luns, 10 de decembro de 2012
venres, 7 de decembro de 2012
xoves, 6 de decembro de 2012
A argumentación
Argumentar consiste en
aportar razóns para substentar unha opinión; se esta posúe algunha consistencia
intelectual denomínase tese. Esta pode situarse ao principio do escrito
ou como conclusión.
Moitas veces, os escritos argumentativos refutan ou rexeitan
unha opinión contraria, por xulgala falsa. Pero non necesitan dese elemento:
basta con que o autor defenda unha opinión ou unha tese para que estea
realizando unha argumentación.
Argumentación e exposición soen producirse solidariamente.
Os textos argumentativos
poden ser expostos de diferentes maneiras pero sempre seguindo un determinado plan:
a tese pode aparecer como conclusión ou como punto de partida, pero o
importante é que ese plan existe sempre, sen el o escrito carecería de
consistencia e de forza e o lector non podería seguilo.
O plan debe adoptar a forma dun esquema, é dicir, dun
cadriño ordenado no que se anuncian brevemente as cuestións que imos tratar.
Isto obriga a reflexionar antes de escribir. A tese non se nos ocorre porque
si, senón que xurdiu grazas a uns argumentos previos; agora trátase de facelos
claramente explícitos, de topar quizais outros concomitantes e de documentalos
con exemplos que os apoien; despois hai que xerarquizar todos eses elementos
por orde de importancia, e de interrelacionalos. Ademais, deberemos renunciar
aos irrelevantes, aos que non se refiren directamente á tese, aos demasiado
sabidos, etc. Si, a contrución do esquema obríganos a pensar.
Exemplo de argumentación:
No seguinte texto Ortega e Gasset argumenta en favor dunha certa
función que atribúe ao marco dos
cadros.
[1] A parede onde colga a obra de Regoyos non ten máis de seis
metros. O cadro despraza unha mínima parte dela e, sen embargo, preséntame un
amplo anaco da rexión do Bidasoa: un río e unha ponte, un ferrocarril, unha
vila e o curvo lombo dunha alta montaña. ¿Como pode ser todo isto en tan exiguo
espazo? Evidentemente, está sen estar. A paisaxe pintada non me permite
comportarme ante el como ante unha realidade; a ponte non é, en verdade, unha
ponte, nin o fume o fume, nin o campo campiña. Todo nel é simple metáfora, todo
nel goza dunha existencia meramente virtual. O cadro, como a poesía ou como a
música, como toda obra de arte, é unha abertura de irrealidade que se abre
maxicamente no noso contorno real.
[2] Cando miro esta gris parede doméstica, a miña actitude é
forzosamente dun utilitarismo vital. Cando miro o cadro, ingreso nun recinto
imaxinario e adopto unha actitude de pura contemplación. Son, pois, parede e
cadro dous mundos antagónicos e sen comunicación. Do real ao irreal, o espírito
dá un salto como da vixilia ao sono.
[3] É a obra de arte unha illa imaxinaria que aboia rodeada de
realidade por todas partes. Para que se produza é, pois, necesario que o corpo
estético quede illado do contorno vital. Da terra que pisamos á terra non
podemos transitar paso a paso. É máis: a indecisión de lindes entre o artístico
e o vital perturba o noso goce estético. De aquí que o cadro sen marco, ao
confundir os seus límites cos obxectos útiles, extraartísticos que o rodean,
perda xeito e suxesíón. Fai falta que a parede real conclúa de súpeto,
radicalmente, e que subitamente, sen titubeo, nos atopemos no territorio irreal
do cadro. Fai falta un illador. Isto é o marco.
.- A TESE EN ORDE PROGRESIVA:
Para escribir o fragmento anterior, Ortega y Gasset debeu
realizar dúas operacións previas:
1.- "inventar" unha
idea.
2.- "dispor" o seu
desenrolo segundo unha certa orde ou plan.
Despois, deu forma lingüística definitiva ao texto.
O autor mantén aquí unha tese que inventou; éo porque a apoia
con sólidos e brillantes argumentos. Tal tese pode enunciarse aproximadamente
así: A función do marco consiste en separar netamente a realidade (que rodea
ao cadro) de irrealidade (en que el consiste).
Este tese sitúase ao final do fragmento. Non parágrafos [1] e
[2], o autor foi presentando feitos que serán necesarios para que a conclusión
gañe a adhesión do lector. Seguiu, pois, unha orde progresiva: o seu razoamento
partiu de fenómenos diversos facilmente observables, ata dar cun principio (a
tese) que os explica a todos (método indutivo).
Para alcanzar esta tese, o autor dispuxo os materiais da súa
exposición nunha orde determinada. Se en lugar de situala ao final, a
presentase ao principio, a orde sería diferente (método dedutivo). Ortega
dispón o escrito en tres parágrafos para facilitar a súa análise: é un plan
rigorosamente organizado, trazado con orde, facendo confluír observacións
diversas cara á tese que as explica.
COMO SE ORGANIZA A ARGUMENTACIÓN
As posibilidades de organizar interiormente un escrito son
moitas, pero o importante é que exista un PLAN, xa que sen el o escrito
carecería de consistencia e forza, non podería seguilo o lector, que iría e
viría dunha cuestión a outra, como deambulando polo texto; escritor e lector
malgastarían o seu esforzo.
Todo plan debe adoptar a forma dun esquema, é dicir, dun
cadriño ordenado no que se enuncien brevemente as cuestións que imos tratar.
Isto obriga a reflexionar antes de escribir.
.- ELABORACIÓN DO ESQUEMA
Escribamos primeiramente a tese: debemos tela sempre á vista,
para non apartarnos dela. Subliñaremos tamén a palabra ou palabras claves,
porque servirán de estímulo para a invención de argumentos e exemplos.
Debemos procurar, a continuación, fixar dous ou tres ideas
principais, de rango ou de importancia semellantes, que sirvan de cabezas para
outras tantas partes do escrito. Escribirémolas deixando entre elas espazo
suficiente para apuntar as ideas de apoio e os posibles exemplos que se aporten
como proba. Sinalaremos as ideas principais con números romanos e as de apoio
con letras maiúsculas; os exemplos, con cifras arábigas.
Así, teoricamente, o esquema ideal dunha disertación podería ser
o seguinte (dividido en dúas partes, pero podería subdividirse en tres ou
máis):
TESE
l. Idea principal
A. Idea de apoio
1. Exemplo
2. Exemplo
B. Idea de apoio
1. Exemplo
Breve conclusión parcial que confirma a idea principal
ll. Idea principal
A. Idea de apoio
B. Idea de apoio
1. Exemplo
C. Idea de apoio
Breve comentario final, baseado en todos os argumentos, que
confirma a tese.
Como é lóxico, os esquemas posibles son diversísimos, segundo o
número de ideas principais e de apio que acollan, e dos exemplos que prevean.
Pero teñen que estar ben xerarquizados, ben ordenados e ben equilibrados. Isto
último é tamén importante: unha excesiva cantidade de ideas de apoio e de
exemplos, ou o seu desproporcionado desenrolo, poden desviar a atención do
lector, en prexuízo das teses que defendemos.
Exemplo:
Partamos da afirmación: O home, ao asasinar a Natureza, suicídase.
Observemos as palabras clave: asasinar, suicida.
Inmediatamente suxiren a posibilidade de organizar a argumentación en dúas
partes, correspondentes a aquelas palabras. Procede entón inventar sendas ideas
principais, e tratemos de achar outras que a apoien. Poden ser estas:
I. O home, ao arrasar ríos, mares, terras e
bosques, convértese en asasino.
II. Pero como necesita as restantes formas
de vida, está suicidándose con isto.
Concentrémonos agora na primeira destas ideas principais, e
tratemos achar outras que a apoien. Comezaremos a apuntar as que percibimos
nitidamente:
A. O "progreso" obriga a producir
residuos contaminantes, que destrúan a vida vexetal e animal.
B. Ás veces, son accidentes os que producen
efectos exterminadores.
Estas ideas poden reforzarse con exemplos.
A. Idea de apoio (o "progreso"
obriga.....)
1. Peixes mortos en ríos que reciben augas residuais.
2. Animais mortos porque os seus alimentos contiñan insecticidas
opu outros tóxicos destinados a alimañas.
B. Idea de apoio (ás veces, son
accidentes.....)
1. Os naufraxios de grandes petroleiros producen mareas negras,
que ocasionan a morte de peixes e de aves acuáticas.
2. Escapes de material atómico ou de substancias velenosas; a
rexión italiana de Seveso tivo que ser evacuada en 1976, pola fuga de gas
tóxico que empregaban nunha fábrica; a fauna e flora da rexión quedou
destruída.
Convén agora formular unha brevísima conclusión referida á
primeira idea principal, que a confirme e sirva de transición para desenvolver
a seguinte. Podería ser esta:
Conclusión parcial: actuando voluntario ou involuntariamente así, o home mata. Compórtase
como asasino da Natureza.
As ideas de apoio para a segunda idea principal poderían ser:
A´: O home non ten dereitos especiais. E, se
os ten, posúe unha intelixencia que lle permite manter o equilibrio da
Natureza.
B´: Sen embargo, a emprega en
proveito propio, sen caer na conta de que está minando as bases da súa
subsistencia ao destruír a orde natural, porque todo el é solidario.
Tampouco nos faltarán exemplos que proben estas ideas.
A´: Idea de apoio (o home non
ten dereitos especiais...)
1. En china, hai poucos anos, perseguiuse aos pardais, porque
consumían gran cantidade de cereais nos campos. Pero os insectos proliferaron
de tal modo que foi preciso repoboar o país con pardais.
B´: Idea de apoio (sen embargo...)
1. O equilibrio natural, establecido ao longo de mopitos
séculos, pode compararse á dunha partida de xadrez: cada peza ha de estar no
seu sitio. Cando unha suprime ás das demais, xa non pode proseguir o xogo. Só
que o home non gaña, senón que perde, porque o seu destino é seguir xogando.
O esquema pode finalizarse cun breve comentario final que
confirme a tese:
A arrogancia humana non
ten límites. Cremos que o noso reinado sobre a Natureza nos autoriza a
aniquilala; pero, sendo nós seres naturais tamén, estámonos destruíndo ao
destruíla.
Este é o esquema obtido:
I. O home, ao arrasar ríos, mares, terras e
bosques, convértese en asasino.
A. O
progreso obriga a producir residuos contaminantes que destrúen a vida vexetal e
animal.
1. Ex.: Peixes mortos en ríos que reciben augas residuais.
B. Ás
veces son accidentes os que producen efectos exterminadores.
1. Ex.: Os naufraxios de grandes petroleiros producen a s
mareas negras que ocasionan a morte de peixes e aves acuáticas.
Conclusión parcial: actuando
voluntaria ou involutariamente así, o home mata. Compórtase como asasino da
natureza.
II. Pero como necesita as restantes formas
de vida, está suicidándose con isto.
A. O home
non ten dereitos especiais, E, se os ten, posúe unha intelixencia que lle permite manter o equilibrio da Natureza.
1. Ex.: Exterminio de pardais en China, e posterior repoboación.
B. Sen
embargo, emprégaa só en proveito propio, sen caer na conta de que está minando as bases da súa subsistencia ao destruír a orde natural , porque todo nel é
solidario.
1. Ex.: Comparación da orde natural cunha partida de xadrez.
BREVE COMENTARIO FINAL: (id)
mércores, 5 de decembro de 2012
A exposición
Expoñer é presentar unha cuestión calquera co propósito de
facela coñecer e comprender a outras persoas. A exposición normalmente asóciase
coa argumentación, é dicir, cun proceso máis persoal e creador, no cal o
expositor introduce ideas ou puntos de vista seus, defendéndoos con razóns e,
ás veces, combatendo outros que considera erróneos.
Na exposición predomina, pois, unha actitude obxectiva,
brindando a quen a le unha información que poida resultar útil ou necesaria.
Como todo escrito, consta dos tres compoñentes retóricos:
- a invención ou acopio de feitos
- a disposición ou orde no que se expoñen estes feitos
- a elocución ou expresión lingüística definitiva.
1.- A INVENCIÓN NO ESCRITO
EXPOSITIVO
Recibe o nome de documentación. Quen se dispón a expór algo debe
empezar por documentarse. Esta documentación debe aspirar a ser:
- o máis completa posible
- o máis moderna posible
- estritamente referente ao
tema que interesa
2.- DISPOSICIÓN DO ESCRITO
EXPLICATIVO
Debe partirse sempre do enunciado claro e inequívoco do
problema. A parte de figurar este abreviadamente no título, poden dedicarse as
primeiras liñas do escrito ao seu plantexamento, sobre todo se é moi extenso ou
ten moitas implicacións que non podemos desenrolar. Nese caso deben anuciarse
os límites que nos impuxemos na exposición, sinalando se é posible as cuestión
que deixamos fóra.
Se imos expor o tema historicamente, deberemos seguir unha orde
cronolóxica, amosando as sucesivas solucións que se aportaron, deixando para o
final a nosa adhesión a unha delas ou a nos propia resposta.
Cando o tratamento do tema non é histórico temos que establecer
o noso propio plan: convén parcelar a cuestión en aspectos homoxéneos, pero
diversos entre si
O escrito expositivo pode terminar cun brevísimo resume das
opinións expostas e, sobre todo, coa formaulación razoada da que sostén o
expositor.
3.- A ELOCUCIÓN
Dado o fundamental carácter obxectivo anexo á exposición, as calidades
de orde e claridade deben resaltar especialmente. A linguaxe debe ser sinxela,
clara e apropiada, o que resulta compatible coa posibilidade de que o expositor
deixe entrever ou manifeste explicitamente a actitude que adopta ante certos
aspectos do que expón: respecto, admiración, adhesión, repulsa, ironía, humor...
en doses prudentemente graduadas.
Exemplo de texto
expositivo:
¿Cal será a fin da terra? Ata os anos trinta, parecía evidente
que o Sol, como calquera outro corpo quente, tiña que acabar arrefriándose. Verquía
e verquía enerxía ao espazo, polo cal esta inmensa fervenza tería que diminuír
e reducirse pouco e pouco a un simple chorriño. O sol faríase laranxa, logo
vermello, iría apagándose cada vez máis e finalmente se apagaría.
Nestas condicións, tamén a terra se iría arrefriando lentamente.
A auga conxelaríase e as rexións polares serían cada vez máis extensas. Por
último, nin sequera as rexións ecuatoriais terían suficiente calor para manter
a vida. O océano enteiro conxelaríase nun bloque macizo de xeo, e incluso o
aire licuaríase primeiro e logo conxelaríase. Durante billóns de anos, esta
terra xélida (e os demais planetas) seguiría xirando ao redor do defunto Sol.
Pero aínda nesas condicións, a Terra, como planeta, seguiría existindo.
Sen embargo, durante a década dos trinta, os científicos
nucleares comezaron a calcular por primeira vez as reaccións nucleares que
teñen lugar no interior do Sol e outras estrelas. E acharon que aínda que o Sol
ten que acabar por arrefriarse, haberá períodos de forte quentamento antes desa
fin. Unha vez consumida a maior parte do combustible básico, que é o hidróxeno,
comezarán a desenvolverse outras reaccións nucleares, que quecerán o Sol e
farán que se expanda enormemente. Aínda que emitirá unha cantidade maior de
calor, cada porción da súa agora vastísima superficie tocará a unha fracción
moito máis pequena desa calor e será, por tanto, máis fría. O Sol converteráse
nunha masa xigante vermella.
En tales
condicións, é probable que a Terra se converta nunha ascua e logo se vaporice.
Nese momento, a Terra, como corpo planetario sólido, acabará os seus días. Pero
non vos preocupedes demasiado: botádelle oito mil millóns de anos
martes, 4 de decembro de 2012
As vangardas
Tendes aquí este blogue de Pilar Ponte, a nosa prezada Profa, para saber máis sobre as vangardas poéticas galegas do primeiro terzo do século XX. Del tiramos asemade esta presentación:
Unidade do texto
Nunca
debemos perder de vista o carácter unitario que debe ter todo escrito, calquera
que sexa a súa natureza (narración, descrición, exposición ou argumentación)
Esta unidade refírese ás tres fases retóricas coñecidas: invención, disposición
e elocución, tanto se se consideran independentemente ou no seu conxunto.
.- Polo tanto, no momento da invención,
será preciso descartar todas as ideas que non se refiren directamente ao tema.
Tan importante como acopiar ideas é rexeitar as inútiles ou impertinentes.
.- A disposición esixe igualmente que,
entre as partes do escrito, haxa unha trabazón e unha proporción internas, de
modo que se artellen loxicamente. E iso sen descoidar o feito de que a
variedade é necesaria para comunicar interese ao que se di.
.- A elocución debe adecuarse exactamente á
natureza xeral do tema e á particular do parágrafo; porque nun destes pode
dominar o ton expositivo, no seguinte o irónico, noutro o refutatorio... o
idioma terá que irse pregando a estas necesidades, pero sen perder a
uniformidade do rexistro adoptado. Queremos dicir que un parágrafo non pode
estar escrito en ton familiar, e pasar del a outro de ton neutramente
expositivo, e a outro exaltado ou pretendidamente lírico. O efecto total sería
de abigarramento e de caos.
UN EXEMPLO:
(1)"Unhas campás espértanme; son
tres campás: dúas fan un "tan, tan" sonoro e ruídoso, e a terceira,
como sobrecollida, temerosa, canta, por baixo deste acompañamento, unha melodía
longa, suave e melancólica. (2) Cervantes oiría entre soños todas as
madrugadas, como eu agora, estas campás melodiosas. (3) Aínda é de noite;
todavía a luz da alba non clarea nas rendixas da porta e da ventá. E eu volvo a
durmir. (4) E logo, as mesmas campás, o mesmo acompañamento clamoroso e a mesma
melopea suave, tórnanme a espertar. Xa a luz do novo día pinta raias e puntos
vivos nas madeiras das portas. Unha pombas ronronean no piso de arriba e andan
con golpen menudos sobre o teito; os pardais pían furiosos; asubía un merlo ao
lonxe... O campo está verde; na distancia, cando abrín a ventá, un vetusto
caserón, un dese típicos caserón manchegos, pechados sempre, amosa os seus tres
balcóns vellos, coas madeiras despintadas, misteriosas, inquietadoras".
Azorín
1.-
A INVENCIÓN:
Non require moito esforzo comprobar a
unidade da invención. Azorín proponse describir o seu primeiro espertar en
Esquivias, de onde foi a esposa de Cervantes; quixo sentir algunhas das
impresións que experimentaría este cando estivo alí e coñeceu á que sería a súa
muller.
O fragmento posúe, por tanto, un carácter
descriptivo. Alude, primeiro ás sensacións auditivas, e despois a sensacións
visuais. Sons e cores constitúen, pois, a invención do texto, non con
fría obxectividade, senón matizándoos con "impresións subxectivas"
que confiren ao texto un marcado carácter literario.
2.-
A DISPOSICIÓN:
O fragmento consta de dous parágrafos: o
(1) e o (4); o (3) no fai senón completar ao (1), que se refire a sons, cunha
referencia á falta de luz. O (2) intróducese entre eles coa finalidade de que o
lector non esqueza o obxectivo do ensaio: "sentir como Cervantes".
No (1) ( e o (3) que o continúa) o autor
expón o tema. Espértano "unhas campás", que na segunda oración
precisará "tres"; é capaz de describir as súas cualidades, non
percibe formas nin colores.
O (4) aportará sensacións visualis. Comeza
en paralelismo co (1). Na segunda metade, o parágrafo adícase por completo a
impresión dos ollos.
A disposición do fragmento obedece, pois, a
un esquema fortemente unitario:
-
(1) e (3): Primeiro espertar
-
(2): contribuíndo á unidade total o autor non exquece o tema xeral : "a
noiva de Cervantes".
-
(4): Segundo espertar.
3.-
A ELOCUCIÓN:
O fragmento de Azorín representa os
obxectos mediante un ponderado relevo das cualidades que neles percibe o autor,
confiado nos adxectivos.
RESUMO:
O fragmento de Azorín revela unha evidente
unidade nos seus tres compoñentes. Sendo a intención do autor describir as
sensacións visualis e auditivas do seu espertar en Esquivias, a elas limítase,
nelas concentra a súa invención. Como ese espertar faise en dous momentos, a
cada un adica un parágrafo ( (1) e (4)). Posto que a causa dese desvelo é
idéntica, marca esa identidade ao comezo de cada parágrafo. Dado que só no
cuarto hai luz, só nel hai descripcións visuais.
A disposición obedece en todo o proceso
cronolóxico do espertar. E a unidade fortalécese neste punto mediante a
homoxeneidade dos obxectos que evoca (sons de campás, ruídos de aves, casas) e
o contraste das súas cualidades.
Por último, a elocución supedítase ao
designio do escritor mediante un sabio emprego da adxectivación que potencia as
cualidades dos obxectos e os opón. Non poucas veces, as series de adxectivos
revelan o carácter emotivo e artístico do escrito.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)