Escribir un texto é un traballo, un traballo son horas de esforzo. Non
podemos crer que realmente existe a inspiración e con iso xa está
arranxado. Non, cómpre sentarse, cavilar e traballar. Asemade, podemos
seguir estes pasos:
1.- PROCURAR IDEAS
Temos que cavilar que é o queremos dicir, ata onde queremos chegar.
Podemos documentarnos consultando revistas, xornais ou Internet.
Despois, podemos construír un listado de ideas relacionados co tema.
2.- ORDENAR IDEAS
Deberemos en segundo lugar establecer relacións entre esas ideas que
vimos de apuntar. Logo, vén o proceso de seleccionar aquelas que máis se
adapten á finalidade do escrito, ordenándoas loxicamente.
3.- REDACTAR UN BORRADOR
Antes dunha redacción definitiva, debemos elaborar un primeiro texto,
que deberemos reelaboralo cantas veces sexa necesario. Estamos dicindo
aquilo que queriamos dicir?
4.- REDACCIÓN DEFINITIVA
Estamos ante o noso particular reto. Revisemos a ortografía antes de
nada (consulta o dicionario), a corrección gramatical, a concordancia, o
uso correcto de nexos, a orde de elementos na oración. O último paso e
comprobar a organización do texto, os parágrafos son unitarios no seu
contido? Lemos en voz alta o que escribimos e non paremos de corrixir
ata que esteamos convencidos do escrito.
As formas do discurso á hora de falar ou escribir son:
DESCRICIÓN:
Emprégase para indicar como son obxectos, persoas, lugares ou
sentimentos, indicando os detalles concretos. Aluden ao individual e
concreto cunha ordenación do obxecto e das súas partes no espazo.
NARRACIÓN:
Serve para contar unha historia, un suceso ou unha serie de sucesos que
lles ocorren a uns personaxes nunha secuencia temporal nun lugar. A
narración presenta unha orde lóxica e cronolóxica que se pode alterar
intencionadamente.
DIÁLOGO:
Emprégase cando se intercambia información entre varias persoas, chamadas interlocutores.
EXPOSICIÓN:
Utilízase para transmitir información sobre un tema, dándonos os
elementos máis relevantes que nos permiten coñecelo. O seu propósito é a
divulgación. A información é obxectiva, sen entrar en valoracións
subxectivas. A finalidade destes textos non é só aportar información
senón facer comprender un acontecemento, un fenómeno ou un proceso.
ARGUMENTACIÓN:
Empégase padra presentar feitos, problemas e razoamentos de acordo cunha
opinión, que normalmente é do autor. A finalidad é convencer ao
receptor dunha determinada opinión, modificando o coñecemento que o
receptor ten sobre o tema, para o que se aducen argumentos cos que se
reforza ese punto de vista e se rexeita o contrario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario