domingo, 3 de outubro de 2021

Mandar un correo electrónico

 

 Observei que enviades uns correos pouco "profesionais". Aquí van unhas cantas regras:

1.- Prestade atención ao "asunto": nunca o deixedes en branco, e debe reflectir a información principal do correo. É o título da mensaxe.

2.- Saúdade axeitadamente. Comezade o voso correo con frases como "Bos días", "Boas tardes", "Ola"...

3.- Utilizade unha introdución. En xeral, a mellor práctica é que vos presentedes.

4.- Evitade as faltas de ortografía. Hai que ler e reler o correo antes de envialo, mesmo podedes utilizar un corrector de texto.

5.- Sinxeleza. Todo o que non sexa imprescindible hai que eliminalo. Non utilicedes emoticonas nin cores, así como debedes evitar excesivos signos de exclamación, interrogación, negriña...Asemade, non empreguedes as maiúsculas: equivalen a berros.

6.- Amabilidade. Dicir "por favor" e "grazas" sempre está ben valorado.

7.- Despedida. Hai que utilizar unha despedida axeitada, evitando fórmulas demasiado informais. Remata o correo cun peche como "Saúdos cordiais", "Atentamente", "grazas" ou calquera outra frase apropiada.

8.- Incluír o teu nome completo ao final do correo é unha cortesía elemental. Podes incluír algunha ligazón (páxina web ou conta de Twitter)

9.- Cando enviedes un arquivo adxunto a alguén que recibe moitos correos coma o teu (coma no noso caso), noméao co teu nome_apelido_nome da tarefa


Ningún comentario:

Publicar un comentario