Son textos que teñen como obxectivo de comunicación actuar sobre o
comportamento do receptor, xa sexa engadindo novas pautas de conduta, xa sexa modificando algunhas que xa existían. Pretenden, pois, aumentar o saber facer do receptor. O que máis importa é o que se pretende conseguir e non os medios empregados para logralo. Son textos prescritivos típicos as receitas de cociña, as instrucións de funcionamento dun electrodoméstico ou de montaxe dun moble, os textos legais, etc.
Os textos prescritivos diferéncianse dos argumentativos en que aqueles non queren convencer, só din como actuar. ao non haber intención de convencer, o receptor pode actuar por outros motivos; por exemplo, polo principio de autoridade.
Estes textos soen presentar na súa estrutura dúas partes: meta (obxectivo que se pretende alcanzar, e que aparece no título) e programa (conxunto de instrucións enumeradas en parágrafos independentes)
. As instrucións ordénanse cronoloxicamente ou segundo a importancia
. Con frecuencia, ao principio, aparece unha enumeración de útiles para
Outras receitas de cociña:
http://www.lingua.gal/recursos/todos/_/promovelo/contido_0060/cocina-con-nenosas
a realización da acción.
Xeralmente posúen un carácter impersoal porque se intercambia entre
persoas como representantes de grupos sociais, non como individuos
singulares.
A lingua dos textos prescritivos ou instrutivos, con frecuencia, mestura o
código verbal co visual ou icónico. Usan o imperativo e as oracións
exhortativas, as impersoais e as pasivas reflexas.
Abundan os nexos temporais e de orde.
Exemplos de texto prescritivo ou instrutivo:
1.-:
2.-:
1.-:
LINGUADOS MUIÑEIRA CON MANTEIGA (6 PERSOAS)
6 linguados de ración (150 a 200 gr. cada un).
l prato de fariña
l litro de aceite (sobrará)
l50 gr. de manteiga
2 culleradas de perexil picado, o zume dun limón, uns cachos de limón cortados coa súa pel, sal.
l prato de fariña
l litro de aceite (sobrará)
l50 gr. de manteiga
2 culleradas de perexil picado, o zume dun limón, uns cachos de limón cortados coa súa pel, sal.
Na peixería mándase tirar a pel escura dos linguados,
lávanse e sécanse moi ben cun pano limpo. Nunha tixola ponse o aceite a
quecer; cando está no seu punto (non demasiado quente para que o peixe
se faga por dentro antes de dourarse) sálgase lixeiramente cada unha das
caras dos linguados, pásanse de un en un por fariña sacudíndoos para
que caia a que sobra, frítense de dous en dous ao máximo; cando están
ben dourados colócanse na fonte onde se van servir, empóanse co perexil
picado e adórnanse cos anacos de limón.
Á parte derrétese a manteiga sen que coza, cando
comeza a facer escuma tíraselle esta cunha culler, mestúrase co zume de
limón coado para que non teña pebidas nin polpa e vértese a manteiga ben
quente por enriba dos linguados. Sérvese axiña.
(SIMONE ORTEGA,1978).
2.-:
DISPOÑO:
Artigo 1. Principios xerais.
• A etapa de Educación secundaria obrigatoria ten carácter obrigatorio e
gratuíto e constitúe, xunto coa educación primaria, a educación básica.
Comprende catro cursos académicos, que se cursarán ordinariamente entre os doce e os dezaseis anos de idade. Con carácter xeral, os alumnos terán dereito a permanecer en réxime ordinario ata os dezaoito anos de idade cumpridos no ano en que finalice o curso.
• A Educación secundaria obrigatoria organízase en diferentes materias. O cuarto curso da Educación secundaria obrigatoria terá carácter orientador, tanto para os estudos postobrigatorios como para a
incorporación á vida laboral.
[...]
Artigo 2. Fins.
A finalidade da Educación secundaria obrigatoria consiste en lograr que os alumnos e as alumnas adquiran os elementos básicos da cultura,
especialmente nos seus aspectos humanístico, artístico, científico e
tecnolóxico; desenrolar e consolidar neles hábitos de estudo e de traballo; preparalos para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral e formais para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns.
Outras receitas de cociña:
http://www.lingua.gal/recursos/todos/_/promovelo/contido_0060/cocina-con-nenosas