A NARRACIÓN.
Narrar
é contar uns feitos que sucederon. O narrador conta, relata, refire unha
historia (un feito real ou imaxinario no que suceden determinadas accións) que
lle sucede a alguén (personaxes humanos ou non, reais ou ficticios, individuais
ou colectivos) e desenvólvese nun determinado lugar e tempo. A narración
interrómpese con frecuencia pola presenza de descricións, diálogos, aínda que é
posible que unha narración por si soa chegue a constituír un texto propiamente
dito.
Por tanto, narrar é contar uns feitos reais ou imaxinarios cuns personaxes nun tempo e lugar determinados.
A
narración utilízase principalmente nos textos literarios e xornalísticos, pero
pode aparecer en calquera tipo de texto, incluída a conversa. A función
predominante é a referencial, pero iso non implica que a intención comunicativa
sexa necesariamente informativa, pode ser entreter, convencer, etc. É dicir, a narración aparece en contos e novelas pero tamén se dá a narración espontánea oral ou en xéneros xornalísticos de información como a noticia ou a reportaxe
1.- A ESTRUTURA
BÁSICA dunha unidade narrativa é a seguinte:
- Introdución ou situación inicial da que se parte. O narrador presenta os personaxes situándoos nun marco espazo-temporal determinado.
- Desenvolvemento, conflito que altera a situación inicial e que desenvolve o proceso narrativo: as accións, acontecementos nos que se produce unha complicación problemática.
- Desenlace, no que se produce a resolución dos sucesos narrados.
O autor pode introducir alteracións a este tipo de
estrutura básica que alteran a orde lineal:
- Pódese prescindir da presentación e empezar a narración directamente no conflito, “in media res”
- Mesmo se pode iniciar o relato polo final. Ambas técnicas alteran a orde lineal. O autor pode prescindir do desenlace co que consegue un relato de final aberto e obriga ao lector a imaxinar posibles desenlaces.
Toda narración literaria ten,
ademais, un sentido (finalidade): este é o motor que xera o relato. Non sempre é
explícito e pode ocorrer que se infira do relato pero que non se inclúa nel. Un
exemplo moi claro de “sentido explícito” é a sentenza (“moraleja” en castelán)
dos contos tradicionais. O sentido é o que explica a finalidade do relato.
2.- HISTORIA E
DISCURSO
En toda narración debemos
distinguir en primeiro lugar entre historia
(o que se conta), sucesión de acontecementos (accións) narrados, dispostos na
súa orde temporal cronolóxica (tempo da historia) e causal, tal e como aconteceron,
realizados por uns personaxes nun tempo e espazo determinados, e discurso (como se conta), o xeito como
se conta a historia, as accións ordenadas conforme ao designio do autor; é dicir,
a construción da historia, a secuencia dos feitos tal e como se presenta ordenada
no texto.
3.- PERSONAXES
Segundo o seu papel na historia os
personaxes poden ser protagonistas ou
secundarios. Os protagonistas ou principais realizan unha serie de accións para conseguir
uns obxectivos, son o motor da acción e están caracterizados de forma máis completa; outros personaxes (principais ou secundarios) axudan aos
protagonistas a conseguir os seus obxectivos (aliados) ou lles poñen obstáculos
(adversarios); os secundarios teñen unha participación menos relevante na acción e a súa caracterización é moi superficial.
Tamén pode aparecer un antagonista, que é o personaxe que se
opón ás accións do protagonista e intenta que non consiga o seu propósito
Os personaxes poden ser planos, aqueles que responden durante
toda a obra a un esquema establecido desde a súa aparición sen variar no
desenvolvemento da acción. Normalmente este esquema tipo verá configurado por
obras literarias anteriores, neste caso os personaxes
serán arquetípicos. Unha segunda posibilidade é un tratamento fondo dos
personaxes principais que responden a unha complexidade psicolóxica
considerable e que, polo tanto, non serán facilmente reducibles a un esquema;
estes son denominados caracteres
redondos e van evoluíndo a medida que avanza a historia.
4.- ESPAZO E TEMPO
O espazo pode estar concibido
como un espazo obxectivo, é dicir, como un reflexo máis ou menos fiel do mundo
real, ou ben como un espazo subxectivo cando aparece determinado pola
percepción que o personaxe realiza desde a súa subxectividade. Pode ser exterior, rural ou urbano, ou interior cando a acción transcorre en espazos pechados.
En canto ao tempo, hai que diferenciar entre o tempo do discurso e o tempo da historia. O tempo da historia é o momento no que se sitúan os acontecementos, podemos dicir que é un tempo externo.
O tempo do discurso ou tempo interno ten que ver coa orde na que se narran os sucesos e coa súa duración. Cando o narrador relata os feitos na orde en que sucederon dise que é una narración lineal -tempo lineal ou cronolóxico-, pero pode haber alteracións da orde que dean lugar a saltos temporais ou anacronías, que se producen cando hai discordancia entre a orde da historia, lóxica e lineal, e a orde do discurso, subxectivo e dependente do punto de vista. Hai dous tipos fundamentais de anacronías: a analepse (flash back), evocación de momentos anteriores, ou sexa, saltos temporais cara ao pasado, e a prolepse (flashforward), anticipación de acontecementos posteriores ao tempo da historia. O tempo pode ser in media res, cando o relato comeza polo medio da historia, logo hai un salto temporal cara atrás, co fin de informar ao lectorado dos acontecementos anteriores ao comezo da historia, para, finalmente, narrar os sucesos que acontecen ata o desenlace da mesma.
Por outra banda, o ritmo pode ser rápido, cando moito tempo é tratado en poucas liñas, ou lento cando a recreación dun momento temporal é tratado en moitas liñas ou en moitas páxinas porque o autor ou a autora considérao significativo para a historia que está a contar.
O tempo do discurso ou tempo interno ten que ver coa orde na que se narran os sucesos e coa súa duración. Cando o narrador relata os feitos na orde en que sucederon dise que é una narración lineal -tempo lineal ou cronolóxico-, pero pode haber alteracións da orde que dean lugar a saltos temporais ou anacronías, que se producen cando hai discordancia entre a orde da historia, lóxica e lineal, e a orde do discurso, subxectivo e dependente do punto de vista. Hai dous tipos fundamentais de anacronías: a analepse (flash back), evocación de momentos anteriores, ou sexa, saltos temporais cara ao pasado, e a prolepse (flashforward), anticipación de acontecementos posteriores ao tempo da historia. O tempo pode ser in media res, cando o relato comeza polo medio da historia, logo hai un salto temporal cara atrás, co fin de informar ao lectorado dos acontecementos anteriores ao comezo da historia, para, finalmente, narrar os sucesos que acontecen ata o desenlace da mesma.
Por outra banda, o ritmo pode ser rápido, cando moito tempo é tratado en poucas liñas, ou lento cando a recreación dun momento temporal é tratado en moitas liñas ou en moitas páxinas porque o autor ou a autora considérao significativo para a historia que está a contar.
5.- NARRADOR E
PUNTO DE VISTA
O narrador (ente de ficción
encargado de contar a historia) pode relatar os feitos en primeira persoa,
(narrador personaxe/narrador protagonista), en terceira persoa, (narrador testemuño
dos acontecementos) ou mesmo en segunda persoa (como un desdobramento da primeira
persoa):
O
grao de coñecemento dos feitos por parte do narrador determina a perspectiva ou
punto de vista, que pode cambiar ao longo do relato. O primeiro elemento estrutural
na narración é o punto de vista xa que o problema previo á estruturación da
materia narrativa é saber quen será o narrador e desde que punto de vista vai
ser tratada. Atendendo á perspectiva podemos distinguir os seguintes
narradores:
- Punto de vista externo: o narrador é unha voz situada FÓRA da historia, conta feitos nos que on participou como personaxe, limítase a narralos “dende fóra”:
- Narrador omnisciente: o narrador
domina toda a historia, o que ocorre dentro e fóra de cada personaxe -mesmo os pensamentos e sentimentos-, antes e
despois, pero non participa na historia.
- Narrador observador (narrador
obxectivista): só conta o que ve e o que oe (accións externas), como unha
cámara fotográfica, sen saber (e polo tanto non pode contalo) o que pensan ou
senten os personaxes. Ás veces esta voz pode estar dentro da historia, polo
tanto, pode ser interno ou externo. Ex.: Crónica
de una muerte anunciada).
- Narrador editor: o escritor finxe
que a obra non a escribiu el, senón que a atopou escrita e limítase a editala.
Ás veces son cartas as que o autor di estar publicando. É unha técnica parecida
á do “relato dentro do relato”, onde un personaxe narra a outro unha historia.(Utilizado xa en “Las
mil e unha noites”).
- Punto de vista interno: o narrador sitúase dentro da historia, como un dos personaxes que participan na acción. Hai varios tipos de narradores internos:
1.
Narrador protagonista: usa
preferentemente a primeira persoa narrativa
2.
Narrador personaxe secundario, que
pode alternar o uso da primeira e terceira persoa. (Ex.: as narracións de
Sherlock Holmes).
3.
Narrador testemuña, presente como
espectador, utiliza preferentemente a terceira persoa. Tamén pode utilizar a
segunda.
6.- A NARRACIÓN
PRESENTA OS SEGUINTES RASGOS LINGÜÍSTICOS:
- Uso do perfecto para enunciar os feitos e do imperfecto para presentar o desenvolvemento das accións, aínda que alterna co presente histórico para achegar o lectorado ao momento do ocorrido e para evitar a reiteración abusiva do pretérito: Chegou cedo, Camiñaba pola rúa cando escoitou un berro
- Predominio de oracións enunciativas
- Relevancia de complementos circunstancias de lugar e tempo. As expresións temporais permiten a progresión no acontecer dos feitos: mentres, logo, despois, ao principio...
- Utilización de subordinadas adverbiais de causa, finalidade e consecuencia e de coordinadas copulativas que permiten a organización lóxica das accións. A utilización dunhas ou doutras fai variar o ritmo narrativo: as oracións breves con coordinación crean un ritmo rápido, mentres que as oración longas con subordinadas fan que o ritmo sexa máis lento.
- Presenza dos estilos directo e indirecto, ou sexa, diálogos: Contestoulle: -Boh!; Lembroulle que era tarde.
- Utilización de verbos de movemento,
acción e lingua: Correu tras ela; Díxolle que non estaba
- Emprego de adverbios deícticos de lugar e tempo: Ocorreu alí; Coñeceuno onte
- Presenza de substantivos que amosan novas realidades.
- Secuencias descritivas.
En resumo, cales
son so cinco elementos da narración?
-
Narrador:
interno (1ª persoa) ou externo (3ª persoa)
-
Personaxes:
principal (protagonista) e secundarios. Pode aparecer un antagonista.
-
Lugar:
aberto ou pechado; real, imaxinario ou fantástico
- Tempo:
desde o principio, a metade da historia (o máis frecuente) ou desde o final;
tempo externo ou tempo interno.
-
Acción:
formulación, nó e desenlace
Que outros elementos debemos ter en contar para a
redacción dun texto narrativo?:
- .-
División do texto narrativo en capítulos
ou secuencias.
- .- Introdución de descricións de persoas,
lugares ou obxectos.
-
.- Introdución de diálogos entre
personaxes.
-
.- Creación ou non de suspense.
-
.- Final aberto ou pechado.
.-.-Uso de expresións espaciais (aquí, alí,
diante, máis atrás...) e temporais (entón, onte, ao mesmo tempo...)
- .-
Uso preferentemente de verbos en pasado
como o imperfecto (cantaba) ou o o perfecto
(cantou).
- .-
Uso de verbos de acción ou de lingua
(dicir).
O TEXTO NARRATIVO.
A NARRACIÓN NON FICCIONAL
Hai outro tipo de
narracións, as non ficcionais, nas que non cabe inventar nada, nas que se atopan
sucesos históricos, sucesos que ocorreron realmente e tal como ocorreron. Nestas,
o autor é o narrador e non pode nin debe inventarse nada, debe limitarse a
contar verazmente o que sabe dos feitos que narra. Si pode, en cambio, comentar
os feitos que narra, sempre que non confundan os feitos cos comentarios.
Aparte estas diferenzas, este tipo de narracións emprega moitos dos
recursos dos relatos ficcionais. Predomina nelas a orde cronolóxica, aínda que
non sexa imposible outra orde.
Cada
vez que contamos algo a alguén, sexa de palabra ou por escrito e
calquera que sexa o tema ou os motivos, non estamos máis que contando
unha historia e, polo tanto, narrando. O acto de contar ou narrar é un
dos procedementos básicos da comunicación humana: todos e todas somos
narradores en distinta medida e en máis dunha ocasión, por exemplo,
cando lle contamos unha película a un compañeiro ou unha anécdota que
nos pasou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario