- Subliñado previo a lapis das frases que
conteñen afirmacións, definicións, argumentacións, relacionadas co título do
epígrafe.
- Subliñado definitivo.
- Lectura do subliñado comprobando que o
contido esencial de cada parágrafo responde ao enunciado do título.
(NOTA:
Lembra que para subliñar acertadamente debes ler previamente o texto; lembra
tamén non subliñar os incisos, é dicir, as expresións que aclaran ou explican
as ideas, nin os exemplos nin adxectivación nin valoracións persoais).
TEXTO 1:
Os arcaísmos. En moitos aspectos, a lingua é un proceso
paralelo ao da vida. Hai palabras que en determinadas épocas teñen unha plena
vixencia, pero logo vanse perdendo ou pasan co tempo a constituír os arcaísmos.
En xeral, ao falar de arcaísmos, adoitamos referirnos case sempre a palabras
que se utilizaron na Idade Media, pero que logo se perderon, mesmo antes do Renacemento.
É o caso das palabras que aparecen nas Cantigas Medievais: "vegada"
(vez), "conquerir" (conseguir), "ren" (nada),
"capiduo" (capítulo).
O arcaísmo está provocado unha veces pola desaparición do
obxecto nomeado e outras porque a mesma realidade foi substituída por outra
palabra, como no caso de "ren" (nada).
O arcaísmo atópase, sobre todo, nos escritores do Rexurdimento
e do primeiro terzo do século XX, que imitaron a linguaxe das Cantigas
Medievais.
Os arcaísmos. En moitos aspectos, a lingua é un
proceso paralelo ao da vida. Hai palabras que en determinadas épocas teñen unha
plena vixencia, pero logo vanse perdendo ou pasan co tempo a constituír os
arcaísmos. En xeral, ao falar de arcaísmos, adoitamos referirnos case sempre a palabras que se
utilizaron na Idade Media, pero que logo se perderon, mesmo antes do
Renacemento. É o caso das palabras que aparecen nas Cantigas Medievais:
"vegada" (vez), "conquerir" (conseguir), "ren"
(nada), "capiduo" (capítulo).
O arcaísmo está provocado unha veces pola desaparición
do obxecto nomeado e outras porque a mesma realidade foi substituída por outra
palabra, como no caso de "ren" (nada).
O arcaísmo atópase, sobre todo, nos escritores
do Rexurdimento e do primeiro terzo do século XX, que imitaron a linguaxe
das Cantigas Medievais.
TEXTO 2:
A dixestión no
estómago
O estómago remove
constantemente o alimento que se vai mesturando cos xugos do estómago. No
estómago permanece o alimento de dúas a tres horas. Despois pasa ao intestino
delgado.
A dixestión no
estómago
O estómago
remove constantemente o alimento que se vai mesturando
cos xugos do estómago. No estómago permanece o alimento de dúas
a tres horas. Despois pasa ao intestino delgado.
TEXTO 3:
Nos cursos anteriores de
Bacharelato e noutros temas deste texto estudamos os organismos vivos en si
mesmos, sen ocuparnos das súas relacións co medio ambiente, onde viven e con
outros seres vivos. Todo organismo é un ser en relación, e Ecoloxía é a rama de
Bioloxía que se ocupa deste estudo; é dicir, das relacións dos seres vivos
entre si e co medio ambiente onde se desenvolven.
Etimoloxicamente, Ecoloxía significa "tratado da
casa, do fogar". Con este sentido utilizou a palabra Ecoloxía por primeira
vez Haekel, en 1968, na obra Morfoloxía Xeral dos organismos.
Posteriormente o danés Warning difundiuna na súa obra Oecology of Plants.
A Ecoloxía, como ciencia, adquiriu o seu máximo
desenvolvemento nos últimos cincuenta anos. A súa orixinalidade radica en que
estuda o organismo no seu contexto total, non illado. Como rama da Bioloxía, a
súa relación con outras ciencias é grande. Necesita o apoio especial das que
estudan o medio ambiente: Xeografía, Xeoloxía, Química e Física, entre outras.
Nos cursos anteriores de
Bacharelato e noutros temas deste texto estudamos os organismos vivos en si
mesmos, sen ocuparnos das súas relacións co medio ambiente, onde viven e con
outros seres vivos. Todo organismo é un ser en relación, e Ecoloxía é
a rama de Bioloxía que se ocupa deste estudo; é dicir, das relacións dos
seres vivos entre si e co medio ambiente onde se desenvolven.
Etimoloxicamente, Ecoloxía significa "tratado da
casa, do fogar". Con este sentido utilizou a palabra Ecoloxía por
primeira vez Haekel, en 1968, na obra Morfoloxía Xeral dos organismos.
Posteriormente o danés Warning difundiuna na súa obra Oecology of Plants.
A Ecoloxía, como ciencia, adquiriu o seu máximo
desenvolvemento nos últimos cincuenta anos. A súa orixinalidade radica en que estuda
o organismo no seu contexto total, non illado. Como rama da Bioloxía, a
súa relación con outras ciencias é grande. Necesita o apoio especial das
que estudan o medio ambiente: Xeografía, Xeoloxía, Química e Física, entre
outras.
TEXTO 4:
Clima desértico
O deserto ten dúas
características: a calor e a falta de auga, que fan difícil a vida neles. Os
cactos son as plantas mellor adaptadas ao clima do deserto. Non ten follas,
senón espiñas. Así non perden auga e as espiñas protéxenos dos animais.
Clima desértico
O deserto
ten dúas características: a calor e a falta de auga, que
fan difícil a vida neles. Os cactos son as plantas mellor adaptadas
ao clima do deserto. Non ten follas, senón espiñas. Así non perden auga e as
espiñas protéxenos dos animais.
TEXTO 5:
O carbón é un
mineral que se atopa no interior da Terra. Procede da descomposición de
vexetais soterrados hai miles de anos.
A orixe do carbón é
vexetal ou orgánico.
É de cor escura.
O carbón é
un mineral que se atopa no interior da Terra. Procede da descomposición
de vexetais soterrados hai miles de anos.
A orixe do carbón é
vexetal ou orgánico.
É de cor escura.
TEXTO 6:
O leite é unha
materia prima importantísima para a alimentación humana. Desde a antigüidade,
as persoas obtiñan por medios artesanais os derivados do leite: queixos,
manteiga e outros produtos.
Actualmente, o
leite é transformado en diversos produtos lácteos nas centrais leiteiras.
Nas explotacións
gandeiras móxense as vacas, a man ou con muxidoiras mecánicas. A continuación,
o leite pasa a centros de recollida refrixerados. Despois é transportada á
central leiteira en grandes camións cisterna.
Na central leiteira
elabóranse, entre outros, os seguintes produtos: leite, iogures, queixos,
requeixos, manteigas e batidos.
O leite é
unha materia prima importantísima para a alimentación humana.
Desde a antigüidade, as persoas obtiñan por medios artesanais os derivados do
leite: queixos, manteiga e outros produtos.
Actualmente, o
leite é transformado en diversos produtos lácteos nas centrais
leiteiras.
Nas explotacións
gandeiras móxense as vacas, a man ou con muxidoiras mecánicas. A
continuación, o leite pasa a centros de recollida refrixerados. Despois é transportada
á central leiteira en grandes camións cisterna.
Na central leiteira
elabóranse, entre outros, os seguintes produtos: leite, iogures,
queixos, requeixos, manteigas e batidos.
TEXTO 7:
Paisaxe fluvial na
Comunidade Valenciana
As concas dos ríos
presentan paisaxes similares:
. Curso alto: mato
e zonas de bosque. É frecuente ver antigos cultivos abandonados.
. Curso medio:
arborado e zonas de hortas. Abondan as presas.
. Curso baixo:
grandes zonas de regadío. Nestas zonas prodúcense as maiores concentracións
humanas.
Paisaxe fluvial na
Comunidade Valenciana
As concas dos
ríos presentan paisaxes similares:
. Curso alto:
mato e zonas de bosque. É frecuente ver antigos cultivos abandonados.
. Curso medio:
arborado e zonas de hortas. Abondan as presas.
. Curso baixo:
grandes zonas de regadío. Nestas zonas prodúcense as maiores
concentracións humanas.
TEXTO 8:
A conquista do
espazo
A humanidade ten
posta a súa mirada no espazo. Parece que pretende algo importante, unha
aventura arriscada, unha fazaña non sospeitada ata hoxe. Poderiamos
preguntarnos: Pensa o home abandonar a Terra?, está preparando o seu éxodo?,
ten o proxecto de habitar nalgún outro lugar da nosa galaxia? Quizais non se
poida contestar aínda a estas inquietantes preguntas, quizais o home non se
plantexou aínda de xeito consciente saír da Terra para non volver xamais a ela,
ninguén sabe se o fará algún día.
A conquista do
espazo
A humanidade
ten posta a súa mirada no espazo. Parece que pretende algo importante,
unha aventura arriscada, unha fazaña non sospeitada ata hoxe. Poderiamos
preguntarnos: Pensa o home abandonar a Terra?, está preparando o seu
éxodo?, ten o proxecto de habitar nalgún outro lugar da nosa galaxia? Quizais
non se poida contestar aínda a estas inquietantes preguntas, quizais o home
non se plantexou aínda de xeito consciente saír da Terra para non volver
xamais a ela, ninguén sabe se o fará algún día.
.- Tipos de subliñado:
Rectángulo....................................................................................................
para os títulos
Liña recta
dobre..............................................................................
para ideas importantes
Rotulador
reflectante............................................................................
para nomes e datos
Liña recta
simple............................................................................
para ideas secundarias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario