O xénero é un signo
gramatical que leva todo substantivo. Polo xénero os substantivos poden ser
masculinos ou femininos. Polo xeral, os substantivos teñen un só xénero: ou son masculinos ou son femininos. Non obstante, hai
substantivos que admiten a
variación de xénero e, xa que logo, poden estar en masculino ou en
feminino. Exemplo:
avogado/avogada
xudeu/xudía
A adscrición a un xénero ou a outro vén indicada
pola concordancia que o substantivo lles impón aos outros elementos do sintagma
nominal:
- Os substantivos masculinos combínanse coas
formas masculinas dos determinantes e adxectivos. Exemplo:
o
teléfono vermello
o
rapaz alto
- Os substantivos femininos combínanse coas formas
femininas dos determinantes e adxectivos. Exemplo:
a
ponte vella
a
vaca rubia
Son masculinos
·
Os
nomes das letras:
o a, o be, o ce, o gue, o e,
o xe, o uve...
·
Os
substantivos rematados en -ote:
o lote, o dote...
·
Os
rematados en -ume:
o fume, o cume... (pero a pesadume, a servidume)
·
Os
substantivos rematados en -me:
o abdome, o exame, o arame...
·
Outros
coma o leite, o mel, o fel, o sal, o
sinal, o labor, o nariz, o sangue, o berce, o labor, o sorriso, o ubre, o cárcere, o cal...
Son femininos
·
Os
substantivos rematados en -axe:
a homenaxe, a porcentaxe, a paisaxe, a
sondaxe... excepto traxe,
paxe, garaxe e personaxe (que tamén pode ser feminino).
·
Os
substantivos rematados en -se,
-ite:
a análise, a crise, a
énfase, a farinxite, a hepatite, a
dermatite...
·
Os
seguintes substantivos: a árbore, a arte,
a canle, a calor, a cor, a dor, a orde, a
orixe, a vertixe, a pantasma, a ponte, a síndrome, a suor...
·
A maioría das árbores froiteiras, o mesmo que a froita
que dan: a maceira, a cerdeira, a pereira, a nogueira, a ameixeira, a claudieira, a laranxeira...
Se o nome da froita é masculino, polo xeral o nome da árbore tamén
o é: o limoeiro-o limón, o pexegueiro-o pexego.
Son excepcións: a figueira-o figo, o castiñeiro-a castaña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario