mércores, 5 de marzo de 2014

Antón Hipólito Alonso Ríos

Traballo realizado por Nuno Pérez Fernández.
4º ESO - A


Antón Hipólito Alonso Ríos, nado en Camporrapado, Cortegada, Silleda, o 15 de agosto de 1887 e finado en 1980, foi un mestre, escritor, líder agrarista e político galego que presidiu o Consello de Galicia tras a morte de Castelao.

  Este home é unha persoa moi importante en Silleda , dado que é o seu lugar de orixe, pero tamén é unha das persoas máis importantes de Galiciaxa que conseguiu sobrevivir nos montes de Galicia mentres que os seus amigos e compañeiros foron capturados, torturados e asasinados. Durante este tempo fíxose chamar “Siñor Afranio” e traballou como mendigo, criado e traballador nas colleitas.

   O seu pai, Manuel Alonso, era caldeireiro, polo que percorría as aldeas de Galiza de feira en feira ofrecendo os seus servizos. Até que un día, chega á festa de Silleda e coñece a Matilde Ríos, de quen namora e con quen casa. Manuel Alonso terá que deixar o seu antigo oficio para pór unha tenda de ultramarinos, e pouco máis tarde abre outras dúas tendas de ultramarinos en Silleda, onde Antón Alonso Ríos traballa como axudante no despacho dos negocios. Grazas á axuda de Vicente Fraiz Andón, director da Escola Normal de Santiago, Antón cursa en Santiago de Compostela a carreira de Maxisterio. En 1906 termina os estudos e é nomeado profesor auxiliar da Escola Normal. Por razóns de saúde retorna a Silleda, onde se dedicará a traballar a terra.

  En maio de 1908 imitou algúns irmáns e emigrou a Arxentina. En Bos Aires revalida o título de mestre, e ingresa como suplente nunha escola da capital. De aí pasou a exercer o maxisterio noutras escolas da provincia de Mendoza. Posteriormente, volveu a Bos Aires, onde exerceu como director de escola e do 1913 ao 1920 de profesor de Historia no Instituto Politécnico.

  A súa preocupación política e social fora medrando, de forma que no ano 1909 colabora na fundación de Sociedad Hijos de Silleda, entidade que tiña como fin primeiro a creación de escolas. Alonso Ríos fai visible xa a súa preocupación pola calidade do ensino nas escolas creadas polos emigrantes, e defende a idea de que estes centros funcionen nun réxime de federación baixo programas comúns con profesorado escollido.

  Alonso Ríos casa moi novo con Oliva Rodríguez, con quen tivo catro fillos. Dende 1919 a 1931 Alonso Ríos leva a xerencia da Sociedad Científica Argentina, mentres que no tempo de vagar cursa estudos na facultade de Filosofía de Bos Aires.

  Coa proclamación da II República en 1931, a Federación envía a Suárez Picallo e Alonso Ríos para que os represente en Galicia.

  En maio de 1931 foi elixido unanimemente presidente da Asemblea Republicana da Coruña para o estudo do Anteproyeito de Estatuto da Galiza. Alonso Ríos tamén aproveita a escala en Barcelona para se entrevistar con Francesc Macià, e de volta a Galiza, fai escala en Madrid, onde ten un forte encontro con Casares Quiroga, a quen lle fai chegar as opinións da emigración, facendo fincapé nos dereitos nacionais de Galiza, chegando a proclamar en Compostela a I República Galega o 27 de xuño de 1931, a cal durou unhas horas. Ao non saír elixido deputado en 1931 traballa como director da escola fundada polos emigrantes de Tomiño "Aurora del Porvenir".

  Durante a Guerra Civil foi perseguido polos falanxistas e fíxose pasar por portugués, autobautizándose como Afranio de Amaral. Estivo exercendo diferentes oficios durante esa época e ten que pasar noites e días escapando polo monte, o que fixo que cando volvera para Arxentina o recibiran coma un símbolo de resistencia.

  Durante os últimos anos da súa vida, Alonso Ríos continuou participando activamente en todas as actividades patrióticas da colectividade, até a súa morte en 1980.
 

domingo, 2 de marzo de 2014

Ramón de Valenzuela

Traballo realizado por María Framiñán e Ana Colmeiro Corral.
4º ESO - A

 
Ramón valenzuela(1914 80) from trafegandoronseis



Ramón de Valenzuela Otero (1914-1980) foi un político e escritor español en lingua galega representante da narrativa galega no exilio despois da Guerra Civil Española.

Naceu en Mánduas, Silleda, na casa da viña, fillo dun médico e da súa muller. Estudou o bacharelato en Santiago e matriculouse en Dereito e Filosofía e Letras. Estudou os tres anos de Maxisterio e foi destinado como mestre a Vigo, pero non chegou a dar clase alí por mor do comezo da Guerra Civil. Foi entón cando desenvolveu unha intensa actividade en Bandeira: creou unha escola para adultos, dando clases en galego; formou un grupo teatral con algúns mozos da zona; e organizou un grupo de Ultreya (organización semellante aos exploradores xuvenís). Ademais, durante un ano (máis ou menos) estivo narrando contos populares en teatros e feiras de Bandeira.

En 1935 incorporouse ás Mocedades Galeguistas e nese mesmo ano o Partido Galeguista elixiuno conselleiro da zona Lalín-A Estrada. Ademais colaborou activamente na Campaña do Estatuto de Autonomía e co Seminario de Estudos Galegos.

En agosto de 1936 foi detido en Bandeira, encadeado na prisión de Silleda e posteriormente conducido á de Compostela da que saíu por bos oficios dun familiar. Foi entón cando, levado pola inseguridade de andar fuxido, ingresou no exército sublevado e cambio ao bando republicano. Co exército foi a Cáceres, a Barcelona e a Francia. Neste último lugar coñeceu á que había ser a súa muller María Victoria, filla do deputado Villaverde. Co comezo da Segunda Guerra Mundial, a familia de Villaverde marchou a Arxentina pero Valenzuela queda en Francia para continuar coa súa loita contra o fascismo.

Cando os alemáns ocuparon o país, Valenzuela foi detido pola Gestapo e entregado á policía política franquista. Levárono a Ávila e foi xulgado a 20 anos e un día que comezou a cumprir na mesma prisión do lugar. Mais en 1944 foi liberado vixiado e inhabilitado para a docencia. Instalouse entón en Vilagarcía de Arousa, onde casou coa súa muller e, licenciado xa en Filosofía e Letras, conseguiu o indulto que o liberaba da prisión atenuada. En 1949 marchou coa súa familia para Bos Aires.

En Bos Aires, Valenzuela entregouse ao labor político e cultural. Colaborou como secretario de Castelao e participou con el na Irmandade Galega. Pronunciou múltiples conferencias en institucións galegas de Arxentina e Uruguai; Colaborou en La Gaceta Literaria e en Galicia Emigrante (revista de Luís Seoane e audición de igual nome); e foi membro da Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas, na que impartiu clases de xeografía galega. En Bos Aires é onde publicou a súa primeira novela Non agardei por ninguén (1957). En 1962 ingresou no Partido Galeguista de España, sen abandonar o ideal galeguista.

Retornou a España catro anos despois para instalarse en Madrid, onde traballou como mestre e ensinou Xeografía e Historia de Galicia no Círculo de Estudios Gallegos. En 1980 descóbreselle un cancro de pulmón que lle levou a vida o 27 de outubro dese mesmo ano, en Adina,Sanxenxo.