As Irmandades da Fala | Videoremix from Illa Bufarda on Vimeo.
mércores, 29 de setembro de 2021
martes, 28 de setembro de 2021
A crítica literaria
Unha crítica literaria é unha opinión razoada sobre unha obra literaria: unha novela, un álbum ilustrado, un poema…
O seu propósito é deixar constancia de se merece a pena ler, ou non, o libro, álbum ilustrado, obra teatral… que vas comentar.
Aspectos que hai que destacar:
- Le a obra coidadosamente. Empezas unha crítica non cando te sentas a escribila, senón cando te sentas a ler a obra. Pregúntate, por exemplo, por que os personaxes fan o que fan.
- Pódese comezar coa presentación do libro: novela, álbum ilustrado, cómic, teatro, poesía… e sinalar que tipo de temática se trata (social, misterio, terror, amor, humor...)
- A continuación búscase expór de xeito preciso o conxunto de aspectos que se desexan destacar, o tema principal, personaxes destacados, estrutura ou calquera que sexa. Non deas demasiados detalles e nunca digas o final.
- Por último, emítese un breve xuízo persoal destacando os aspectos positivos ou negativos do mesmo. É neste momento cando podes incluír as reflexións persoais que creas oportunas, debido que ata este momento, a función do texto debe ser fundamentalmente informativa.
Aquí podes contar que che transmitiu o libro, que significou para ti, que sentiches ao lelo ou a que lectorado llelo recomendas e por que…
♦ Que a crítica non che saia nin demasiado longa, nin demasiado curta. Se ocupa máis de media páxina, talvez esteas dando moitos detalles; e se son só un par de parágrafos, probablemente esteas contando demasiado pouco.
♦ Revísaa! É importante que estea ben construída e redactada, que nos informe do libro sen destripar o argumento e que, ao lela, nos dea a todxs moitas ganas de lelo tamén, ou non.
♦ Ten moito coidado de facer resumo da obra nin contar o argumento. O teu traballo consiste en avaliar o significado da obra e o que supuxo para ti, non resumila.
sábado, 25 de setembro de 2021
Eu son... Eu non son
Carlos Negro, tal como el explica, non inventou a estrutura deste poema, senón que lla viu ao poeta Peter Handke no seu libro Vivir sin poesía publicado por Bartleby:
Agora tócavos a vós!!!