Os habitantes dunha mesma localidade ou rexión poden desenvolver ó longo do tempo modos lingüísticos particulares (variedades diatópicas: falares ou dialectos xeográficos),
que conforman unha variante diatópica da lingua. Eses modos ou falares
lingüísticos particulares son resultado de distintos factores. Entre
eses factores están:
-
A influencia das linguas de substrato e superestrato (prerromanas, célticas, suevo...).
-
A evolución do propio sistema: ó haber unha ausencia de contacto con outras comunidades que empreguen a mesma lingua -por mor de dificultades xeográficas, falta de contacto, migracións...- poden aparecer co tempo solucións fonéticas e/ou morfolóxicas diferentes.
O galego, como a maioría das linguas, posúe variedades internas dependentes da área xeográfica.
No seguinte mapa interactivo podedes ver e escoitar exemplos das variedades dialectais do galego.
A
unidade do galego vivo é moi grande, polo que non se pode falar de
dialectos (entre outras cousas, porque os falantes non teñen conciencia
de tal); é máis exacto falar de áreas lingüísticas con rasgos de seu
fronte ás falas veciñas.
A
dialectoloxía galega, grazas ós estudos realizados nas últimas décadas,
distingue tres variantes diatópicas e divide o territorio de fala
galega en tres grandes bloques dialectais, con varias áreas dentro de cada un:
Ningún comentario:
Publicar un comentario