4º ESO - A
Antón
Hipólito Alonso Ríos, nado en Camporrapado, Cortegada, Silleda, o 15 de agosto
de 1887 e finado en 1980, foi un mestre, escritor, líder agrarista e político
galego que presidiu o Consello de Galicia tras a morte de Castelao.
Este home é unha persoa moi importante en
Silleda , dado que é o seu lugar de orixe, pero tamén é unha das persoas máis
importantes de Galiciaxa que conseguiu sobrevivir nos montes de Galicia mentres
que os seus amigos e compañeiros foron capturados, torturados e asasinados.
Durante este tempo fíxose chamar “Siñor Afranio” e traballou como mendigo,
criado e traballador nas colleitas.
O seu
pai, Manuel Alonso, era caldeireiro, polo que percorría as aldeas de Galiza de
feira en feira ofrecendo os seus servizos. Até que un día, chega á festa de
Silleda e coñece a Matilde Ríos, de quen namora e con quen casa. Manuel Alonso
terá que deixar o seu antigo oficio para pór unha tenda de ultramarinos, e
pouco máis tarde abre outras dúas tendas de ultramarinos en Silleda, onde Antón
Alonso Ríos traballa como axudante no despacho dos negocios. Grazas á axuda de
Vicente Fraiz Andón, director da Escola Normal de Santiago, Antón cursa en
Santiago de Compostela a carreira de Maxisterio. En 1906 termina os estudos e é
nomeado profesor auxiliar da Escola Normal. Por razóns de saúde retorna a
Silleda, onde se dedicará a traballar a terra.
En maio de 1908 imitou algúns irmáns e
emigrou a Arxentina. En Bos Aires revalida o título de mestre, e ingresa como
suplente nunha escola da capital. De aí pasou a exercer o maxisterio noutras
escolas da provincia de Mendoza. Posteriormente, volveu a Bos Aires, onde
exerceu como director de escola e do 1913 ao 1920 de profesor de Historia no
Instituto Politécnico.
A súa preocupación política e social fora
medrando, de forma que no ano 1909 colabora na fundación de Sociedad Hijos de
Silleda, entidade que tiña como fin primeiro a creación de escolas. Alonso Ríos
fai visible xa a súa preocupación pola calidade do ensino nas escolas creadas
polos emigrantes, e defende a idea de que estes centros funcionen nun réxime de
federación baixo programas comúns con profesorado escollido.
Alonso Ríos casa moi novo con Oliva
Rodríguez, con quen tivo catro fillos. Dende 1919 a 1931 Alonso Ríos leva a
xerencia da Sociedad Científica Argentina, mentres que no tempo de vagar cursa
estudos na facultade de Filosofía de Bos Aires.
Coa proclamación da II República en 1931, a
Federación envía a Suárez Picallo e Alonso Ríos para que os represente en Galicia.
En maio de 1931 foi elixido unanimemente
presidente da Asemblea Republicana da Coruña para o estudo do Anteproyeito de
Estatuto da Galiza. Alonso Ríos tamén aproveita a escala en Barcelona para se
entrevistar con Francesc Macià, e de volta a Galiza, fai escala en Madrid, onde
ten un forte encontro con Casares Quiroga, a quen lle fai chegar as opinións da
emigración, facendo fincapé nos dereitos nacionais de Galiza, chegando a
proclamar en Compostela a I República Galega o 27 de xuño de 1931, a cal durou
unhas horas. Ao non saír elixido deputado en 1931 traballa como director da
escola fundada polos emigrantes de Tomiño "Aurora del Porvenir".
Durante a Guerra Civil foi perseguido polos
falanxistas e fíxose pasar por portugués, autobautizándose como Afranio de
Amaral. Estivo exercendo diferentes oficios durante esa época e ten que pasar
noites e días escapando polo monte, o que fixo que cando volvera para Arxentina
o recibiran coma un símbolo de resistencia.
Durante os últimos anos da súa vida, Alonso
Ríos continuou participando activamente en todas as actividades patrióticas da
colectividade, até a súa morte en 1980.
Ningún comentario:
Publicar un comentario