Chamamos
propiedades
textuais a todos os requisitos que ha de cumprir calquera
manifestación verbal para poder considerarse un texto e, polo tanto,
para poder vehicular a mensaxe nun proceso de comunicación. Por
exemplo, unha lista de frases sobre un mesmo tema non é un texto,
porque lle falta a estruturación das ideas e os vínculos
gramaticais para poder formar unha unidade comunicativa, que exprese
un significado completo.
A
corrección do texto depende de cinco propiedades textuais:
adecuación, coherencia, cohesión, gramaticalidade e presentación.
Obviamente, a fronteira entre estas propiedades é difusa porque os
cinco apartados se refiren á mesma realidade, o texto, e só teñen
senso no seu conxunto global. Se as estudamos por separado é
exclusivamente para gañar en claridade expositiva.
A
ADECUACIÓN:
É a
propiedade textual que se refire á adaptación do texto á situación
comunicativa. É dicir,
ser adecuado significa escoller de entre todas as solucións
lingüísticas que che ofrece unha lingua a máis apropiada para cada
situación. Para tal fin, ten que reunir dúas condicións
fundamentais:
1.- Unha
intención comunicativa clara: o
propósito que o emisor pretende alcanzar coa súa acción verbal:
informar, ordenar, pedir, saudar, aconsellar, convencer, etc. Por
exemplo, se lle contas a un amigo como o pasaches nunha excursión,
pretendes informar; se unha empresa edita un folleto publicitario,
prentende atraer clientes,etc.
2.- Un rexistro (formal ou
coloquial) axeitado para cada acto de comunicación.
Rexistro
formal:
tratamento de vostede, oracións compostas, vocabulario específico
do tema, etc. É o rexistro que empregaremos na exposición dun tema,
nun exame, nunha extrevista de traballo, nunha conferencia, etc.
Rexistro
coloquial:
atuar, frases curtas eou inacabadas, uso de repeticións… É o
rexistro que empreñamos nunha charla entre amigos.
A COHERENCIA:
É a
propiedade textual que fai referencia á selección e organización
das ideas.
En función da situación comunicativa, establecemos cal é a
información relevante e a estrutura que lle queremos dar. Coherencia
é, pois, información clara, ben organizada, completa e
pertinente.
Fïxate no
seguinte texto:
As flores de maio son preciosas porque a terra é redonda. Non
todos saben que a bolsa subiu, aínda que non é un problema meu que
non che guste o café con azucre.
Analizado desde o punto de vista gramatical, vemos que respecta as
normas ortográficas, morfolóxicas, etc. Porén, non é un texto
correcto; nin sequera se pode afirmar que isto sexa un texto porque
fala de cousas moi dispares e inconexas para os receptores, que ten
que ver que as flores sexan preciosas con que a terra sexa redonda?,
e a bolsa cos teus gustos sobre café? Nada. . Así, pois, o feito de
conectar ideas que nós (a través do mundo que coñecemos)
percibimos como absolutamente desconectadas é o que fai que o texto
sexa incoherente.
Os aspectos máis importantes
relacionados coa coherencia son:
A) A
cantidade de información.
Refírese á selección da información sen caer no exceso de
información (repetición de ideas, datos sen importancia…) nin no
defecto da parquidade expresiva (lagoas nos datos que se aportan,
exceso de presuposicións, etc).
B)A
calidade da información.
Refírese á claridade na exposición das ideas para que o
destinatario poida entendelas sen necesidade de establecer hipóteses
para reconstruír o significado. Para iso debemos utilizar un
vocabulario preciso, achegar ejemplos, datos, comentarios…)
C) A
organización da información.
Refírese a como se ordena e estrutura a información. No texto debe
apreciarse:
* A
estrutura:
as ideas deben estar estruturadas segundo unha orde determinada (os
textos descritivos seguen unha orde espacial; os narrativos,
temporal; os expositivo-argumentativos, lóxica, etc). Nalgúns
textos a estrutura xa vén dada polo propio tipo de texto, por
exemplo, as cartas, que constan de tres partes: encabezamento, corpo
da carta e despedida; a noticia, de Titular, Entrada e Corpo, etc.
* Os
parágrafos:
trátase dunha unidade significativa e visual que desenvolve unha
única idea completa distinta da dos outros parágrafos e, marcada
por punto e á parte, xerarquiza a información por funcións:
parágrafo de introdución, de argumentación, de conclusións, etc.
* A
progresión temática:
refírese a como avanza a información. En calquera texto podemos
diferenciar dous tipos de información: información vella
(denominada tema ou tópico) e información nova ( denominada rema ou
comentario). O equilibrio entre o que se sabe (tema) e o que se
aporta como novidade (rema) asegura a comprensión.
Hai tres tipos de progresión
temática:
1.- De
tema constante:
todas as ideas están remitidas a un mesmo suxeito, por exemplo:
Antón colleu o paraugas, dirixiuse ó aparcadoiro, subiu ó coche
e arrancou.
Tema 1- Antón...........................Rema 1- colleu o paraugas.
Tema 1- “ ...........................Rema 2- dirixiuse ó
aparcadoiro
Tema 1- “ ...........................Rema 3- subiu ó coche.
Tema 1- “ ...........................Rema 4- arrancou.
2-De
tema lineal:
a información nova retómase como tema da seguinte proposición e
así sucesivamente, por exemplo:
Antón chega á clase lendo unha revista
que mercara na Praza Roxa, situada na zona nova da cidade.
Tema 1- Antón // Rema 1- chega á clase lendo unha revista.
Tema 2- A revista // Rema 2- mercáraa na
Praza Roxa.
Tema 3- A praza Roxa // Rema 3- está na
zona vella da cidade.
3-De
tema variado
: un hipertema desglósase en varios temas, por exemplo:
Grecia é unha península montañosa con
máis de dúas mil illas e unha vasta chaira central ó longo do mar
Exeo. Conta con dez millóns e medio de habitantes, cunha densidade
de poboación de oitenta persoas por Km2. O seu clima é
mediterráneo, con veráns secos e calorosos. O turismo, a industria
naveira e a agricultura son os seus principais recursos económicos.
TEMA 1- XEOGRAFÍA
|
TEMA 2- POBOACIÓN
|
TEMA 3- CLIMA
|
TEMA 4- ECONOMÍA
|
REMA 1- É unha península con máis de 2.000 illas e unha vasta
chaira central ó longo do mar Exeo.
|
REMA 2- Conta con 10 millóns de habitantes, cunha densidade de
poboación de 80 persoas por Km.
|
REMA 3-O seu clima é mediterráneo, con veráns secos e
calorosos.
|
REMA 4- O turismo, a industria naveira e a agricultura son os seus
principais recursos económicos.
|
Loxicamente os tres tipos de
progresión soen darse dentro dun mesmo texto. É máis, a
organización dun texto cun único tipo de progresión non soe ser
habitual e ademais dificultaría a súa comprensión e
interpretación.
REGRAS
DE COHERENCIA TEXTUAL:
1.-
Regra
de repetición.
O texto debe establecer repeticións entre os seus elementos, a
través de formas morfolóxicas e léxicas (pronomes, demostrativos,
sinónimos, etc.).
2.-
Regra
de progresión.
O avance do texto debe acompañarse de información nova ou rema.
3.-Regra
de non contradición.
A información nova non debe ser contraditoria semanticamente coa
información precedente.-
4.-
Regra
de relación.
A realidade que se describe no texto debe ser congruente co mundo
coñecido polos interlocutores.
A COHESIÓN.
A
cohesión é a propiedade mediante a cal se relacionan todos os
elementos do texto e, por tanto, as ideas que se expoñen nel. Fai,
pois, referencia á conexión (enlace, relación) que debe existir
entre as distintas unidades do texto (oracións, parágrafos).
As palabras, frases, oracións
e parágrafos conéctanse entre si a través de diversos mecanismos
sintácticos e semánticos (preposicións, conxuncións, pronomes,
sinónimos, puntuación, etc.) utilizados para indicar as relacións
entre as diferentes partes que compoñen o texto e que fan posible
que o texto sexa coherente, é dicir, que se entenda como algo
unitario.
Os
principais
procedementos
de cohesión
dun texto son: a cohesión léxica, os enlaces anafóricos e
catafóricos, a elipse, os conectores, a entoación (na oralidade),
os signos de puntuación e o uso de formas verbais..
1. A
cohesión léxica.
Consiste na repetición da mesma palabra ao longo do texto ( Onte
regaláronme un precioso gato.
É un gato
de angora) ou en substitucións léxicas dunha palabra por
sinónimos, hiperónimos, hipónimos, palabras comodín, metáforas,
etc..
Lembremos que un hiperónimo é unha palabra ou frase que posúe un
significado xeral capaz de integrar o significado máis concreto
doutras palabras agrupadas dentro dun campo semántico. Por exemplo,
flor
é o hiperónimo de
rosa, caravel, margarida,
etc.
Fíxate na
substitución léxica que se produce na seguinte oración: Cando
Anxeles prendeu o
porco
o día da mata, o
animal
resistiuse como se intuise o seu fin.
*
Substitución por palabras-comodín: El
di mentiras
...Non se poden dicir esas
cousas.
*
Substitución de nome común por nome propio:
A
praia
... Samil.
*
Substitución de nome propio por nome común:
O
Miño...
ese
río...
*
Substitución por metáforas: Aquel
neno
era tremendo. O
bribón
non quería ir á escola..
*Substitución
por definicións ou descricións (paráfrase):
as
estradas – as vías de comunicación.
2.-
Enlaces anafóricos e catafóricos.
Son palabras que aluden a un elemento anterior (enlaces anafóricos)
ou a un que aparecerá posteriormente (enlaces catafóricos). Unha
nena
corre
polo parque. Esta
achégase
a un bambán.// Cala, que xa estaban todos
alí:
Pedro, Paula e os fillos.
As
formas que con máis frecuencia desempeñan funcións anafóricas ou
catafóricas son: pronomes persoais tónicos e átonos,
demostrativos, posesivos, algúns indefinidos, relativos e adverbios
de tempo e lugar. Ex: O profesor de Lingua négase a cambiar a
data do exame. El é inflexible niso.
// Xoán pediume a moto prestada, a súa
tíñaa no taller. //Os alumnos de 3º de
E.S.O. van no museo. Atoparalos a todos alí.
3.Elipse: consiste en suprimir elementos que xa
se mencionaron no discurso ou se sobreentenden e, polo tanto, son
coñecidos polo receptor: A paisaxe de
Galicia é verde, a de Castela non tanto. // Hoxe imos
ao teatro, mañá ao cine.// Xoán está xogando, non vén estudar.
4.- Os
conectores e enlaces supraoracionais.
As ideas dun texto sucédense a través dunha relación lóxica e as
relacións entre esas ideas ou partes dun texto exprésanse mediante
conectores ou enlaces supraoracionais (preposicións, conxuncións,
adverbios, locucións, etc.). Os máis habituais son:
TIPO RELACIÓN
|
EXPLICACIÓN
|
CONECTORES
|
CAUSA-EFECTO
|
Serven para expresar razóns, motivos e efectos.
|
Polo tanto, por conseguinte, daquela, entón, pois, en efecto, por
iso, por esta razón, así que, de maneira que...
|
OPOSICIÓN
CONTRASTE
|
Serven para introducir oposicións e dificultades.
|
Pola contra, non obstante, nembargantes, pero, mais, en troques,
en cambio, con todo, de calquera modo, agora ben, etc.
|
ADICIÓN
AGREGACIÓN
|
Serven para engadir novas ideas.
|
E tamén, ademais, así mesmo,por outro lado, igualmente, á
parte, etc.
|
ORDENACIÓN
TEMPORAL, ORDE.
|
Expresan sucesión ou simultaneidade no tempo.
|
Antes, despois, mentres, a partir de , a continuación, de
seguido, ó mesmo tempo, inmediatamente, de entrada, en primeiro
lugar, finalmente, por último, etc.
|
ORDENACIÓN
ESPACIAL
|
Serven para establecer relacións entre as partes ou elementos que
constitúen un todo unitario.
|
Arriba, abaixo, no medio, ó lado, á beira, no fondo, á
esquerda, á dereita, dentro, fóra, no centro, lonxe, no
exterior, no interior, diante,
|
CONCLUSIÓN
|
Expresan a resolución do que se tratou previamente.
|
En conclusión, en consecuencia, a fin de contas, en fin, para
rematar, etc.
|
ACLARACIÓN, EXEMPLIFICACIÓN
|
ACLARAN IDEAS.
|
É dicir, isto é, ou sexa.....
|
Exemplo:
En primeiro lugar
tomou a palabra o concelleiro de urbanismo e sinalou as liñas
fundamentais do novo PXOU; posteriormente,
falou o presidente da Asociación de empresarios quen salientou a
importancia do plano para o desenvolvemento futuro da vila de Lalín;
por último,
interviu o alcalde destacando o consenso social acadado en materia de
urbanismo.
5.-A
entoación:
é un importante mecanismo de cohesión da lingua oral, porque indica
se unha oración remata ou non, e tamén marca a modalidade
oracional: interrogativa, afirmativa, dubitativa, etc. Por exemplo,
existe diferenza entre a afirmación María
vén,
a interrogación¿María
vén?
e a admiración
¡María vén!
6.-
A
puntuación
serve para marcar as diferentes partes dun texto. A coma separa
frases e sintagmas; o punto e seguido, oracións; o punto e á parte,
parágrafos, e o punto final indica o remate do texto. A correcta
utilización dos signos de puntuación axuda a comprender o
significado que cada emisor lle quixo dar ao seu texto. Por exemplo,
a presenza ou ausencia de coma cambia o significado das seguintes
frases:Maruxa,
trae o libro // Maruxa trae o libro
7.- As
relacións temporais
(tempos
verbais). Os verbos do texto manteñen unha correlación lóxica e
estreita en todo o discurso. Por exemplo, nas seguintes oracións non
hai unha correlación lóxica entre as formas verbaisporque mestura
descoidadamente pasado e presente e iso fai que se resinta a
cohesión:
Ela era
alta e fraca. Ten
os ollos claros...
ou en Onte
vinte
na estación cando baixarías
do tren.
A GRAMATICALIDADE:
É a propiedade textual que se
refire ao uso correcto da lingua no aspecto ortográfico,
morfolóxico, sintáctico e léxico.
Ortografía.
Refírese á utilización correcta da forma escrita da lingua. Esta
forma escrita baséase en normas convencionais e o seu coñecemento é
imprescindible para elaborar un texto correcto. Os erros de grafía
soen centrarse na utilización de v
por b
ou viceversa, na confusión de homófonos (ha
verbo
por a
preposición.),na acentuación incorrecta das palabras, na puntuación
do texto, no cambio da orde das letras (catredal),
na separación irregular das palabras (fíxome
un afoto),
etc.
Morfoloxía.
Refírese ao ámbito das palabras: como se debe formar o feminino,
como se debe formar o plural, como é a conxugación verbal, etc.
Sintaxe.Refírese
ao ámbito das frases e oracións: como é a orde das palabras nun
enunciado maior, as concordancias, como se establecen relacións
entre as palabras dunha frase ou oración, porque toda expresión
lingüística está constituída por palabras (sustantivos,
adxectivos, verbos, adverbios, preposicións, etc.) que manteñen
relacións sucesivas e cada unha aporta unha significación concreta
na súa relación coas demais, polo que o significado do conxunto
deriva da suma dos elementos que o compoñen.
PRESENTACIÓN:
Refírese
á disposición gráfica do texto escrito. A presentación engloba
formato, marxes, deseño, tipografías, caligrafía, etc.