Deberás
de elaborar un texto en que deas conta de un dos aspectos estudados
nesta parte de Historia da lingua, ese aspecto debe de ser falso.
O
texto contará das seguintes partes:
INTRODUCIÓN
Realiza unha breve referencia á época estudada.
Esta parte deberá de ter un parágrafo que debe de estar
marcado visualmente.
CORPO DO TEXTO
Desenvolvemento da idea escollida dando o maior número de detalles
que poidas disimulando a falsidade do enunciado.
É habitual que este apartado estea formado por máis de un
parágrafo, o número dependerá dos aspectos diferentes que
desenvolvas. Pensa que un parágrafo se corresponde sempre con unha
idea. Como no caso anterior, debes de marcar os parágrafos
visualmente.
CONCLUSIÓN
Os textos deben de ter un remate que estea relacionado cos aspectos
analizados previamente.
Esta parte constará de un parágrafo.
E
en todo o texto lembra...
Cohesión ( emprega conectores, sinónimos, pronomes...). As ideas
debes de unilas así e non con guións, números, puntos...
Coherencia. Que non haxa contradición entre as túas ideas.
Adecuación. Que ten que ver coa cantidade da información e o
rexistro empregado.
E
tamén...
Deixa sempre marxes á esquerda e á dereita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario