Seguimos coa descrición.
Desta volta, faremos a descrición dunha persoa
1.- Elixe a persoa:
2.- Datos básicos
Nome:
Apelidos:
(Tamén podemos utilizar un Alcume)
Data de nacemento:
Cidade:
Profesión:
3.- Caracterización:
Estatura
Complexión
Aspecto
Cabelo
Ollos
Vestimenta
Carácter
Trazos e particularidades
4.- Con algúns destes elementos realiza comparacións ("O seu nariz puntiagudo é coma un alfinete", "as súas orellas semellan finos fíos de veludo"
5.- Asemade, transforma algúns destes mesmos elementos en metáforas ("na súa cara, baixo finos fíos de veludo -cellas estreitas e suaves-, dous soles saltaríns -ollos") ou imaxes ("os seus ollos son rubís" -brillantes-)
Hai escritores que se deteñen a facer minuciosas descricións
dos seus personaxes, revelando ao lector as características físicas e a
indumentaria dos mesmos con todo luxo de detalles.
Agora es ti quen debe elaborar un retrato. Lembra!: primeiro facemos un borrador antes da redacción definitiva que entregaredes.
Lembra o que xa explicamos anteriormente:
Se nos limitamos a describir os rasgos físicos (cara, boca, ollos,
cabelo, corpo...) estamos facendo unha prosopografía. Se nos fixamos na
súa maneira de ser, nos rasgos psíquicos (carácter, comportamento...)
estamos facendo unha etopea. Se combinamos ambos aspectos, o máis
frecuente, o que temos é un retrato. E por certo, lembrade que abondan
os adxectivos.
Xurxo era un mozo algo tímido que atopaba no baile a mellor terapia para os seus complexos, contradicións e depresións de adolescente. Fisicamente no pode dicirse que Xurxo tivese algún rasgo que destacara pola súa singular beleza, agás, quizais, os seus beizos grosos e sensuais.
O tío Lucas era máis feo ca Picio. Fórao toda a súa vida, e xa tiña preto de corenta anos. Porén, poucos homes tan simpáticos e agradables terá botado Deus ao mundo. Logo viña a voz, vibrante, elástica, atractiva. Chegaba despois o que aquela voz dicía: todo oportuno, discreto, enxeñoso, persuasivo.
A caricatura é a descrición dunh persoa, pero de forma burlesca, esaxerando os rasgos e deformando o seu aspecto. Utiliza os mesmos recursos ca o retrato, pero as comparacións e as metáforas serven para ridiculizar. Normalmente, as comparacións dos trazos do personaxe fanse con realidades consideradas baixas ou vulgares, ou ao revés mediante a elevación de realidades vulgares, que se presentan ironicamente como perfectas. Asemade, utilízanse adxectivos que destacan eses rasgos que serven para ridiculizar, xogos de palabras e hipérboles.

E estoutro:
Para describir unha persoa debemos seguir estas indicacións básicas:
- Despois de observar e reflexionar sobre a persoa que imos describir, organizaremos a información que nos parece máis destacada. A observación pode ser física ou mental, se imos describir a alguén que non está connosco, pero a quen coñecemos.
- Seguiremos unha orde, do máis xeral ao máis particular:
- Indicaremos o seu xénero (un home, unha muller, un rapaz... )
- Diremos a súa idade (naturalmente será a idade aproximada na maior parte dos casos: é unha nena de meses, un vello, unha velliña, un señor maduro, unha moza nova, terá uns vinte anos, andará polos corenta, etc.
- Citaremos a súa aparencia xeral: fermoso, feo, atlético, de aspecto canso, musculoso..
- Sobre a súa talla indicaremos se é unha persoa alta, baixa, anana, delgada, fraca, barriguda etc.
- A continuación describiremos a súa cara, pois é elemento das persoas no que máis nos fixamos e que o máis nos identifica. Ao falar da cara iremos tratando os distintos elementos: a súa forma (ovalada, cadrada, ancha...), o cabelo (abundante ou escaso, negro, loiro, ondulado, liso...), os ollos (grandes, pequenos, vivaces, alegres, claros, escuros, azuis, verdes...), os labios (grosos, finos, carnosos...), a fronte (ampla, pequena...) etc.
- Se é o caso falaremos dalgunha característica particular que teña a persoa descrita: calvo, bigote, barba, algunha mancha ou marca significativa.
- A continuación, xa para rematar o retrato físico, falaremos da súa vestimenta.
- Finalmente daremos información sobre o seu carácter: diremos se é unha persoa amable, sociable, antipática...
Non é obrigatorio seguir
necesariamente esta orde; son posibles outras organizacións, pero
sempre debe existir unha organización determinada, evitaremos dar a
sensación de saltar dun lado a outro sen orde concreta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario