Chámanlle a “Marquesiña” e os seus peíños endexamais se calzaron.
Vaí á fonte, depelica patacas e chámanlle a “Marquesiña”.
Non foi á escola por non ter chambra que pór e chámanlle a “Marquesiña”.
Non probou máis lambetadas que unha pedra de zucre e chámanlle a “Marquesiña”.
A súa nai é tan probe que traballa de xornaleira na casa do Marqués.
¡E aínda lle chaman a “Marquesiña”!
Exemplo de Comentario do texto:
Chamámbanlle a Marquesiña.
I-LOCALIZACIÓN
Trátase dun relato de
Cousas de Castelao, un conxunto de ilustracións e
textos que procuran reflectir dun xeito entre realista e crítico a
Galicia de comezos do século XX. Atopamos temas como o mundo labrego, mariñeiro
e o da emigración, tamén o da fidalguía.
O contexto literario das Irmandades da Fala e a Xeración Nós que
traballan arreo polo desenvolvemento da prosa e da narrativa en galego.
II-INTERPRETACIÓN
a)
Asunto: (resumo) Retrato da desigualdade imperante a través dunha
meniña pobre á que chaman “a Marquesiña” porque axuda a súa nai que
traballa na casa do Marqués.
Argumentos: Neste texto o contraste entre a palabra
Marquesa e todo o que non ten (antítese e ironía) esa meniña
- iña, un personaxe central pobre e inocente/ indefenso, destacado polo diminutivo.
Tema: a inxusta división social da Galicia do 1900.
Punto de vista: Un narrador en 3ª persoa omnisciente.
b)
Estrutura (partes e elementos do texto):
Introdución: (L.1) o contraste rotundo entre o nome e andar descalza
Nó: Descrición selecticva da vida da meniña pobre.
Desenlace: Descúbrese o motivo do nome co que se coñece a rapaciña. Engádese un epifonema exclamativo
Personaxes: Protagonista “a Marquesiña” (antagonista o Marqués, secundario a nai da rapaciña).
Espazo: a Galicia de comezos do XX na praza dunha vila.
Tempo Relatado: momentos precisos da infancia da “Marquesiña”.
Tempo do Discurso: visión non lineal retrospectiva e volta ao presente.
c)
A Linguaxe: ( o apartado máis importante onde debemos non só
citar recursos existentes,senón tamén argumentar a súa función no texto
con respecto ao tema).
Nivel semántico ou de contido:
-
Cadeas léxicas: Insistente “Marques-iña” (idea de meniña)
fronte léxico e accións negadas por adverbios que evidencian pobreza, a
escaseza aínda máis inxusta e cruel ao tratarse dunha persoa non
adulta.
-
Recursos: Contraposición ou antíteses (rico/ pobre),
Enumeración, diminutivos (debilidade e inocencia do protagonista),
epíteto (probe) epifonema (ironía tráxica)
Do que deducimos ou argumentamos o seu
ton crítico e emotivo para provocar un sentimento solidario cos que sofren a inxustiza.
Nivel morfosintáctico ou de forma:
-
Recursos: Repetición como se dun paralelismo, anáfora se tratase “chámanlle marquesiña” intensificación por repetición. Polisíndeton.
Do que deducimos e argumentamos
un ritmo lento que incide na mirada sobre a pobre e inocente rapaza que sofre unha inxusta situación.
III- VALORACIÓN:
2-Na procura da
identificación do autor texto anterior reparamos na temática e no estilo:
A
temática: A
preocupación polos problemas das clases humildes e co contexto galego (conflito de clase entre a fidalguía e labregos-mariñeiros de
1º terzo do século XX).
O
estilo: O lirismo e humorismo no tratamento dos personaxes para
retratar a Galicia real da súa época.
Prosa sinxela sen adornos,pero coidados finais.
Trátase dun texto narrativo da
prosa galeguista de comezos do XX, neste caso de corte
realista e crítico, cun fondo humorismo emotivo, denuncia da desigualdade social, un dos
problemas socias da Galicia que Castelao retrata colocándose ao carón dos humildes.
Trátase dun texto de
Cousas, cuxo estilo une maxistralmente unha ilustración a un texto de curta extensión, cargado de lirismo e intención cunha
narrativa sinxela, estrutura coidada, moi característica e persoal.