Esquematizar
consiste en ordenar graficamente as palabras, frases, ideas, clasificacións,
consecuencias, clases, conceptos, características, datos…
Diciamos, ao falar do
subliñado, que se o fas ben, favorecerá, entre outras cousas, a eficacia e o
acerto nos esquemas que teñas que facer nos teus estudos.
Polo tanto, unha condición importante para realizar ben
os teus esquemas é o acerto que logres ao subliñar as ideas dun texto.
. Pero, que é un esquema?. É un escrito onde se consignan
as ideas dun texto debidamente xerarquizadas.
. Características dun esquema ben feito:
- Ideas formuladas por oracións simples.
- Ideas principais xunto á marxe esquerda do
papel.
- Ideas secundarias, debaixo moi á dereita.
- Ideas terciarias xunto á marxe dereita.
- A presentación ou disposición do escrito
deberá gardar equilibrio con amplos espazos brancos.
- A formulación das ideas farase con linguaxe
persoal e non con frases do texto que se está esquematizando.
- Utilizaranse signos de realce como:
. Números romanos e arábigos.
. Letras maiúsculas e minúsculas.
. Cores.
. Puntos grosos.
. Frechas.
. Chaves.
. Recadros.
. Guións longos...
. É importante que o esquema sexa claro e que dunha
simple ollada se localicen as ideas principais.
. Se o esquema está ben feito será moi fácil realizar o
resumo do texto.
Unha diferenza notoria entre o esquema e o
resumo consiste en que rapidamente se advirten no esquema, mirándoo de arriba
cara a abaixo, as ideas esenciais dun texto; mentres que no resumo, para
averiguar o contido, hai que lelo de esquerda a dereita e liña por liña.
TEXTO 1:
O núcleo lingüístico de Cantabria que constitúe o novo
romance esténdese inicialmente en tres direccións: ao Oeste avanza por
territorio leonés e desarraiga as vellas formas lingüísticas, que quedan
confinadas cara a Galicia, onde darán lugar ás do actual galego, quedando,
ademais, como formas arcaizantes o bable, que se fala en Asturias; o saiagués,
conservado na provincia de Zamora, e as formas dialectais do Bierzo, ao NO. da
provincia de León (mirandés e maragato)
Cara ao Este, o castelán ocupa lentamente, por un lado,
considerables territorios de Álava, onde se falaba vasco; por outro, vai
desaloxando as formas dialectais catalanoaragonesas que, non só ocupaban a
totalidade do reino de Aragón, senón que chegaban ata Navarra e a Rioxa. Baste
dicir que o xograr de Medinaceli que escribiu o "Poema de Mío Cid" en
1140 está frecuentemente influído por formas catalanoaragonesas. O dialecto
aragonés conservouse durante toda a Idade Media e tiña características
parecidas ao catalán.
Finalmente, cara ao Sur, a cuña lingüística castelá
realiza o seu máis rápido e decisivo avance, desarraigando, como di Menéndez
Pidal, as antigas formas romances mozárabes e creando formas castelás que
adquiren específicas características andaluzas.
O núcleo lingüístico de Cantabria que
constitúe o novo romance esténdese inicialmente en tres
direccións: ao Oeste avanza por territorio leonés e desarraiga as
vellas formas lingüísticas, que quedan confinadas cara a Galicia, onde darán
lugar ás do actual galego, quedando, ademais, como formas
arcaizantes o bable, que se fala en Asturias; o saiagués,
conservado na provincia de Zamora, e as formas dialectais do Bierzo, ao
NO. da provincia de León (mirandés e maragato)
Cara ao Este, o castelán ocupa lentamente, por un
lado, considerables territorios de Álava, onde se falaba vasco; por
outro, vai desaloxando as formas dialectais catalanoaragonesas que, non
só ocupaban a totalidade do reino de Aragón, senón que chegaban
ata Navarra e a Rioxa. Baste dicir que o xograr de Medinaceli que
escribiu o "Poema de Mío Cid" en 1140 está frecuentemente
influído por formas catalanoaragonesas. O dialecto aragonés conservouse durante
toda a Idade Media e tiña características parecidas ao catalán.
Finalmente, cara ao Sur, a cuña lingüística castelá
realiza o seu máis rápido e decisivo avance, desarraigando, como di
Menéndez Pidal, as antigas formas romances mozárabes e creando formas
castelás que adquiren específicas características andaluzas.
ESQUEMA:
AS TRES DIRECCIÓNS DA CUÑA CASTELÁ E OS SEUS EFECTOS.
. Cara ao Oeste AVANZA polo
territorio Leonés
- Desarraiga as vellas formas, que se chaman
. en Galicia= GALEGO
. en Asturias= BABLE
. en Saiago= SAIAGUÉS
. no Bierzo= MIRANDÉS
MARAGATO
. Cara ao Este
- OCUPA territorios de Álava
- DESALOXA dialectos catalanoaragoneses
(Aragón, Navarra, A rioxa)
Exemplo:
formas catalanoaragonesas no "Poema do Mío Cid"
. Cara ao Sur
- DESARRAIGA o mozárabe
- Crea formas castelás con caracteres andaluces.
TEXTO 2:
Esquematiza o texto seguinte:
A agricultura é a explotación metódica do
chan para obter vexetais, xeralmente combinada coa gandería. Son elementos
necesarios o traballo e o inventario. A elección de cultivos (prado, campo,
alternante, etc.) depende do clima, a índole do terreo e a situación do mercado.
A maior parte dos produtos do campo proveñen directamente do cultivo de cereais
e leguminosas, e no resto, de prados, devesas, hortas, árbores froitais e
vides.
A cría do gando, en primeiro lugar vacún como produtor de
leite e para engorde e tiro, abarata notablemente a explotación agrícola polos
abonos que proporciona e polo aproveitamento dos seus residuos, e transforma
unha fracción dos froitos do campo en touciño, graxas, carne, etc.
Distínguese o cultivo de parcelas, de prados pequenos,
medianos e grandes, e os latifundios, pola explotación directa ou en
arrendamento. Aumentaron o rendemento e diminuíron os custos, diversos
progresos en materia de labranza, abonos, selección, sementeira e coidado das
sementes, e na cría, nutrición e entretemento dos animais de granxa, e en perfeccionamentos
técnicos das máquinas agrícolas.
(NOTA: Non esquezas de
subliñar as ideas e lembra que as definicións ou afirmación son, xeralmente,
máis importantes que as causas, comparacións, condicións ou consecuencias.
Lembra tamén a importancia do uso de signos de realce e
de equilibrio entre espazos brancos e escritos: a claridade depende deles).