Unha crítica literaria é unha
opinión razoada sobre unha obra literaria: unha novela, un álbum ilustrado, un
poema…
O
seu propósito é deixar constancia de se merece a pena ler, ou non, o libro,
álbum ilustrado, obra teatral… que vas comentar.
Aspectos que hai que destacar
- Pódese comezar coa presentación do libro: novela, álbum ilustrado, cómic, teatro, poesía… e sinalar que tipo de temática se trata (social, misterio, terror, amor, humor….
- A continuación búscase expor de xeito preciso o conxunto de aspectos que se desexan destacar, o tema principal, personaxes destacados, estrutura ou calquera que sexa. Non deas demasiados detalles e nunca digas o final.
- Por último, emítese un breve xuízo persoal destacando os aspectos positivos ou negativos do mesmo. É neste momento cando podes incluír as reflexións persoais que creas oportunas, debido que ata este momento, a función do texto debe ser fundamentalmente informativa.
Aquí podes contar que che
transmitiu o libro, que significou para ti, que sentiches ao lelo ou a que
lectores llelo recomendas e por que…
.
♦ Que a crítica non che saia nin demasiado longa,
nin demasiado curta. Se ocupa máis de media páxina, talvez esteas dando moitos
detalles; e se son só un par de parágrafos, probablemente esteas contando
demasiado pouco.
♦ Revísaa! É
importante que estea ben construída e
redactada, que nos informe do libro sen destripar o argumento e que , ao lela,
nos dea a todos moitas ganas de lelo tamén, ou non.
Ningún comentario:
Publicar un comentario