4º ESO - A
Ramón valenzuela(1914 80) from trafegandoronseis
Ramón
de Valenzuela Otero (1914-1980) foi un político e escritor español
en lingua galega representante da narrativa galega no exilio despois
da Guerra Civil Española.
Naceu
en Mánduas, Silleda, na casa da viña, fillo dun médico e da súa
muller. Estudou o bacharelato en Santiago e matriculouse en Dereito e
Filosofía e Letras. Estudou os tres anos de Maxisterio e foi
destinado como mestre a Vigo, pero non chegou a dar clase alí por
mor do comezo da Guerra Civil. Foi entón cando desenvolveu unha
intensa actividade en Bandeira: creou unha escola para adultos, dando
clases en galego; formou un grupo teatral con algúns mozos da zona;
e organizou un grupo de Ultreya (organización
semellante aos exploradores xuvenís). Ademais,
durante un ano (máis ou menos) estivo narrando contos populares en
teatros e feiras de Bandeira.
En
1935 incorporouse ás Mocedades
Galeguistas
e nese mesmo ano o Partido
Galeguista
elixiuno conselleiro da zona Lalín-A Estrada. Ademais colaborou
activamente na Campaña
do
Estatuto de Autonomía
e co Seminario
de Estudos Galegos.
En agosto de 1936 foi detido en
Bandeira, encadeado na prisión de Silleda e posteriormente conducido
á de Compostela da que saíu por bos oficios dun familiar. Foi entón
cando, levado pola inseguridade de andar fuxido, ingresou no exército
sublevado e cambio ao bando republicano. Co exército foi a Cáceres,
a Barcelona e a Francia. Neste último lugar coñeceu á que había
ser a súa muller María Victoria, filla do deputado Villaverde. Co
comezo da Segunda Guerra Mundial, a familia de Villaverde marchou a
Arxentina pero Valenzuela queda en Francia para continuar coa súa
loita contra o fascismo.
Cando os alemáns ocuparon o
país, Valenzuela foi detido pola Gestapo e entregado á policía
política franquista. Levárono a Ávila e foi xulgado a 20 anos e un
día que comezou a cumprir na mesma prisión do lugar. Mais en 1944
foi liberado vixiado e inhabilitado para a docencia. Instalouse entón
en Vilagarcía de Arousa, onde casou coa súa muller e, licenciado xa
en Filosofía e Letras, conseguiu o indulto que o liberaba da prisión
atenuada. En 1949 marchou coa súa familia para Bos Aires.
En Bos Aires, Valenzuela
entregouse ao labor político e cultural. Colaborou como secretario
de Castelao e participou con el na Irmandade Galega.
Pronunciou múltiples conferencias en institucións galegas de
Arxentina e Uruguai; Colaborou en La Gaceta Literaria e en
Galicia Emigrante (revista de Luís Seoane e audición de
igual nome); e foi membro da Asociación Gallega de
Universitarios, Escritores y Artistas, na que impartiu clases de
xeografía galega. En Bos Aires é onde publicou a súa primeira
novela Non agardei por ninguén
(1957). En 1962 ingresou no Partido Galeguista de España,
sen abandonar o ideal galeguista.
Retornou
a España catro anos despois para instalarse en Madrid, onde
traballou como mestre e ensinou Xeografía e Historia de Galicia no
Círculo de Estudios Gallegos. En 1980 descóbreselle un
cancro de pulmón que lle levou a vida o 27 de outubro dese mesmo
ano, en Adina,Sanxenxo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario