martes, 30 de xaneiro de 2018

NON

Analizade o seguinte poema de CELSO EMILIO FERREIRO, pertencente ao seu libro Longa noite de pedra:


                  NON

Si dixese que si,
que todo está moi ben,
que o mundo está moi bon,
que cada quen é quen…
Conformidá.
Ademiración…
Calar, calar, calar,
e moita precaución
Si dixese que acaso
as cousas son esí,
porque si,
veleí,
e non lle demos voltas.
(Si aquil está enriba
i aquil outro debaixo
é por culpa da vida.
Si algunhos van de porta en porta
cun saco de cinza ás costas
é porque son unhos docas).
Si dixera que si…
Entón sería o intre
de falar seriamente
da batalla das froles
nas festas do patrón.

Pero non.
 

Podedes escoitalo aquí:



(Paradigma de inconformismo)



Ningún comentario:

Publicar un comentario