Henrique, un famoso arquitecto compostelán de 50 anos,
convidou ao seu fillo Hadrián a ir
con el a Vigo á inauguración dun edificio que acababa de construír e que fora
premiado como modelo de construción ecolóxica.
De camiño, xa chegando á cidade Olívica, tiveron un
terrible accidente e unha ambulancia trasladounos axiña a Povisa. Alí, os
doutores viron que o pai estaba ben,
pero ante a gravidade das lesións cerebrais que padecía o rapaz decidiron
chamar para operalo a unha eminencia en
neuroanatomía, que nese momento estaba impartindo unha clase na USC, aínda que
sabían que só operaba no Clínico de Santiago e que non soía desprazarse a
outras cidades para operar.
Porén, a eminencia, tras recibir a chamada, desprazouse
inmediatamente en helicóptero a Vigo
para operar ao mozo. Esa rapidez sorprendeu aos doutores vigueses que, camiño
do quirófano, lle preguntaron por que
accedera a desprazarse nesta ocasión, ao que a eminencia respostou:
Como non ía facelo se é o meu fillo!
Entendestes
o texto?
Se non o entendestes é que tamén
vós tedes prexuízos, aínda que desta vez non son lingúisticos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario